DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2007 Páx. 82

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 250/2006, do 14 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na PO-504 Sanxenxo (PO-308)-Vilalonga (PO-550). Gondar, p.k. 0+500 ao 3+600. (Clave PO/06/026.06).

O 21 de novembro de 2006, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na PO-504 Sanxenxo (PO-308)-Vilalonga (PO-550). Gondar, p.k. 0+500 ao 3+600. Clave: PO/06/026.06.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia favorable na seguridade viaria, por tratarse dun treito de concentración de accidentes e por ser necesario remodelar distintas interseccións.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día catorce de decembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto de cons

trución de mellora da seguridade viaria na PO-504 Sanxenxo (PO-308)-Vilalonga (PO-550). Gondar, p.k. 0+500 ao 3+600. Clave: PO/06/026.06.

Santiago de Compostela, catorce de decembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes