DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2007 Páx. 6

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 15 de decembro de 2006 pola que se amplía o prazo da disposición transitoria da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se crea e se regula o Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos.

A Consellería de Innovación e Industria ditou a Orde do 24 de maio de 2006 pola que se crea e se regula o Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos, (Diario Oficial de Galicia nº 114, do 15 de xuño).

Na disposición transitoria da orde establécese un prazo de 6 meses para que os titulares das instalacións de distribución polo miúdo xa existentes no momento de entrar en vigor a orde remitiranlle á dirección xeral competente en materia de industria unha copia da resolución de autorización e/ou inscrición definitiva, a folla de actualización de datos que figura como anexo I á orde e os últimos planos da instalación existentes, prazo que remata o 16 de decembro de 2006.

Tendo en conta a lentitude dos titulares no envío da documentación á que se fai referencia no parágrafo anterior, que fai que a día de hoxe non se teñan recibido nin a metade das comunicacións esperadas, considérase necesario ampliar o prazo da disposición transitoria da orde.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Ampliar o prazo da disposición transitoria Orde do 24 de maio de 2006 pola que se crea e se regula o Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos de 6 a 12 meses, fixando o límite para o cumprimento do trámite previsto nesta disposición no 16 de xuño de 2007.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES