DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2007 Páx. 78

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 28 de decembro de 2006 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, durante o ano 2007.

Dando cumprimento ao disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, procede actualizar os prezos dos servizos prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, ata agora fixados pola Orde do 30 de decembro de 2005 (DOG nº 9, do 13 de xaneiro), así como establecer os prezos dos diferentes carnés dirixidos á xuventude que se expiden a través dos servizos de xuventude, casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidades colaboradoras, e os relativos á participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

A Lei 6/2003 que regula as taxas, prezos e exaccións, dispón no seu artigo 51 que a contía destes se acordará por orde da consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Os prezos exixibles pola prestación de servizos e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, son os que se fixan no anexo I desta orde.

2. Os prezos relativos á expedición do Carné Xove Euro<26, Carné Máis, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades e carnés TIVE recóllense no anexo II.

3. Os prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade especificadas nesta orde recóllense no anexo III.

4. Estes prezos enténdense, se é o caso, co IVE incluído.

A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 6/2003, do 9 de decembro.

Artigo 2º

1. Os prezos recollidos no anexo I desta orde serán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non da enerxía eléctrica.

2. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia para o uso de todas as súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboar as tarifas correspondentes polo uso dos polideportivos cubertos ou ximnasios, segundo os prezos que figuran no anexo desta orde.

Artigo 3º

Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade no programa Campaña de Verán.

Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia compulsada do título de familia numerosa onde figure.

Artigo 4º

Os usuarios do Carné Xove Euro<26 e do Carne Máis gozarán en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, dun desconto como mínimo do 10% e como máximo do 50%. A porcentaxe de desconto aplicable en cada caso, especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se leven a cabo.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 30 de decembro de 2005 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 2006.

Disposición transitoria

Malia o disposto na disposición derrogatoria, segue vixente o prezo do servizo (por praza e mes) nas residencias xuvenís para estudantes contido na alínea C da Orde do 30 de decembro de 2005 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, durante o curso 2005/2006.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude e Solidariedade para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2006.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

ANEXO I

Prezos relativos á utilización e os servizos prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar.

A. Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a campaña de verán establécense os seguintes prezos por praza:

A.1. En réxime de oferta concertada (dirixida a grupos).

A.1.1. Campamentos:

Tarifa en euros

Por quincena111
Por día10,70

A.1.2. Albergues e residencias:
Por quincena150
Por día16

Estes prezos abranguen os seguintes servizos: o aloxamento, alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

Aqueles grupos que figuren inscritos no rexistro da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar como entidades prestadoras de servizos sociais, gozarán dun desconto do 50% sobre os prezos deste apartado.

A.2. En actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

A.2.1. Campamentos:

Tarifa en euros

Promoción normal (por quincena)135
Promoción normal (quenda de 10 días)102
Promoción normal (quenda de 7 días)70
Cursos de especialidade (por quincena)165
Aulas de aire libre (por quincena)140
Aulas de natureza (por quincena)140
Curso de piragüismo (por quincena)165

A.2.2. Albergues:
Promoción normal (por quincena)168
Promoción normal (quenda de 10 días)111
Promoción normal (quenda de 7 días)87
Cursos de especialidade (por quincena)177
Cursos de náutica, vela, táboa e esquí (por quincena)185
Rutas turístico-culturais e deportivas185
Cursos de piragüismo (por quincena)185

A.2.3. Campos de traballo:
Ámbito autonómico e nacional (por quincena)72
Ámbito internacional (por quincena)72

B. Por servicios nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAX), establécense os seguintes prezos por persoa:

ServizosAta 30 anosMaiores de 30 anos

Pensión completa1621
Aloxamento 7 10,30
Almorzo 2,10 2,10
Xantar ou cea 6,20 6,20

Para facer uso destes servizos deberase posuír o carné de alberguista en calquera das súas modalidades.

C. Servizo nas residencias xuvenís para estudantes (por praza e mes), durante o curso 2007/2008, que abrangue do 18 de setembro de 2007 ao 15 de xullo do 2008.

Tarifa en euros

Residentes internos258

D. Pola utilización das instalacións recreativo-deportivas.

D.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto:

Adestramento/hora para infantís e xuvenís:

-Sen enerxía eléctrica: 7.

-Con enerxía eléctrica: 10.

Partidos:

-Sen enerxía eléctrica: 10.

-Con enerxía eléctrica: 19.

D.2. Uso de pistas polideportivas descubertas:

Ata dezaoito anos e maiores/hora:

-Sen enerxía eléctrica: 4.

-Con enerxía eléctrica: 7.

D.3. Uso de pistas de tenis:

Tarifa en euros

Infantís-xuvenís/hora2,50
Maiores de 18 anos3,50

D.4. Uso de piscina non climatizada:
Infantís-xuvenís1,50
Maiores de 18 anos2,50

D.5. Uso de material náutico:
Un barco de vela media xornada5
Un barco de vela unha xornada10
Unha embarcación pneumática a motor media xornada10
Unha embarcación pneumática a motor unha xornada20
Unha canoa media xornada3
Unha canoa unha xornada6

D.6. Uso de bicicletas:
Unha bicicleta media xornada3
Unha bicicleta unha xornada6

Tarifa en euros

E. Polo uso de locais:
Media xornada6
Unha xornada10

Media xornada é unha mañá ou unha tarde cun máximo de catro horas.

O réxime de pensión completa para grupos xa inclúe o uso das dependencias necesarias para o desenvolvemento do programa.

F. Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ao aire libre:

F.1. Acampadas (con tendas da entidade): 2 euros/día e persoa.

F.2. Actividades recreativo-culturais en albergues (convivencia):

14,50 euros/día/grupo de ata 50 usuarios.

21,50 euros/día/grupo de 51 a 100 usuarios.

36 euros/día/grupo de 101 a 200 usuarios.

70 euros/día/grupo de 201 a 300 usuarios.

ANEXO II

Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á xuventude

Tarifa en euros

Carné Xove Euro<266
Carné Máis6
Carné alberguista xove5
Carné alberguista adulto12
Carné alberguista grupo15
Carné alberguista familiar24
Carné alberguista para estranxeiros (completo)21
Carné alberguista para estranxeiros (cupón)3,50
Guía internacional de albergues9,80
Carné teacher (ITIC)8
Carné internacional xove (IYTC)6
Carné student (ISIC)6

ANEXO III

Prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade que a continuación se especifican. Os prezos establecidos entenderanse por participante, agás que se especifique outra cousa:

Tarifa en euros

A. As xuntanzas de Gandarío21
B. Augamar25
C. Irmandiños: a revolta24
D. Xuventude Galiza Net37
E. Encontros e congresos15

Tarifa en euros

F. Descubrindo a raia33
G. Entre mareas3
H. Descubre Galiza43
I. Outras actividades de lecer e tempo libre:
I.1. Duración de tres días21,50
I.2. Duración dunha semana43
I.3. Duración de 15 días86,50

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES