DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 29 de decembro de 2006 Páx. 19.067

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación e o anexo I da Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

As modificacións que a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia introduce na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, obrigan a revisar a codificación das tarifas das taxas para os efectos da súa xestión.

Por outra banda, a Resolución do 11 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se lle concede a Caja Duero a condición de entidade colaboradora para a recadación dos tributos e outros ingresos de dereito público, provocou a necesidade de proceder á súa codificación para os efectos do pagamento das taxas e prezos.

Finalmente, o establecemento de novos prezos públicos educativos polo Decreto 147/2006, do 31 de agosto, polo que se modifica o Decreto 156/2002, do 18 de abril, polo que se establecen os prezos públicos dos conservatorios de música, centros autorizados de música, conservatorios de danza, centros autorizados de danza, escolas oficiais de idiomas e Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia pola impartición de novas ensinanzas obriga a revisar a codificación dos prezos públicos contidos no anexo I da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994.

O parágrafo 2 da disposición adicional da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, engadido pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de marzo de 1998, pola que se modifican as ordes da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 e do 29 de xuño de 1994, autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualizar os anexos V, VI e VII da propia orde do 30 de xuño de 1992.

Así mesmo, a disposición adicional terceira da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento

de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, engadida pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de marzo de 1998 citada autoriza a Dirección Xeral de Tributos para actualizar os anexos I e II desta, mediante resolución.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 e mais da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994, referidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Actualizar as táboas dos códigos de consellerías e servizos recollidas no anexo V da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, tal e como se relaciona a seguir:

24 Consello Consultivo de Galicia.

01 Secretaría.

Segundo.-Actualizar o anexo VI da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

A) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.07.11 Visita de inspección para a emisión ou renovación da guía de circulación.

30.07.12 Expedición da guía de circulación.

30.07.13 Renovación da guía de circulación.

30.17.04 Autorización de concursos e campionatos de pesca deportiva.

30.38.07 Expedición do precinto de caza maior, excepto para os precintos expedidos en cazarías con ocasión de danos autorizadas pola consellería competente en materia de ambiente (por cada unidade).

30.39.11 Tramitación do expediente das asociacións declaradas de utilidade pública.

30.40.01 Autorización para a súa celebración en vías públicas.

30.40.02 Tramitación de expedientes de apertura e funcionamento de instalacións destinadas a espectáculos e recreos públicos.

30.40.03 Autorización de ampliación de horarios.

30.42.00 Participación nas probas para a obtención do certificado de Profesionalidade.

30.43.00 Habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada doutras linguas para o galego e viceversa.

30.43.01 Inscrición nas probas de tradutores e intérpretes xurados de galego para outras linguas e viceversa.

30.43.02 Expedición do carné acreditativo da habilitación como tradutor xurado e inscrición no Rexistro de Tradutores e Intérpretes Xurados/Oficiais.

30.43.03 Expedición do carné acreditativo da habilitación como intérprete xurado e inscrición no Rexistro de Tradutores e Intérpretes Xurados/Oficiais.

30.43.04 Expedición do carné acreditativo da habilitación como tradutor e intérprete xurado e inscrición no Rexistro de Tradutores e Intérpretes Xurados/Oficiais.

30.44.00 Inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso.

31.07.26 Probas diagnósticas establecidas nos programas oficiais de erradicación da tuberculose e brucelose para a realización de movementos de animais entre explotacións.

31.07.27 Probas diagnósticas establecidas nos regulamentos específicos de concursos de gando selecto e outros certames para animais participantes de calquera especie.

31.09.05 Emisión de certificado de preexportación de alimentos destinados á federación rusa.

B) Modificando os códigos seguintes:

30.40.00 Actuacións en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas.

31.07.01 Comprobación sanitaria, loita contra enfermidades das gandarías afectadas e nas campañas de saneamento cando a prestación deba realizarse por incumprimento da normativa que a regula, por perda de identificación do gando ou por petición de parte fóra do período de revisión obrigatoria.

31.07.09 Autorización e rexistro de comerciantes de gando, transportistas, medios de transporte e centros de concentración de gando.

31.07.12 Por servizos facultativos veterinarios correspondentes á autorización e control das plantas e industrias relacionadas cos subprodutos de orixe animal non destinados a consumo humano, consonte o Regulamento (CE) 1774/2002, do 3 de outubro.

31.07.25 Autorizacións e/ou rexistros en materia de hixiene dos pensos consonte o Regulamento (CE) 183/2005, do 12 de xaneiro, de fabricantes e establecementos intermediarios.

32.17.00 Instalacións con recipientes a presión, frigoríficas, de gas, e de protección contra incendios.

32.19.00 Autorización ou rexistro de instalacións.

32.24.00 Verificación, verificación primitiva da Comunidade Europea e primeiras verificacións realizada por un laboratorio de verificación metrolóxica oficialmente autorizado ou por un organismo de control metrolóxico, por instrumento.

32.25.00 Verificación despois da reparación ou modificación realizadas por un organismo autorizado de verificación metrolóxica, por instrumento.

32.26.00 Verificacións periódicas realizadas por un organismo autorizado de verificación metrolóxica, por instrumento.

32.38.00 Actuacións con respecto ás seccións 1ª e 3ª do Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos.

32.38.03 Ampliación das instalacións.

32.46.00 Actuacións con respecto ás seccións 2ª e 4ª do Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos.

32.46.02 Cambio de titularidade.

32.46.03 Ampliación das instalacións.

32.58.02 Aprobación de modelo, modificación da aprobación de modelo, autorización para o seu uso metrolóxico, prórrogas de aprobación de modelo de instrumentos de medida, autorizacións ou habilitacións de laboratorios de verificación metrolóxica, organismos de control metrolóxico ou organismos de verificación metrolóxica.

32.58.03 Traslados, ampliacións e modificacións de laboratorios de verificación metrolóxica, organismos de verificación metrolóxica ou organismos de control metrolóxico.

C) Eliminando os códigos seguintes:

31.07.21 Xestión e subministración de marcas para recrotalización, logo das comprobacións oportunas, en caso de perda, identificación incompleta ou deterioración de marcas identificativas de bovino, ovino e cabrún (as dúas en caso dos identificados polo Regulamento 820/1997 e dunha polo Real decreto 205/1996), incluída a identificación de animais procedentes de países terceiros ou a reidentificación para cumprir a normativa comunitaria de movemento de gando.

32.20.00 Autorización instalacións eléctricas en locais de pública concorrencia.

32.58.04 Tramitación e resolución administrativa de entidades verificadoras de aparatos sometidos a control metrolóxico.

33.07.03 Subscrición anual pola internet en galego ou castelán.

33.07.04 Subscrición pola internet en galego ou castelán dos anos anteriores.

33.07.05 Acceso pola internet a DOG anteriores ao 1 de xaneiro deste ano.

Terceiro.-Actualizar o anexo VII da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, engadindo a seguinte entidade financeira: Caja Duero.

Cuarto.-Actualizar o anexo I da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, engadindo os seguintes códigos:

35.25.00 Ensinanzas regradas de arte dramática.

35.26.00 Estudos superiores de deseño.

Quinto.-Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2007.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2006.

Regina Losada Trabada

Directora xeral de Tributos

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA