DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 29 de decembro de 2006 Páx. 19.067

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 26 de decembro de 2006 pola que se desenvolve o Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.

De conformidade co disposto no artigo 2.2º e a disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 6 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Inclúese no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño (Procedementos para os que está habilitado o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia), e quedan pois, habilitados cos efectos prvistos no seu artigo 5.1º os seguintes procedementos:

-Solicitude de axudas a empresas que realicen investimentos encamiñados á prevención e redución da contaminación a través de melloras tecnolóxicas aplicadas a procesos, cambios nas materias primas e/ou produtos, á reutilización ou valoración non enerxética.

-Solicitude de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola.

-Solicitude de axudas a entidades sen ánimo de lucro polo desenvolvemento de actividades relacionadas co ambiente.

2. O procedemento para a tramitación electrónica estará dispoñible no enderezo http://www.xunta.es/servicios/

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza