DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 29 de decembro de 2006 Páx. 18.970

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

Exposición de motivos

I Os orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2007 continúan avanzando no cambio de orientación iniciado no exercicio anterior, afondando nas bases da converxencia económica e social. Responden, ás prioridades do Goberno galego e relacionan as actuacións necesarias para materializalas nun marco da máxima exixencia no control do gasto público e de eficiencia e transparencia na xestión, reforzando a orzamentación por obxectivos a través da medición de resultados.

Nun momento no que Galicia necesita proporcionar un impulso decisivo ao seu proceso de converxencia, os orzamentos de 2007 incorporan políticas activas e innovadoras destinadas a modernizar o tecido produtivo, incrementar a competitividade e afianzar un modelo de crecemento económico capaz de crear máis e mellores empregos, de garantir maior benestar e de favorecer a implantación de políticas solidarias que presten unha especial atención aos sectores máis desfavorecidos facilitando a cohesión social.

O remate do Marco Comunitario de Apoio 2000-2006 implica a entrada nun escenario diferente de perspectivas financeiras. Galicia continuará a ser receptora de fondos europeos, como mínimo ata o ano 2013, pero ese mesmo horizonte fai inescusable realizar un grande esforzo na racionalización do gasto que asegure a eficacia do investimento público e que permita acelerar o proceso de converxencia real.

Por ese motivo as prioridades plasmadas nestes orzamentos están orientadas á consecución dun modelo de crecemento baseado nunha economía competitiva, aberta ao exterior, cun apoio activo á modernización e internacionalización do tecido industrial, e capaz de proporcionar unha economía de maior dinamismo, que asegure a creación de máis e mellores empregos e a consecución de maiores cotas de benestar.

Con esa finalidade os orzamentos do ano 2007 dedicarán unha especial atención á mellora das infraestruturas que incidan no crecemento económico e na competitividade, ao apoio á investigación e á innovación tecnolóxica, á educación, á formación de capital humano e ao acceso á sociedade do coñecemento, como motores do salto cualitativo que a economía galega deberá afrontar necesariamente durante os próximos anos.

Reflicten igualmente o carácter social da política do Goberno, a través do impulso proporcionado aos

programas dirixidos á prestación dos servizos públicos sanitarios e ao desenvolvemento de accións destinadas á cohesión social e á igualdade, á atención a persoas en situación de dependencia, ou tamén, nunha magnitude diferente pero igualmente significativa, á propia mellora incorporada no 2007 ao tratamento da renda de integración social.

II

Polo que respecta ao marco xurídico dentro do que se desenvolven as actuacións previstas nestes orzamentos, as principais novidades que se incorporan no texto articulado da lei son as seguintes:

No título I aparecen incluídos unha serie de cambios normativos que teñen por finalidade, nalgúns casos, conferirlles maior axilidade aos procesos de xestión, a través da flexibilización dalgunhas das restricións que afectan as modificacións de crédito en casos moi concretos, como pode ser o suposto do cumprimento de sentenzas xudiciais, mentres que noutros perseguen facer posible, a través da figura da ampliación de crédito, a cobertura de situacións que poden producirse, como a atención de gastos electorais en relación coa posible modificación do Estatuto de autonomía de Galicia. Independentemente do anterior, merece tamén destacarse a utilización da nova clasificación funcional que afecta os orzamentos de gastos, que permite unha agregación máis coherente e facilita unha información máis clara da finalidade á que son destinados.

No título II, dedicado á regulación dos gastos de persoal, recóllese a actualización das retribucións do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma, e é de destacar a extensión do 100% do complemento de destino á paga extraordinaria de xuño, e o incremento adicional da masa salarial, nun 1%, con destino ao aumento do complemento específico, medidas que forman parte das bases de planificación da actividade económica en materia de persoal ao servizo do sector público, recollidas na Lei de orzamentos xerais do Estado.

No título III da lei aparece recollida a regulación das operacións de endebedamento e garantía, concibidas baixo o principio de facer compatible un desenvolvemento adecuado da política financeira da Comunidade Autónoma co cumprimento dos obxectivos e compromisos adquiridos en materia de estabilidade orzamentaria no marco do Plan económico-financeiro 2004-2007 vixente para a nosa Comunidade e coa marxe de actuación que posibilita a reforma da Lei 18/2001, do 12 de decembro, realizada pola Lei 15/2006, do 26 de maio, en favor dos investimentos produtivos, incluídos os destinados a investigación, desenvolvemento e innovación.

Entre as disposicións referentes a distintos aspectos da xestión orzamentaria, incluídas no título IV, figura a actualización dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados. Por outra parte, elévase a

porcentaxe do importe inicial que sobre os créditos afectados á realización de traballos de dotación artística debe ser transferida á Consellería de Cultura e Deporte.

No título V, «Corporacións locais», faise referencia tanto á participación desas corporacións nos tributos do Estado coma aos principais instrumentos de cooperación económica coas entidades locais utilizados pola Xunta de Galicia. En relación co Fondo de Cooperación Local establécese a nova porcentaxe de participación dos municipios nos tributos da Comunidade Autónoma, increméntase no ano 2007 o fondo complementario nun importe de seis millóns de euros e prorróganse, ata que sexa acordada a súa modificación pola Comisión Galega de Cooperación Local, os criterios utilizados no anterior exercicio para a repartición dos diferentes fondos integrados no Fondo de Cooperación.

No título VI, dedicado ás normas tributarias, diferéncianse as medidas que afectan os tributos propios e os cedidos. Nos tributos propios, modifícanse os tipos das taxas de contía fixa e introdúcese igualmente a modificación do tipo de gravame do canon de saneamento. Nos tributos cedidos, establécese no imposto sobre a renda das persoas físicas unha dedución para o fomento do autoemprego, que afectará os homes de menos de trinta e cinco anos e as mulleres calquera que sexa a súa idade. No imposto sobre sucesións e doazóns, co obxecto de favorecer o acceso á vivenda dos menores de trinta e cinco anos, autorízase, baixo certos requisitos, unha redución do 95% da base impoñible para as doazóns monetarias realizadas en favor de fillos e descendentes coa finalidade de adquirir a primeira vivenda habitual; no imposto sobre transmisións patrimoniais onerosas, apróbase un tipo reducido do 4% nas adquisicións de vivendas para persoas cunha minusvalía igual ou superior ao 65%, e, por último,

inclúense determinadas modificacións das cotas e dos tipos de gravame que afectan as taxas sobre xogos de sorte, envite ou azar.

Finalmente, entre os preceptos de diverso signo que se inclúen nas disposicións adicionais da lei, hai que resaltar a consolidación do Plan de reequilibrio territorial creado no ano anterior, que aparece dotado en 2007 con 225 millóns de euros e que será obxecto dun programa de actuacións que se estenderá ata o ano 2010; a extensión ao exercicio de 2007 das prestacións familiares por coidado de fillos menores establecidas en 2006; o incremento da renda de integración social de Galicia coa eliminación do período transitorio que afectaba o subsidio básico e o seu complemento variable; e, por último, o establecemento de axudas a persoas con hemofilia ou coagulopatías conxénitas, afectados polo VHC.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

promulgo en nome de El-Rei a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

TITULO I

Aprobación dos orzamentos e réxime das

modificacións de crédito

Capítulo I

Aprobación dos créditos iniciais e do seu

financiamento

Artigo 1.-Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais.

O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2007, nos que se integran:

a) Os orzamentos da Administración xeral.

b) Os orzamentos dos organismos autónomos.

c) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil.

d) Os orzamentos das demais sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 2.-Orzamentos da Administración xeral e dos organismos autónomos.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos consígnanse créditos por importe de 10.785.743.077 euros, distribuídos da forma seguinte:

Organismo

Cap. I-VII

Gastos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral6.569.607.827110.526.538457.102.8437.137.237.208

OO.AA. administrativos3.467.564.800650.00003.468.214.800

OO.AA. comerciais, industriais e financeiros173.291.0697.000.0000180.291.069

Total10.210.463.696118.176.538457.102.84310.875.743.077

As transferencias internas entre os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os dos organismos autónomos representan 3.330.578.375 euros, distribuídos segundo o seguinte detalle:

OrixeDestino

OO.AA.

administrativos

OO.AA.

comerciais,

industriais

e financeiros

Total

Administración xeral3.242.917.47587.660.9003.330.578.375

Total3.242.917.47587.660.9003.330.578.375

Dous.-A desagregación dos créditos consonte a finalidade á que van destinados establécese desta maneira:

Funcións

11Alta dirección da Comunidade Autónoma41.629.367

12Administración xeral74.393.343

Funcións

13Xustiza94.621.964

14Administración local11.736.237

15Normalización lingüística23.185.299

16Procesos electorais e órganos de representación política e institucións democráticas1.000.000

21Protección civil e seguridade25.429.236

31Acción social e promoción social425.174.540

32Promoción do emprego e institucións do mercado de traballo331.345.015

33Cooperación exterior e ao desenvolvemento9.855.329

41Sanidade3.388.009.984

42Educación2.161.491.400

43Cultura141.201.027

44Deportes38.354.815

45Vivenda189.096.974

46Outros servizos comunitarios e sociais129.229.105

51Infraestruturas458.984.728

52Ordenación do territorio50.978.113

53Promoción do solo para actividades económicas16.690.307

Funcións

54Actuacións ambientais260.777.268

55Actuacións e valorización do medio rural203.036.388

56Investigación, desenvolvemento e innovación119.297.089

57Sociedade da información e do coñecemento29.798.000

58Información estatística básica5.848.901

61Actuacións económicas xerais37.381.054

62Actividades financeiras109.143.645

71Dinamización económica do medio rural385.435.284

72Pesca185.437.450

73Industria, enerxía e minaría52.151.350

74Desenvolvemento empresarial182.439.970

75Comercio33.211.401

76Turismo75.557.523

81Transferencias a entidades locais891.355.060

91Débeda pública602.465.911

TOTAL10.785.743.077

Tres.-A distribución orgánica e económica do orzamento consolidado é como segue:

Catro.-Nos estados de ingresos dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e nos dos seus organismos autónomos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 10.785.743.077 euros, distribuídos da seguinte forma:

Organismo

Cap. I-VII

Ingresos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración

xeral

9.916.761.92610.000551.043.65710.467.815.583

OO.AA.

administrativos

224.647.325650.0000225.297.325

OO.AA.

comerciais,

industriais e financeiros

92.615.16915.000092.630.169

Total10.234.024.420675.000551.043.65710.785.743.077

Cinco.-Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 55.406.929 euros, consonte o seguinte detalle:

-Imposto sobre sucesións e doazóns: 9.994.161 euros.

-Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica): 14.084.035 euros.

-Imposto sobre o patrimonio: 909.585 euros.

-Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 30.419.148 euros.

En cumprimento do establecido no artigo 55.2º da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de

Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 45.129.967 euros.

Artigo 3.-Orzamento das sociedades públicas.

Un.-Orzamento das sociedades mercantís.

Os orzamentos de explotación e de capital das sociedades públicas de carácter mercantil elévanse a 773.361 miles de euros, de acordo coa distribución que se indica:

Sociedades mercantísExplotaciónCapital

Retegal, S.A.5.384569

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia6.2664.367

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.2.50145

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.5.53386.749

Autoestrada Alto Santo Domingo-Ourense, S.A.8.34090.998

Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Capital

Risco, S.A.

2.937968

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia2.105236

Galicia Calidade, S.A.3271.351

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.38.84316.472

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo23.3754.475

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia6.676500

Xenética Fontao, S.A.2.878365

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.30.0936.188

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.93.73015.938

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.64.77035.034

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.34.34119.676

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.33.313868

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.76.71850.432

TOTAL438.130335.231

Dous.-Orzamento dos restantes entes públicos.

Os orzamentos de explotación e de capital dos entes públicos aos que se refire a letra d) do artigo 1 acadan un total de 691.217 miles de euros, detallados como segue:

Entidades públicasExplotaciónCapital

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades122.95317.377

Instituto Galego de Promoción Económica116.98410.445

Consello Económico e Social1.19242

Centro Informático para a Xestión Tributaria,

Económico-Financeira e Contable

15.5745.849

Portos de Galicia22.19738.267

Instituto Enerxético de Galicia8.4861.620

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural25.97948

Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia3.42447.043

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía2.209199

Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira15.511207

Fundación Hospital Comarcal da Barbanza18.129220

Fundación Pública Hospital de Verín13.242299

Fundación Pública Escola Galega de Administración

Sanitaria

2.929830

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)38.768238

Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés18.156173

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia21.4551.133

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica1.47598

Instituto para o Control do Medio Mariño de Galicia2.3473.000

Obras e Servizos Hidráulicos3.883108.846

TOTAL455.253235.964

Tres.-Aprobación de subvencións de explotación e de capital ás sociedades públicas.

Autorízanse as dotacións iniciais de subvencións de explotación e de capital das sociedades públicas que se indican a seguir, por un importe total de 303.916 miles de euros, e de 237.263 miles de euros, res

pectivamente, con cargo ós orzamentos de gastos dos departamentos da Xunta ou dos organismos autónomos aos que figuran adscritas:

Sociedade públicaConsellaría

ou organismo autónomo

de adscrición

Subvención

de explotación

Subvención

de capital

Compañía de Radio-Televisión de

Galicia e sociedades

Presidencia010.062

Retegal, S.A.Presidencia685473

Instituto Galego de Promoción EconómicaEconomía e Facenda99.3488.202

Consello Económico e SocialEconomía e Facenda1.19224

Centro Informático para a Xestión Tributaria,

Económico-Financeira e Contable

Economía e Facenda6.8745.849

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.Economía e Facenda2.24330

Portos de GaliciaPolítica Territorial,

Obras Públicas e

Transportes

031.202

Galicia Calidade, S.A.Innovación e Industria591.338

Instituto Enerxético de GaliciaInnovación e Industria7.9621.335

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de

Galicia

Innovación e Industria8390

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de

Galicia, S.A.

Innovación e Industria3.03516.472

S.A. de Xestión do Plan XacobeoInnovación e Industria21.2824.475

Axencia Galega de Desenvolvemento RuralMedio Rural22.58521

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de GaliciaMedio Rural4.256300

Xenética Fontao, S.A.Fondo Galego de

Garantía Agraria

196360

Fundación Pública Cidade da Cultura de GaliciaCultura e Deporte2.38647.073

Fundación Pública Escola Galega de Administración

Sanitaria

Sanidade2.5700

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.Sanidade25.1000

Fundación Pública Hospital de VerínSanidade12.991134

Fundación Pública Hospital da BarbanzaSanidade17.358182

Fundación Pública Hospital Virxe da XunqueiraSanidade15.1810

Fundación Pública Hospital do SalnésSanidade17.838120

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)Sanidade34.4230

Instituto Galego de OftalmoloxíaSanidade1.6320

Fundación Pública Centro de Transfusión de GaliciaSanidade1520

Instituto para o Control do Medio Mariño de GaliciaPesca e Asuntos

Marítimos

2.2233.000

Empresa Pública de Obras e Servizos HidráulicosMedio Ambiente

e Desenvolvemento

Sostible

0106.535

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.Vivenda e Solo77027

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.Vivenda e Solo18111

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.Vivenda e Solo16811

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.Vivenda e Solo38727

TOTAL

303.916237.263

Capítulo II

Das modificacións orzamentarias

Artigo 4.-Réxime xeral das modificacións orzamentarias.

Un.-As modificacións de créditos orzamentarios serán autorizadas consonte os requisitos establecidos no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas excepcións derivadas da aplicación do indicado neste capítulo.

Dous.-As propostas de modificación deberán indicar, co maior nivel de desagregación orgánica, fun

cional e económica, as aplicacións orzamentarias afectadas, recollendo adecuadamente os motivos que a xustifican, tanto os referentes á realización do novo gasto proposto coma, se é o caso, á suspensión da actuación inicialmente prevista e á repercusión sobre os obxectivos do programa afectado.

Á comunicación á que se refire a disposición adicional segunda do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, uniráselle unha explicación sobre os motivos que a xustifican en relación co novo gasto proposto e coa súa repercusión, se é o caso, sobre os obxectivos do programa afectado en relación cos inicialmente previstos.

Artigo 5.-Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias

Sen prexuízo das facultades que se lle asignan no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, atribúenselle ao conselleiro de Economía e Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:

a) Para incorporar os créditos de exercicios anteriores que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea, de acordo co previsto nos regulamentos do Marco de Apoio Comunitario que resulten aplicables.

b) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído consonte o establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica.

c) Para incorporar ao crédito 05.31.312A.480.1 (risga), do orzamento do ano 2007, o crédito 05.31.212A.481.1 do ano 2006, destinado á renda de integración social de Galicia, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

d) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga dos créditos xerados, con destino ao financiamento de gastos derivados da realización de probas de selección de persoal, como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos no artigo 30, «Taxas administrativas».

e) Para incorporar os créditos do capítulo IV que non acadasen a fase de recoñecemento da obriga en contabilidade, destinados ás medidas postas en marcha con motivo da vaga de lumes de agosto de 2006 e das choivas acaecidas o último trimestre de 2006.

f) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas, prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas seccións orzamentarias no anexo 1 desta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro, de acordo co previsto no artigo 9.

g) Para xerar crédito polo importe que corresponda aos maiores ingresos pola prestación do servizo de

recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos.

h) Para xerar crédito no programa 621B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferenza que poida existir entre a liquidación definitiva de exercicios anteriores correspondente aos distintos mecanismos financeiros do sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e a estimada no estado de ingresos para o dito concepto.

i) Para xerar crédito, na sección orzamentaria correspondente, por contía igual ao importe das compensacións económicas a favor da Comunidade Autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

j) Para xerar crédito no capítulo VIII dos orzamentos de gastos da Administración xeral, ou se é o caso nos dos organismos autónomos, no suposto previsto no artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, sobre tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.

k) Para xerar crédito destinado á atención das obrigas derivadas de expedientes de expropiacións, e do pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria, nos supostos previstos nos artigos 37 e 38 desta lei.

l) Para xerar crédito por ingresos derivados de pagamentos indebidos efectuados con cargo a créditos do orzamento corrente ou de anteriores exercicios.

m) Para xerar crédito na sección 11, Consellería do Medio Rural, polo importe que corresponda ao produto da venda do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais e provinciais con destino aos fins previstos na disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, e na disposición adicional cuarta da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego. Para tal fin, por pedimento da consellaría interesada, a Consellería de Economía e Facenda tramitará o oportuno expediente de desafectación, de acordo co disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e nos artigos 24 e seguintes do seu regulamento de execución.

n) En relación co orzamento do Servizo Galego de Saúde:

1. Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Servizo Galego de Saúde:

-30, «Taxas administrativas».

-37, «Ingresos por ensaios clínicos».

-36, «Prestacións de servizos sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente.

2. Para xerar crédito derivado dos ingresos devengados en exercicios anteriores que non acadasen a fase de recoñecemento do dereito e que correspondan ao financiamento dos centros e servizos sanitarios transferidos á Comunidade Autónoma polas corporacións locais, sempre que excedan das cifras orzadas inicialmente por eses conceptos no correspondente exercicio.

3. Para xerar crédito en relación cos ingresos derivados de acordos transaccionais formalizados coas corporacións locais en materia de financiamento dos hospitais transferidos.

o) Para xerar crédito nas aplicacións orzamentarias de gasto do organismo autónomo Augas de Galicia financiadas polo canon de saneamento, polo importe correspondente aos maiores ingresos recadados sobre os orzados inicialmente.

p) Para xerar crédito no capítulo VIII de gastos cos ingresos do capítulo IX procedentes das operacións de refinanciamento de débeda ás que se refire o parágrafo terceiro do artigo 29.Un desta lei.

q) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecuar os créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia, incluíndo entre esas medidas a declaración de indispoñibilidade do crédito.

No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superasen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección de que se trate.

r) Para introducir as variacións que sexan necesarias nos programas de gasto dos organismos autónomos e dos entes públicos para reflectir as repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

s) Para realizar as adaptacións técnicas e as transferencias de crédito que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, posta en marcha de organismos autónomos ou traspaso de competencias nas que estean implicadas outras administracións, sen que en ningún caso, polo que se refire aos dous primeiros supostos, poida orixinarse incremento de gasto.

t) Para autorizar transferencias de créditos entre programas incluídos en distinto grupo de función, correspondentes a servizos dunha mesma consellaría, cando teñan por obxecto cofinanciar incorporacións de remanentes de crédito de exercicios anteriores correspondentes a financiamento condicionado.

Artigo 6.-Vinculación de créditos.

Un.-Os créditos consignados nos estados de gastos destes orzamentos quedarán vinculados ao nivel establecido no artigo 56 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, con excepción dos créditos que se relacionan a seguir,

que serán vinculantes co grao de vinculación que se indica:

120.20, «Substitucións de persoal non docente».

120.21, «Substitucións de persoal docente».

120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos substitutos docentes».

121.07, «Sexenios».

130.02, «Complementos de perigosidade, penosidade e toxicidade».

131, «Persoal laboral eventual».

131.11, «Persoal escolas obradoiro e obradoiros emprego camiños de Santiago».

132, «Persoal laboral eventual (Plan FIP)».

133, «Persoal laboral eventual (Profesores de relixión)».

134, «Persoal laboral eventual (EEB)».

135, «Persoal laboral (FSE)».

136, «Persoal investigador en formación».

137, «Persoal laboral temporal (SPE)».

138, «Persoal laboral temporal indefinido».

220.03, «Diario Oficial de Galicia».

221.07, «Comedores escolares».

223.08, «Transporte escolar».

226.01, «Atencións protocolarias e representativas».

226.02, «Publicidade e propaganda».

226.06, «Reunións, conferencias e cursos».

226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».

227.06, «Estudos e traballos técnicos».

A mesma consideración terán os créditos correspondentes á aplicación 08.03.512B.600.2, «Expropiacións anteriores ao Marco», e ás diferentes aplicacións do capítulo VI correspondentes a mandatos á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Os conceptos 480, «Transferencias correntes a familias», e 481, «Transferencias correntes a institucións sen fins de lucro», por unha parte, e os conceptos 780, «Transferencias de capital a familias», e 781, «Transferencias de capital a institucións sen fins de lucro», por outra, serán vinculantes entre si.

Dous.-As transferencias ás que se refire o artigo 67 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda.

Artigo 7.-Créditos ampliables.

Un.-Con independencia dos supostos previstos no punto 1 do artigo 64 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán excepcionalmente condición de ampliables os créditos seguintes:

a) Os incluídos na aplicación 07.03.621A.226.05, destinados ao pagamento dos premios de cobranza autorizados pola recadación de tributos e demais ingresos de dereito público.

b) Os destinados a satisfacer as cantidades que deben percibir os liquidadores dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

c) As obrigas contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas de cambio variable, pola diferenza existente entre o tipo de cambio previsto e o seu importe real no momento do pagamento.

d) Os destinados ao pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.

e) Os créditos destinados ao pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referentes aos traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

f) Os créditos de transferencias a favor da Comunidade Autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da tesouraría que resulten como consecuencia da súa xestión.

g) Os incluídos na aplicación 05.20.312B.480.0, destinados ao pagamento de prestacións familiares, por fillos menores de tres anos ao seu cargo, a persoas que non están obrigadas a presentar declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas.

h) Os incluídos na aplicación 21.01.811B.760.2 con destino ao pagamento da liquidación de exercicios anteriores que corresponde ao Fondo de Cooperación Local.

i) Os créditos vinculantes incluídos nas aplicacións 120.20, «Substitucións de persoal non docente», 120.21, «Substitucións de persoal docente», e 120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos substitutos docentes», que se considerarán ampliables unicamente con retencións noutros créditos do

capítulo I da propia sección orzamentaria ou organismo autónomo.

j) Os créditos incluídos nas aplicacións 23.02.161A.481.0 e 23.02.161A.226.99 destinados á cobertura de gastos de procesos electorais.

Dous.-Para os efectos do previsto no artigo 64.1.g) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán a consideración de seccións orzamentarias as secretarías xerais da Presidencia.

Tres.-O financiamento das ampliacións de crédito, ademais de por medio dos mecanismos previstos no artigo 64.2 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderá tamén realizarse con baixas de crédito noutros conceptos orzamentarios.

Artigo 8.-Transferencias de crédito.

Un.-Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo, non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan os capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente.

Esa restrición non lles será aplicable:

a) Cando se destinen á atención de gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras situacións de natureza análoga e carácter excepcional.

b) Aos incrementos do capítulo I que, se é o caso, poidan orixinarse polo desenvolvemento de procesos de regularización derivados de acordos sobre materias de función pública subscritos entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais.

c) Aos incrementos do capítulo I derivados do cumprimento de sentenzas xudiciais firmes.

d) Excepcionalmente, cando as características das actuacións que deban executarse para o cumprimento da finalidade do programa orzamentario previsto esixan a adecuación da natureza económica do gasto.

Dous.-Polo que se refire ás seccións 09, «Educación e Ordenación Universitaria», e 13, «Sanidade», e á sección 05, «Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar», no que afecte a créditos destinados a prestacións sociais, a limitación indicada no apartado anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 5% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. Esa porcentaxe será do 20% para o Servizo Galego de Saúde.

No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementasen créditos do capítulo I destinados ao asinamento de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de

contratación fose a de realización de obra ou servizo prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.

Tres.-Con vixencia exclusiva para o exercicio do ano 2007 non poderán realizarse transferencias de crédito que incrementen os autorizados inicialmente nas seguintes aplicacións orzamentarias:

226.02, «Publicidade e propaganda».

227.06, «Estudos e traballos técnicos».

Esas limitacións non afectarán o Servizo Galego de Saúde cando a transferencia teña a súa causa na necesidade de facer público calquera tipo de modificación no funcionamento dos servizos que deba ser coñecida polos usuarios polo que respecta á aplicación 226.02, ou cando veñan orixinadas por necesidades de realización de probas de laboratorio en centros externos, no referente á aplicación 227.06.

Catro.-As limitacións sobre transferencias de crédito contidas nas letras b) e c) do artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non afectarán as transferencias de crédito que se refiran aos artigos 43 e 73 da clasificación económica do gasto.

Con independencia do anterior, esas mesmas limitacións entenderanse referidas, no orzamento do Servizo Galego de Saúde, ao orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non aos orzamentos totais.

Cinco.-Ás transferencias de crédito que afecten unicamente a clasificación orgánica e que se efectúen entre centros de gasto do Servizo Galego de Saúde non lles serán aplicables as limitacións previstas no artigo 68 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, por teren a consideración de simples redistribucións de crédito.

Para os efectos do sinalado no parágrafo anterior, terán tamén a condición de redistribucións de créditos as transferencias dentro dos centros que teñan a consideración de área sanitaria, sempre que non afecten a clasificación económica.

Seis.-Ás transferencias de crédito que afecten as aplicacións do Servizo Galego de Saúde e que financien a sociedades mercantís e entes públicos de carácter sanitario non lles serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68.1 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Sete.-Sen prexuízo do establecido no artigo 68.3 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como nos apartados anteriores deste artigo, o importe máximo das transferen

cias de crédito que se autoricen para cada consellaría durante o presente exercicio non poderá diminuír as consignacións iniciais, ao nivel de vinculación legalmente establecido, en máis dun 20%.

O indicado no parágrafo anterior non será aplicable nos seguintes casos:

a) Cando teñan por obxecto incrementar conceptos do capítulo I de gastos.

b) Cando se refiran á sección 23, «Gastos de diversas consellarías».

c) Cando se refiran ao centro de xestión 5001 do Servizo Galego de Saúde.

d) Cando se refiran a fondos propios que pasen a cofinanciar proxectos con fondos europeos.

e) Cando se refiran aos créditos consignados no concepto 500, «Fondo de continxencia da Lei 5/2002», do orzamento de gastos do Servizo Galego de Saúde.

f) Cando se refiran a axudas ou subvencións, no caso de que a orde de convocatoria pola que se rexe a súa concesión asigne o gasto a diversas aplicacións orzamentarias e non sexa posible determinar previamente a contía imputable a cada unha delas.

g) Cando se refiran aos artigos 43 e 73 da clasificación económica do gasto.

h) Cando teñan por obxecto atender gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras actuacións de natureza análoga e carácter excepcional.

Artigo 9.-Adecuación de créditos.

Para facilitar a consecución do equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para o ano 2007, os créditos incluídos nos estados de gastos poderán experimentar os axustes necesarios para acomodar o seu importe ao dos recursos, na medida na que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da Comunidade Autónoma ou dos seus organismos autónomos.

Sen prexuízo do indicado no artigo 5.q) desta lei, o Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, os acordos de non dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para cumprir o previsto no parágrafo anterior.

Artigo 10.-Transferencia de remanentes líquidos de tesouraría.

Os organismos autónomos e as sociedades públicas de carácter non mercantil da Comunidade Autónoma transferiranlle ao orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma o importe do remanente de tesouraría non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 621B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Economía e Facenda poderalles limitar os libramentos de fondos a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria.

Artigo 11.-Consello de Contas.

Con suxeición ás limitacións e aos requisitos establecidos con carácter xeral, as ampliacións e transferencias de crédito que correspondan a competencias do conselleiro de Economía e Facenda poderán ser autorizadas polo Consello de Contas dentro do seu propio orzamento.

As modificacións autorizadas deberanlle ser comunicadas para a súa instrumentación á Dirección Xeral de Orzamentos.

TÍTULO II

Gastos de persoal

Capítulo I

Retribucións do persoal

Artigo 12.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.

Un.-As retribucións íntegras do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non poderán experimentar no ano 2007 un incremento global superior ao 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2006, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.

Dous.-Con independencia do establecido no apartado anterior, as pagas extraordinarias dos funcionarios en servizo activo, aos que lles resulte aplicable o réxime retributivo da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade do soldo, de trienios e do complemento de destino que perciba o funcionario.

As pagas extraordinarias do resto do persoal sometido a réxime administrativo e estatutario, en servizo activo, incorporarán unha porcentaxe da retribución complementaria que se perciba, equivalente ao complemento de destino, de maneira que alcance unha contía individual semellante á resultante por aplicación do disposto no parágrafo primeiro deste apartado para os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988. No caso de que o complemento de destino, ou concepto retributivo equivalente, se devengue en catorce mensualidades, a contía adicional, definida no parágrafo anterior, distribuirase entre esas mensualidades, de maneira que o incremento anual sexa igual ao experimentado polo resto de funcionarios.

Así mesmo, a masa salarial do persoal laboral experimentará o incremento necesario para facer posible a aplicación a este dunha contía anual equivalente á que resulte para os funcionarios públicos, de acordo co disposto nos parágrafos anteriores deste apartado.

Tres.-Adicionalmente ao previsto no apartado Un deste artigo, a masa salarial dos funcionarios en servizo activo aos que lles resulte aplicable o réxime retributivo da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, así como a do resto do persoal sometido a réxime administrativo e estatutario, experimentará un incremento do 1%, que se distribuirá na forma que se determine regulamentariamente, e que se destinará ao aumento do complemento específico, ou concepto adecuado, co obxecto de lograr, progresivamente en sucesivos exercicios, unha acomodación deses complementos que permita a súa percepción en catorce pagas ao ano, doce ordinarias e dúas adicionais nos meses de xuño e decembro.

Así mesmo, a masa salarial do persoal laboral experimentará o incremento necesario para facer posible a aplicación a este dunha contía anual equivalente á que resulte para os funcionarios públicos, de acordo co disposto no parágrafo anterior deste apartado.

Catro.-Para o cálculo dos límites aos que se refiren os apartados anteriores, aplicarase a porcentaxe sobre o gasto correspondente ao conxunto das retribucións devengadas polo persoal funcionario nos seguintes conceptos retributivos: retribucións básicas, complemento de destino, complemento específico e complemento de produtividade ou conceptos análogos; e a masa salarial correspondente ao persoal sometido á lexislación laboral definida no artigo 14 desta lei, sen computar para estes efectos os gastos de acción social.

Cinco.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores deberán axustarse ao establecido neste artigo, resultando inaplicables no caso contrario.

Seis.-O disposto nos apartados precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Sete.-Este artigo aplicaráselle ao persoal ao servizo de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 13.-Criterios retributivos aplicables ao persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non sometido á lexislación laboral

Un.-As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incremento do 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2006, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade.

Dous.-O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentará así mesmo un incremento do 2% con respecto ao do exercicio de 2006, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

Tres.-Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

Catro.-As indemnizacións por razón do servizo rexeranse pola súa normativa específica.

Cinco.-As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de Xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinados funcionarios da Comunidade Autónoma, liquidaránselles aos beneficiarios conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 14.-Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican no apartado Sete do artigo 12 desta lei non poderá experimentar un crecemento global superior ao 2% respecto da correspondente ao ano 2006, sen prexuízo do disposto nos apartados Dous e Tres do artigo 12 desta lei e do que puidese derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da produtividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cuxa distribución e aplicación individual se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e mais os gastos de acción social devengados durante o ano 2006 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o

devandito exercicio orzamentario, exceptuándose, en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ao sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realizar o traballador.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ao réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para o ano 2007 deberase satisfacer a totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas dos convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2007 e todas as que se produzan ao longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ao devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade. As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores aos que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 15.-Retribucións dos altos cargos.

Un.-As retribucións totais e exclusivas dos altos cargos, incluídas as pagas extraordinarias, fíxanse para o ano 2007 nas seguintes contías, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puidese corresponderlles de conformidade coa normativa vixente:

Presidente: 83.080,68 euros.

Vicepresidentes: 77.988,24 euros.

Conselleiros: 68.414,64 euros.

Secretarios xerais, directores xerais e asimilados: 54.466,68 euros.

Os secretarios xerais, directores xerais e asimilados percibirán un importe adicional de 1.211,60 euros nos meses de xuño e decembro, como consecuencia da aplicación, no ano 2007, do criterio establecido no punto 2 da disposición adicional décimo segunda da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003. A cantidade indicada incrementarase nun importe equivalente ao que resulte aplicable polo establecido no apartado Tres do artigo 12 desta lei para os funcionarios en activo.

Dous.-As retribucións dos membros do Consello de Contas de Galicia serán as establecidas no apartado Un deste artigo para os conselleiros, agás as correspondentes ao conselleiro maior, que se fixan para o ano 2007 en 72.805,68 euros.

Tres.-As retribucións totais dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia, incluídas as pagas extraordinarias, quedan establecidas para o ano 2007 nas seguintes contías:

Presidente: 72.805,68 euros.

Conselleiros: 68.414,64 euros.

Catro.-As retribucións dos integrantes do Tribunal Galego de Defensa da Competencia serán para o ano 2007 as seguintes, incluídas as pagas extraordinarias:

Presidente: 72.805,68 euros.

Vogais: 68.414,64 euros.

Cinco.-As retribucións dos presidentes e vicepresidentes e, se é o caso, as dos directores xerais das sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, serán autorizadas inicialmente polo conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do titular da consellaría á que se atopen adscritos.

Artigo 16.-Complemento persoal.

O persoal funcionario designado para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral e dos seus organismos autónomos que dean lugar á consideración de alto cargo e que no momento do seu nomeamento mantivesen unha relación de servizo permanente, non contractual, con algunha administración pública non poderán percibir retribucións inferiores ás que tiñan asignadas no posto de procedencia.

Cando se produza esa circunstancia, o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferenza entre a totalidade dos conceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servizos extraordinarios, en cómputo anual, e as retribucións do mesmo carácter que lle correspondan polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.

O complemento indicado, que se percibirá ata o momento do cesamento no cargo, actualizarase, se é o caso, na mesma porcentaxe que corresponda ao incremento retributivo atribuído con carácter xeral na Lei de orzamentos de cada exercicio.

O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.

Artigo 17.-Retribucións dos delegados provinciais e territoriais dos departamentos da Xunta de Galicia.

As retribucións dos delegados provinciais e territoriais dos distintos departamentos da Xunta de Gali

cia para o ano 2007 serán idénticas na súa contía ás dos subdirectores xerais.

Así mesmo, terán dereito a percibir os trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ao servizo das administracións públicas.

Artigo 18.-Retribucións dos funcionarios da Comunidade Autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 12 desta lei, as retribucións que percibirán no ano 2007 os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que desempeñan postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei, serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que correspondan ao grupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza o funcionario, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

GrupoSoldoTrienios

A13.354,20513,24

B11.333,76410,76

C 8.448,60308,40

D 6.908,16206,04

E 6.306,84154,68

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ao ano, percibiranse de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1989. O importe de cada unha destas pagas será dunha mensualidade do soldo, de trienios e do complemento de destino.

Cando os funcionarios prestasen unha xornada de traballo reducida durante os seis meses anteriores aos meses de xuño e decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente redución proporcional.

c) O complemento de destino correspondente ao nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

NivelEuros

3011.726,16

2910.518,00

2810.075,80

27 9.633,36

26 8.451,36

25 7.498,32

24 7.056,00

23 6.613,80

22 6.171,24

21 5.729,52

20 5.322,24

19 5.050,56

18 4.778,52

17 4.506,60

16 4.235,52

15 3.963,36

NivelEuros

14 3.691,80

13 3.419,76

12 3.147,84

11 2.876,16

10 2.604,60

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos nos que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ao posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ao posto que se desempeñe, cuxa contía experimentará un incremento do 2% con respecto á aprobada definitivamente para o exercicio do ano 2006, sen prexuízo do previsto no artigo 12 desta lei.

e) O complemento de produtividade que, se é o caso, se destine a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou a iniciativa con que o funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 64.3.c) da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

O complemento de produtividade establecerase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta das consellarías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda, unha vez escoitados os órganos de representación dos traballadores. Os complementos de produtividade débense facer públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de produtividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servizos extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta do departamento correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servizos extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2007, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de produtividade nin as gratificacións por servizos extraordinarios.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións mante

rase o complemento persoal transitorio fixado ao producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, mesmo a que poida derivar do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista nos parágrafos anteriores, o incremento de retribucións de carácter xeral que se establece nesta lei só se computará no 50% do seu importe, entendendo que teñen este carácter o soldo, referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o específico.

Dous.-O persoal interino incluído no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, percibirá o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ao grupo no que estea incluído o corpo no que ocupe vacante e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ao posto de traballo que desempeñe, excluídos os que están vinculados á condición de persoal funcionario.

Tres.-O complemento de produtividade poderá atribuírselle, se é o caso, ao persoal interino ao que se refire o apartado anterior, así como ao persoal laboral eventual e aos funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ao persoal funcionario que desempeñe análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de persoal funcionario.

Artigo 19.-Retribucións do persoal ao servizo das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Un.-En aplicación do previsto na disposición transitoria sexta.1.a) da Lei 55/2003, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, o persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 18.Un.a), b) e c) desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda.Dous do devandito real decreto lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das retribucións correspondentes ao complemento específico, ao complemento de atención continuada e mais ao complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade que, se é o caso, lle correspondan ao referido persoal experimentará o incremento do 2% respecto do importe aprobado para o exercicio de 2006, sen prexuízo da percepción adicional dun incremento equivalente ao establecido no apartado Tres do artigo 12 desta lei.

A contía individual do complemento de produtividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c), na disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987, no artigo 43.2 da Lei 55/2003 e nas demais normas ditadas para o seu desenvolvemento.

Dous.-As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde experimentarán o incremento previsto no artigo 12 desta lei.

Tres.-O complemento retributivo de carreira profesional rexerase pola súa normativa específica.

Capítulo II

Outras disposicións en materia de réxime

do persoal activo

Artigo 20.-Prohibición de ingresos atípicos.

Os empregados públicos comprendidos dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daqueles sometidos ao réxime de arancel, non poderán percibir ningunha participación nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servizo ou xurisdición, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estivesen normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre gozo de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.

Artigo 21.-Relacións de postos de traballo.

As relacións de postos de traballo vixentes o 1 de xaneiro do ano 2007 poderán ser obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei.

Artigo 22.-Outras normas comúns.

Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 2006 non se correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 7/2005, do 29 de decembro, e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, experimentarán no ano 2007 un incremento do 2% sobre as percibidas no ano anterior.

Dous.-Na Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, nos casos de adscrición durante o ano 2007 dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ao posto de traballo a que se adscribe, o devandito funcionario percibirá as retribucións que correspondan ao posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por proposta das consellarías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables aos funcionarios, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos.

Artigo 23.-Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Será necesario informe favorable emitido conxuntamente polas consellarías de Economía e Facenda e de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para determinar ou modificar as condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ao servizo de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2007, deberase solicitar da Consellería de Economía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que poidan contraerse como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante o ano 2006.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo cuxas retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberánselle comunicar á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante o ano 2006.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe ao que se refire o apartado Un deste artigo.

Tres.-Para os efectos dos apartados anteriores, entenderase por determinación ou modificación das condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) O asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados no apartado Un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

b) A aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) A fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) O outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

Catro.-Co fin de emitir o informe sinalado no apartado Un deste artigo, as consellarías, os organismos e os entes remitiranlle á Consellería de Economía e Facenda e á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o correspondente proxecto, con carácter previo ao seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, xunto coa achega da valoración de todos os seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 2007 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ao control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto nos artigos 13 e 14 desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ao que determinen as futuras leis de orzamentos.

Sete.-Non se poderán autorizar gastos derivados da aplicación das retribucións para o ano 2007 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.

Artigo 24.-Persoal de alta dirección dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non poderán fixarse indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Artigo 25.-Contratación de persoal laboral de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos.

Un.-Os departamentos da Xunta de Galicia e os organismos autónomos poderán formalizar durante o ano 2007 contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos, sempre que se dea a concorrencia dos seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servizos que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servizos correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou dos servizos non poidan ser executados por persoal fixo.

d) Que se refiran a obras e proxectos concretos.

Do cumprimento dos anteriores requisitos deberase deixar constancia no correspondente expediente de contratación.

Dous.-Os contratos teranse que formalizar seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Nos contratos farase constar a obra ou o servizo para a realización do cal se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puidesen derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

O gasto xerado por estas contratacións, con excepción das suxeitas normativamente ao Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, así como o gasto que corresponda ás contratacións de persoal temporal dedicado á extinción de incendios forestais e ás contratacións de persoal temporal asociado a proxectos de investigación imputaranse ao concepto correspondente do artigo 13 no programa e na consellaría de que se trate.

Tres.-A realización destes contratos será obxecto de fiscalización previa nos casos nos que esta resulte preceptiva, de conformidade co establecido nos artigos 94 a 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. A intervención delegada do departamento certificará, logo da proposta fundamentada do xestor, que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria que corresponda computado sempre na súa proxección anual.

Catro.-A contratación poderá exceder do exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servizos que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Cinco.-O servizo xurídico do departamento, organismo ou entidade emitirá informe sobre os contratos con carácter previo á súa formalización e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades esixidos pola lexislación laboral.

Seis.-Non poderán realizarse contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos sen autorización previa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Sete.-Os contratos que se iniciasen durante o exercicio de 1999 ou anteriores e que teñan unha data de finalización posterior ao 31 de decembro de 1999 poderán continuar imputándose ao capítulo VI do orzamento de gastos do correspondente departamento ata o seu termo.

Artigo 26.-Nomeamento de profesores interinos a tempo parcial en centros docentes non universitarios.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá efectuar, nos centros docentes non universitarios, o nomeamento de profesores interinos con horarios de traballo inferiores aos establecidos con carácter xeral, que percibirán as retribucións básicas e complementarias de forma proporcional á xornada traballada.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria tratará de completar o horario docente do persoal interino, compartindo, de ser necesario, varios centros de ensino, para minimizar deste xeito o número de prazas ofertadas segundo o parágrafo anterior.

No caso de ser necesario o nomeamento para prazas a tempo parcial, daráselle preferencia para optar a estas ao profesorado que voluntariamente queira acceder a elas, sobre todo a aquelas persoas que aleguen necesidades de conciliación da vida familiar e laboral.

Artigo 27.-Profesores de corpos docentes.

Sen prexuízo do establecido con carácter xeral no artigo 68, punto 5, da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en atención ás peculiaridades do persoal docente, recoñecidas polo artigo 1, punto 2, da referida lei, os profesores dos corpos docentes previstos no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán percibir ata o total das súas retribucións tanto básicas coma complementarias cando sexan autorizados para o gozo de licenzas por estudos durante o curso escolar, nos supostos, termos, prazos e condicións que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Artigo 28.-Oferta de emprego público para o ano 2007.

Un.-O Consello da Xunta poderá autorizar, por proposta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou, se é o caso, das consellarías

competentes na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que se considere que poidan afectar o funcionamento dos servizos públicos esenciais, e que se concentrarán nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios, sen que o número das prazas de novo ingreso poida ser superior ao 100 por 100 da taxa de reposición de efectivos. Para estes efectos, consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. En todo caso, a oferta de emprego incluirá todos os postos e prazas desempeñados por persoal interino, nomeado ou contratado no exercicio anterior, excepto aqueles sobre os que exista unha reserva do posto ou que estean incursos en procesos de provisión. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 9 desta lei.

Dous.-Malia o disposto no apartado Un deste artigo, poderanse convocar os postos ou as prazas que, estando orzamentariamente dotados e incluídos nas correspondentes relacións de postos de traballo, catálogos ou cadros de persoal, se encontren desempeñados interina ou temporalmente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2006.

Tres.-Durante o ano 2007 non se procederá á contratación de novo persoal temporal nin ao nomeamento de persoal interino, agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, con autorización conxunta das consellarías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda. De calquera xeito, estes nomeamentos computarán para os efectos de cumprir o límite máximo da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público do mesmo ano a aquel no que se produza o devandito nomeamento e, se non fose posible, na seguinte oferta de emprego público.

Ao adecuarse estritamente ás necesidades do servizo e co límite máximo das previsións orzamentarias que se establecen para o efecto, non será necesaria esa autorización para as contratacións seguintes:

a) Persoal docente, persoal non docente e persoal laboral que preste servizos nos centros educativos.

b) Persoal que preste servizos en institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde.

c) Persoal laboral de centros e residencias de servizos sociais.

Así mesmo, e sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas, non requirirán autorización previa as contratacións para substitucións do persoal que resulten imprescindibles para o bo funcionamento dos servizos.

Catro.-As convocatorias de prazas vacantes dos entes públicos aos que se refire o artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e das sociedades de carácter mercantil dependentes do ente público Compañía de

Radio-Televisión de Galicia deberán ser autorizadas conxuntamente pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e pola Consellería de Economía e Facenda.

TÍTULO III

Operacións de endebedamento e garantía

Capítulo I

Operacións de crédito

Artigo 29.-Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano.

Un.-A posición neta debedora da Comunidade Autónoma non se incrementará durante o ano 2007 agás na contía necesaria para o financiamento das seguintes operacións:

a) Para o financiamento de investimentos en programas destinados a atender actuacións produtivas, segundo o previsto no artigo 8 da Lei orgánica 5/2001, do 13 de decembro, complementaria á Lei xeral de estabilidade orzamentaria, modificada pola Lei orgánica 3/2006, do 26 de maio, autorízase un incremento de 85.250.000 euros.

b) Para financiar operacións de adquisición de activos financeiros, que teñan a rendibilidade económica necesaria para poder ser considerados como tales en termos do Sistema europeo de contas nacionais e rexionais, con destino a suxeitos non comprendidos no punto 1.c) do artigo 2 da Lei 18/2001, do 12 de decembro, xeral de estabilidade orzamentaria, autorízase un incremento de 8.690.814 euros.

Para estes efectos, inclúese a posición neta debedora de todos os organismos autónomos, sociedades mercantís e entidades de calquera condición, que conforme a normativa aplicable en materia de estabilidade orzamentaria estean incluídos dentro do sector das administracións públicas e consoliden o seu endebedamento co da Comunidade Autónoma conforme as normas do Sistema europeo de contas nacionais e rexionais. Independentemente do anterior, o endebedamento da Comunidade Autónoma poderá incrementarse coa finalidade de amortizar o endebedamento dos organismos autónomos, sociedades mercantís e entidades indicados no parágrafo precedente, no mesmo importe que se amortice, co obxecto de optimizar a carga financeira global. Os ingresos derivados deste aumento de endebedamento da Comunidade Autónoma deberán xerar créditos no capítulo VIII do orzamento de gastos da Administración xeral, e conseguintemente poderánselles outorgar préstamos polos mesmos importes ás entidades aludidas.

Dous.-A posición neta debedora prevista no apartado Un anterior será efectiva ao termo do exercicio, podendo ser excedida no curso del, e quedará automaticamente revisada:

a) Polas desviacións que poidan xurdir, a 30 de setembro, entre as previsións de ingresos incondicionados contidas nesta lei e a súa evolución real.

b) Polo importe necesario para financiar aqueles gastos de investimento que puidesen ser obxecto de minoración como consecuencia das necesidades de liquidez derivadas dos diferentes ritmos dos fluxos financeiros de fondos procedentes das transferencias da Administración do Estado e da Unión Europea. Estes importes serán cancelados na medida na que se realicen efectivamente os correspondentes ingresos.

Para as revisións ás que se refire esta letra b) establécese como límite máximo o 1,5% do importe total a que ascende o orzamento consolidado da Comunidade Autónoma.

c) Para financiar as adquisicións de activos financeiros con destino a suxeitos non comprendidos no punto 1.c) do artigo 2 da Lei 18/2001, do 12 de decembro, xeral de estabilidade orzamentaria, que poidan xurdir ao longo do exercicio.

Tres.-A posición neta debedora poderá ser revisada, logo da autorización do Parlamento de Galicia, cando concorran circunstancias económicas imprevistas ao abeiro do establecido no artigo 8.6 da Lei orgánica 5/2001, do 13 de decembro, complementaria á Lei xeral de estabilidade orzamentaria, modificada pola Lei orgánica 3/2006, do 26 de maio.

Catro.-Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ao financiamento de actuacións en materia de vivenda, non podendo establecerse ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo unha vez realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos no ano 2007 non poderá superar en ningún caso os 24.000.000 de euros. Non obstante, o volume de débeda viva á fin do exercicio non excederá o do 31 de decembro do ano anterior.

Para a súa instrumentación será preciso informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Cinco.-Autorízase o conselleiro de Economía e Facenda para formalizar durante o ano 2007 aquelas operacións de endebedamento ás que se refire este artigo, e pode levalas a cabo de maneira fraccionada en función das necesidades de financiamento da débeda pública, da concertación de créditos ou de calquera outro instrumento financeiro dispoñible no mercado.

Facúltase o conselleiro de Economía e Facenda para converter ou renegociar as operacións de endebedamento xa formalizadas, co obxecto de conseguir unha mellor administración do conxunto do endebedamento da Comunidade Autónoma.

Artigo 30.-Débeda da tesouraría.

Un.-A Comunidade Autónoma poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesouraría, durante o exercicio do ano 2007, conforme o disposto no artigo 31 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura

no orzamento da Administración xeral como ingresos correntes incondicionados, entendendo como tal a suma dos capítulos I, II e III e o concepto 400, agás o subconcepto 05.

Dous.-Autorízase o conselleiro de Economía e Facenda a formalizar durante o exercicio de 2007, para atender necesidades transitorias de tesouraría, as operacións de crédito ou emisión de débeda pública, en calquera das súas modalidades, referidas no apartado Un anterior, sempre que o prazo de reembolso sexa inferior a un ano e non supere o límite nel establecido.

Artigo 31.-Endebedamento dos organismos autónomos e das sociedades públicas.

Un.-Durante o exercicio do ano 2007 os organismos autónomos, as sociedades mercantís e as entidades de calquera condición, que conforme a normativa aplicable en materia de estabilidade orzamentaria estean incluídos dentro do sector das administracións públicas e consoliden o seu endebedamento co da Comunidade Autónoma conforme as normas do Sistema europeo de contas nacionais e rexionais, así como calquera unidade participada pola Comunidade Autónoma con representación directa ou indirecta, maioritaria, poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesouraría, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación deste límite deberá ser autorizada pola Consellería de Economía e Facenda.

Independentemente do anterior, o saldo vivo a 31 de decembro do exercicio non debe superar por estas operacións o saldo vivo a 31 de decembro do exercicio anterior, agás autorización expresa da Consellería de Economía e Facenda.

Dous.-Para concertar calquera tipo de operacións de endebedamento a longo prazo ou de cobertura sobre elas, os organismos autónomos, as sociedades mercantís e as entidades de calquera condición, que conforme a normativa aplicable en materia de estabilidade orzamentaria estean incluídos dentro do sector das administracións públicas e consoliden o seu endebedamento co da Comunidade Autónoma conforme as normas do Sistema europeo de contas nacionais e rexionais, así como calquera unidade participada pola Comunidade Autónoma con representación directa ou indirecta, maioritaria, deberán conseguir a autorización previa da Consellería de Economía e Facenda.

En consonancia co anterior, a devandita consellaría asesorará as mencionadas entidades nas distintas operacións financeiras co obxecto de elixir o instrumento máis apropiado, obter as mellores condicións dos mercados financeiros e conseguir unha mellor administración do conxunto do endebedamento da Comunidade Autónoma.

Tres.-En todo caso, as disposicións das operacións financeiras previstas neste artigo deberanlle ser comunicadas á Consellería de Economía e Facenda no prazo máximo dun mes.

Capítulo II

Afianzamento por aval

Artigo 32.-Avais.

Un.-Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, o importe máximo dos avais que a Xunta de Galicia poderá conceder durante o ano 2007 será de 30.000.000 de euros.

De conformidade co disposto no artigo 45 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá conceder durante o ano 2007 avais en contía que non supere en ningún momento o saldo efectivo vixente de 300.000.000 de euros.

Co obxecto de atender proxectos de axuda ao desenvolvemento no exterior, e dentro do saldo indicado no parágrafo anterior, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá avalar operacións de crédito ata 30.000.000 de euros.

Dous.-O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá acordar, logo de petición fundada dos interesados á consellaría correspondente, e por instancia desta, o inexercicio das accións de regreso que ao abeiro do artigo 10.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, lle corresponden á Comunidade Autónoma como consecuencia da prestación por aquel de avais ou contraavais, cando, de se faceren efectivas aquelas, afectase grave ou substancialmente o mantemento da capacidade produtiva ou do nivel de emprego ou de renda de calquera dos sectores ou subsectores básicos da economía galega.

TÍTULO IV

Xestión orzamentaria

Capítulo único

Dos procedementos de xestión orzamentaria

Artigo 33.-Intervención limitada.

Un.-A contía á que se refire o artigo 97.1.a) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, queda establecida no importe fixado para ter a consideración de contratos menores de subministración no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Dous.-Con independencia do establecido no artigo 97 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non estarán sometidas a intervención previa as modificacións nos contratos administrativos especiais de transporte escolar producidas como consecuencia de cambios nas rutas, sempre que a súa contía non supere o 20% do prezo do contrato/día que se vai modificar, nin que o importe

anual que represente a modificación supere os 18.000 A.

Malia o indicado no parágrafo anterior, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma comprobará, antes da fiscalización do primeiro pagamento, o cumprimento de todos os requisitos esixidos para autorizar e comprometer o gasto.

Artigo 34.-Fiscalización de nomeamentos ou de contratos para substitución de persoal.

A fiscalización de nomeamentos e de contratos para substitucións de persoal por razóns de necesidade e de urxencia conxuntural realizarase con carácter previo á alta en nómina, mediante a verificación da adecuación do proceso de selección coa normativa vixente e da existencia de nomeamento ou de contrato, así como de crédito adecuado e suficiente.

Artigo 35.-Identificación dos proxectos de investimento.

As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Economía e Facenda, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 36.-Autorización do Consello da Xunta para contratar.

Requirirá autorización previa por parte do Consello da Xunta a tramitación de expedientes de gasto dos capítulos II e VI por contía superior a 3.005.000 euros. Logo de obterse a autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ao órgano de contratación do departamento, organismo ou sociedade pública que xestione o crédito.

Artigo 37.-Tratamento dos créditos para expropiacións.

Os créditos destinados ao pagamento de expropiacións autorizadas con motivo da realización de expedientes de obras financiadas con fondos propios que á fin do anterior exercicio non fosen executados darán lugar, ao pechamento deste, á emisión de documentos «ADOK» en formalización con imputación a conta extraorzamentaria, e serán considerados no ano 2007 como ingresos do artigo 68, «Reintegros de operacións de capital», podendo dar lugar á xeración de crédito no subconcepto de expropiacións do capítulo VI de gastos.

Artigo 38.-Tratamento do crédito destinado ao pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria.

O crédito destinado ao pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria da Xunta de Galicia, que se instrumente no concepto «primas de seguros» da sección «Gastos de diversas consellarías», que á fin do anterior exercicio

non fose executado dará lugar, ao pechamento deste, á emisión dun documento «ADOK» en formalización con imputación a conta extraorzamentaria, e terá a condición de ingreso do capítulo III no exercicio de 2007 coa finalidade de xerar crédito nas dotacións que para ese obxecto figuren no estado de gastos.

Artigo 39.-Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral, as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 2007 a Administración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos ou as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non poderán referenciarse por encima da evolución do índice de prezos ao consumo de Galicia. Igualmente, as revisións de prezos e tarifas que afecten a concertos ou convenios xa subscritos non poderán experimentar un incremento superior ao do IPC galego do anterior exercicio.

Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteracións das condicións dos concertos ou convenios, o conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do departamento correspondente, poderá autorizar a inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.

Artigo 40.-Concesión directa de axudas e subvencións.

Con independencia do disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e modificado polo artigo 12 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, poderán concederse de forma directa axudas ou subvencións nos seguintes casos:

a) As que deriven de convenios entre a Comunidade Autónoma e os entes públicos ou privados para a prestación de servizos ou actividades de carácter público ou de interese xeral, ou para a adquisición de bens de interese público, logo da oportuna xustificación razoada do órgano xestor, nas que non sexa posible promover a concorrencia pública pola especificidade das características que debe cumprir a entidade ou actividade destinataria da subvención.

b) As axudas ou subvencións correntes ás que polo seu obxectivo de utilidade e interese social ou cultural, ou para promover a consecución dun fin público, non lles sexan aplicables os principios de publicidade e concorrencia, sempre que a súa contía non supere o importe de 6.010 euros por beneficiario e ano e as concedidas por cada departamento non excedan globalmente de 60.100 euros no exercicio. Estes importes elevaranse a 12.000 e 120.300 euros, respectivamente, para a sección 04, servizo 10, Secretaría Xeral da Presidencia.

Estas axudas ou subvencións poderán ser aboadas ao 100% dunha soa vez.

As que participando da mesma condición excedan dos límites cuantitativos anteriores deberán ser autorizadas polo Consello da Xunta con carácter previo á súa concesión polo órgano competente, excepto as que figuren asignadas nominativamente nestes orzamentos.

c) Excepcionalmente, as axudas ou subvencións de capital, logo de declaración pola Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos da súa utilidade e interese social ou do seu carácter estratéxico.

Os acordos de concesión serán adoptados polo departamento competente por razón da materia, previa autorización do Consello da Xunta, por proposta do mencionado departamento.

Artigo 41.-Obrigas de beneficiarios das axudas e subvencións.

Un.-De acordo coa natureza e co réxime das subvencións que se van conceder con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, quedan exentos de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 78.4.c) e 78.8 último parágrafo do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, os beneficiarios das axudas ou subvencións seguintes:

a) As libradas a favor da Comunidade Autónoma, das súas sociedades públicas e das fundacións do sector público autonómico, así como dos órganos estatutarios de Galicia.

b) As libradas a favor da Administración do Estado, dos seus organismos autónomos e das entidades públicas dela dependentes, así como dos órganos constitucionais.

c) As libradas a favor das universidades.

d) As libradas a favor das corporacións locais e dos seus organismos autónomos.

e) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudos en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

f) As subvencións ou axudas con cargo aos créditos orzamentarios correspondentes ao artigo 48, «Familias e institucións sen fins de lucro», e aquelas que non superen os 1.500 euros individualmente e se concedan con cargo ao artigo 78, «Familias e institucións sen fins de lucro», do orzamento de gastos.

g) As subvencións ou axudas que se concedan con cargo ao artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario e axuda o importe de 1.500 euros.

h) As concedidas aos beneficiarios para a mellora da condición de financiamento que se paguen a través das entidades financeiras correspondentes.

i) As axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnizatorio.

j) As concedidas ás persoas xurídicas estranxeiras en materia de cooperación exterior.

Dous.-Quedan exceptuados da obriga de presentación de garantías que establece o artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, os centros tecnolóxicos que sexan recoñecidos como tales pola consellaría competente en materia de investigación, desenvolvemento e innovación.

Artigo 42.-Pagamento de axudas e subvencións.

Quedan exceptuadas das limitacións de pagamento ata o 80% da axuda ou subvención á que fai referencia o punto 2.Un do artigo 16 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, as bolsas que se concedan a persoas físicas beneficiarias directas destinadas expresamente a financiar estudos e investigación en centros públicos ou privados, con aboamentos que se efectúen a través de nóminas mensuais.

Artigo 43.-Convocatorias de axudas e subvencións.

As correspondentes convocatorias marcarán o prazo de presentación das solicitudes, que en ningún caso será inferior a un mes e respectarán o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no que atinxe á presentación de documentos que constan en poder da Xunta de Galicia. O prazo indicado non será aplicable cando a convocatoria veña prefixada por unha normativa de carácter estatal.

As bases reguladoras das axudas e subvencións indicarán expresamente que a presentación das solicitudes comportará a autorización do solicitante para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, a través de certificados telemáticos, polo que queda liberado o solicitante de achegar a correspondente certificación.

Artigo 44.-Expedientes de dotación artística.

Á entrada en vigor desta lei, o 80% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial nin con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea, nin con fondos propios que cofinancien, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura e Deporte para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa devandita Lei 12/1991 lles corresponde aos traballos de dotación artística, e non lle serán

aplicables as limitacións establecidas no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e no apartado Sete do artigo 8 desta lei.

Artigo 45.-Módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados.

Un.-De acordo co establecido nos apartados segundo e terceiro do artigo 117 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o importe do módulo económico por unidade escolar, para efectos de distribución da contía global dos fondos públicos destinados ao sostemento dos centros concertados para o ano 2007, é o fixado no anexo 2 desta lei.

Dous.-As retribucións de persoal docente terán efectividade desde o 1 de xaneiro de 2007, sen prexuízo da data na que se asine o Convenio colectivo da ensinanza privada, e a Administración autonómica pode aceptar pagamentos a conta, logo de solicitude expresa e coincidente de todas as organizacións patronais e consulta coas sindicais, ata o momento no que se produza o asinamento do correspondente convenio, considerándose que estes pagamentos a conta terán efecto a partir do 1 de xaneiro de 2007.

Tres.-As contías sinaladas para salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais, serán aboadas directamente pola administración, mediante pagamento delegado, sen prexuízo da relación laboral entre o profesorado e o titular do centro respectivo. A distribución dos importes que integran os «gastos variables» efectuarase de acordo co establecido nas disposicións reguladoras do réxime de concertos.

O compoñente do módulo destinado a «outros gastos» terá efectos a partir do 1 de xaneiro de 2007. As contías correspondentes a este módulo aboaranse mensualmente, e os centros poden xustificar a súa aplicación ao rematar o correspondente exercicio económico de forma conxunta para todas as ensinanzas concertadas do centro.

Catro.-Os centros que impartan o primeiro e segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria serán dotados do financiamento dos servizos de orientación educativa. Esta dotación realizarase sobre a base de calcular o equivalente a unha xornada completa do profesional axeitado a estas funcións, en función do número de unidades de educación secundaria obrigatoria que teña concertadas o centro e ata un máximo de vinte e cinco horas por centro. Os custos do orientador, que se incluirán na nómina de pagamento delegado do centro, serán os correspondentes ao salario, gastos variables e complemento retributivo segundo o establecido nos módulos económicos por unidade escolar do primeiro e segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria, respectivamente.

Cinco.-Facúltase o Consello da Xunta para fixar as relacións profesor/unidade concertadas adecuadas para impartir o plan de estudos vixente en cada nivel obxecto do concerto, calculadas con base nas xornadas de profesor con vinte e cinco horas semanais. Así mesmo, tamén se autoriza o Consello da Xunta para

modificar os módulos económicos fixados no anexo 2 desta lei, en aplicación das melloras que se aproben para ensino concertado en 2007 e dentro das dispoñibilidades orzamentarias.

A administración non asumirá os incrementos retributivos, as reducións horarias ou calquera outra circunstancia que conduza a superar o previsto nos módulos económicos do anexo 2 desta lei, agás o establecido no parágrafo anterior e na Resolución do 1 de abril de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa autorizada polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 24 de febreiro de 2005.

Seis.-A relación profesor/unidade dos centros concertados poderá ser incrementada en función do número total de profesores afectados polas medidas de recolocación que se viñesen adoptando ata o momento da entrada en vigor desta lei e se atopen na nómina de pagamento delegado.

TÍTULO V

Corporacións locais

Capítulo único

Financiamento e cooperación económica coas

corporacións locais

Artigo 46.-Participación das corporacións locais nos tributos do Estado.

O crédito orzamentario inicial destinado ao pagamento das entregas a conta do actual exercicio que lles corresponde aos concellos e ás deputacións provinciais pola súa participación nos tributos do Estado ascende a 778.968.000 euros.

Artigo 47.-Fondo de Cooperación Local.

Un.-A achega da Xunta de Galicia, con recursos propios, ao financiamento das entidades locais farase efectiva a través do Fondo de Cooperación Local, como instrumento de participación específico daquelas nos tributos da Comunidade Autónoma.

Dous.-Conforme o indicado na disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, a porcentaxe, debidamente homoxeneizada, de participación do Fondo de Cooperación Local na recadación líquida dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Administración xeral queda establecida no 2,4185471% para o exercicio de 2007.

Esa porcentaxe desagrégase da forma seguinte:

-Un 1,8945459% corresponde a un fondo principal que será obxecto de distribución entre todos os municipios de Galicia.

-Un 0,3599439% corresponde ao fondo adicional establecido na disposición adicional sexta da Lei 13/2004, do 29 de decembro, para a súa distribución entre os concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes.

-Un 0,1640573% asígnaselle ao fondo complementario establecido no artigo 49.Dous da Lei 7/2005, do 29 de decembro.

Tres.-Adicionalmente, como consecuencia do acordo subscrito entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para o pacto local, o fondo complementario incrementarase en 6.000.000 de euros para o ano 2007.

Catro.-Polo que respecta aos fondos principal e adicional mencionados no apartado Un deste artigo, os criterios de distribución continuarán sendo, en tanto non sexan modificados pola Comisión Galega de Cooperación Local, os establecidos no Decreto 5/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Fondo de Cooperación Local durante o período 2002-2004, e esténdense ao ano 2007 as referencias incluídas na citada disposición sobre o ano 2004.

No referente á distribución do fondo complementario continuarán aplicándose, en tanto non sexan modificados pola Comisión Galega de Cooperación Local, os criterios establecidos no Decreto 197/2006, do 19 de outubro, polo se regula a distribución do fondo complementario do Fondo de Cooperación Local, para o ano 2006.

Cinco.-A Comunidade Autónoma poderá reter das cantidades que lles correspondan aos concellos como participación no Fondo de Cooperación Local, para a súa posterior compensación, o importe das débedas firmes, líquidas e esixibles, contraídas polos concellos coa Comunidade Autónoma, cos seus organismos autónomos e coas entidades de dereito público da Comunidade Autónoma que non teñan que adecuar por lei a súa actividade ao ordenamento xurídico privado.

Artigo 48.-Transferencias derivadas de convenios ou subvencións.

As transferencias ás entidades locais de Galicia, derivadas da subscrición de convenios ou da concesión de subvencións, que figuran recollidas nos diferentes programas de gasto destes orzamentos, ascenden a 272.070.578 euros.

Artigo 49.-Créditos totais asignados ás corporacións locais.

O montante total dos créditos asignados ás corporacións locais nestes orzamentos ascenden a 1.157.305.638 euros. A distribución por funcións do seu importe figura recollida no anexo 3.

TÍTULO VI

Normas tributarias

Capítulo I

Tributos propios

Artigo 50.-Taxas.

Un.-Elévanse os tipos das taxas de contía fixa vixentes na Comunidade Autónoma de Galicia, ata a cantidade que resulte da aplicación do coeficiente do 1,025 ás contías esixibles á entrada en vigor desta lei, exceptuando as tarifas que experimenten algunha

modificación na contía no número Dous deste artigo e a tarifa á que se fai referencia na disposición transitoria segunda; este coeficiente seralles aplicable tanto ás contías, de carácter mínimo ou máximo, coma ás deducións que se establecen en todo tipo de tarifas, tanto de taxas de contía fixa coma variable.

Considéranse taxas de contía fixa cando non están determinadas por unha porcentaxe sobre unha base ou esta non se valora en unidades monetarias.

Exceptúanse do incremento establecido anteriormente aquelas taxas que se recadan mediante efectos timbrados.

Dous.-Introdúcense as seguintes modificacións na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, na súa redacción vixente:

1) Engádeselle o apartado 3 ao artigo 22 da Lei 6/2003, coa seguinte redacción:

«3 Na tarifa 41 contida no anexo 1 será suxeito pasivo substituto do contribuínte a entidade aseguradora en cuxo rexistro de axentes figure inscrito o axente de seguros exclusivo, o operador de banca-seguros exclusivo ou o cargo de administración e de dirección responsable das actividades de mediación de seguros».

2) Engádeselle o número 10 ao artigo 23 da Lei 6/2003, coa seguinte redacción:

«10.-A participación nas probas para a obtención do certificado de profesionalidade, logo de xustificación documental, con referencia ás seguintes persoas:

-As que figuren inscritas como desempregadas nas oficinas de emprego.

-As que teñan unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33%».

3) Modifícase a redacción dos apartados 3 e 5 do artigo 27 da Lei 6/2003, que quedan redactados como segue:

«3 Será suxeito pasivo substituto do contribuínte:

Un.-Nas tarifas 25 e 26 da modalidade de actuacións profesionais, que se relacionan no anexo 3, o organismo autorizado de verificación metrolóxica que, dado o caso, realizase, por calquera das figuras legalmente establecidas, os labores de control metrolóxico.

Dous.-Na tarifa 27 da modalidade de actuacións profesionais, que se relaciona no anexo 3, a empresa concesionaria do servizo de inspección técnica de vehículos».

«5 Na tarifa 99 da modalidade de actuacións profesionais, relacionada no anexo 3, serán suxeitos pasivos as seguintes persoas ou entidades:

-Das tarifas X-1 e X-2, os armadores ou os seus representantes ou os consignatarios dos barcos que utilicen os servizos gravados.

-Da tarifa X-3, os armadores ou os consignatarios dos barcos que utilicen o servizo e os propietarios do medio de transporte cando a mercadoría entre e saia do porto por medios exclusivamente terrestres.

-Da tarifa X-4, o armador do buque ou quen na súa representación realice a primeira venda.

-O suxeito pasivo deberá facer repercutir o importe da tarifa X-4 sobre o primeiro comprador da pesca, de o haber, polo que este queda obrigado a soportar a devandita repercusión, que se fará constar de maneira expresa e separada na factura ou no documento equivalente. As controversias que se susciten entre o suxeito pasivo e o comprador repercutido serán da competencia da Xunta Superior de Facenda.

-Da tarifa X-5, con carácter solidario, o titular da embarcación ou o seu representante autorizado e, de ser o caso, o titular do dereito de uso preferente da amarre ou da ancoraxe. Nas zonas de concesión nas que o titular desta se subrogue na obriga dos suxeitos pasivos, nos termos establecidos na regra décimo primeira, letra b), desta tarifa X-5, o concesionario será o substituto do contribuínte e terá que cumprir no lugar daquel as obrigas formais e materiais derivadas da obriga tributaria.

-Da tarifa polo exercicio de actividades comerciais, industriais e de servizos, o titular da actividade, calquera que sexa a natureza do título habilitante dela».

4) Engádeselle un subapartado novo ao final do apartado 2 do artigo 29 da Lei 6/2003, que queda redactado como segue:

«-Do pagamento da tarifa polo exercicio de actividades comerciais, industriais e de servizos, o titular da concesión ou autorización de ocupación do dominio público cando este non sexa o suxeito pasivo da taxa».

5) Modifícase a letra d) do artigo 40 da Lei 6/2003, que queda redactada como segue:

«d) Cando a ocupación do dominio público portuario teña por destino a construción ou a explotación de lonxas coas súas correspondentes cámaras de frío, fábricas de xeo, vestiarios, naves de redes e de almacenaxe de caixas, para o sector pesqueiro e marisqueiro, aínda cando estas instalacións estean situadas en naves de usos múltiples, a contía da taxa terá unha bonificación do 90%».

6) Engádenselle as subalíneas 11, 12 e 13 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«11 Visita de inspección para a emisión ou renovación da guía de circulación: 77 A.

12 Expedición da guía de circulación: 16 A.

13 Renovación da guía de circulación: 3 A».

7) Engádeselle a nova subalínea 04 á alínea 17 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«04 Autorización de concursos e campionatos de pesca deportiva: 22 A».

8) Engádenselle as seguintes tarifas pola expedición de títulos académicos e profesionais de recente creación á alínea 20 do anexo 1, e queda modificada para todos os efectos a cabeceira das tarifas:

Título

Tarifa normalFamilia

numerosa,

categoría xeral

Familia

numerosa,

categoría especial

Duplicado

Técnico deportivo19,96 A10 A0 A2,30 A

Técnico deportivo

superior

48,83 A A24,46 A0 A4,49 A

Deseño48,83 A24,46 A0 A4,49 A

Superior de arte

dramática

62,73 A31,37 A0 A6,27 A

9) Engádeselle a subalínea 07 á alínea 38 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«07 Expedición do precinto de caza maior, excepto para os precintos expedidos en cazarías con ocasión de danos autorizados pola consellaría competente en materia de medio ambiente (por cada unidade): 0,90 A».

10) Engádeselle a subalínea 11 á alínea 39 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«11 Tramitación do expediente das asociacións declaradas de utilidade pública: 17,35 A».

11) Modifícase a alínea 40 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«40 Actuacións en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas:

01 Autorización para a súa celebración en vías públicas: 53,32 A.

02 Tramitación de expedientes de apertura e funcionamento de instalacións destinadas a espectáculos e recreos públicos: 95 A.

03 Autorización de ampliación de horarios: 30 A».

12) Engádeselle a alínea 42 ao anexo 1, coa seguinte redacción:

«42 Participación nas probas para a obtención do certificado de profesionalidade: 31,37 A».

13) Engádeselle a alínea 43 ao anexo 1, coa seguinte redacción:

«43 Habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada doutras linguas para o galego e viceversa:

01 Inscrición nas probas de tradutores e intérpretes xurados de galego para outras linguas e viceversa: 65 A.

02 Expedición do carné acreditativo da habilitación como tradutor xurado e inscrición no Rexistro de Tradutores e Intérpretes Xurados/Oficiais: 20 A.

03 Expedición do carné acreditativo da habilitación como intérprete xurado e inscrición no Rexistro de Tradutores e Intérpretes Xurados/Oficiais: 20 A.

04 Expedición do carné acreditativo da habilitación como tradutor e intérprete xurado e inscrición no Rexistro de Tradutores e Intérpretes Xurados/Oficiais: 30 A».

14) Engádeselle a alínea 44 ao anexo 1, coa seguinte redacción:

«44 Inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso: 15 A».

15) Modifícanse as subalíneas 01, 02, 09, 12 e 25 da alínea 07 do anexo 2, que quedan redactadas da seguinte forma:

«01 Comprobación sanitaria, loita contra enfermidades das gandarías afectadas e nas campañas de saneamento cando a prestación deba realizarse por incumprimento da normativa que a regula, por perda de identificación do gando ou por petición de parte fóra do período de revisión obrigatoria:

-Por explotación: 103,01 A.

-Por cada animal:

* Équidos, bóvidos, ovino, cabrún e similares (por cabeza): 3,55 A.

-Mínimo: 70,74 A.

-Máximo: 212,23 A.

* Porcino (por cabeza): 0,721165 A.

-Máximo: 84,79 A.

* Aves, coellos, visóns e similares (por cabeza): 0,015867 A.

-Máximo: 42,36 A.

* Colmeas (por unidade): 0,453303 A.

-Máximo: 42,36 A».

«02 Prestación de servizos facultativos relacionados coas análises, ditames, peritaxes, etc., cando así o esixa a normativa vixente.

-Por análises fisicoquímicas ou bromatolóxicas (por determinación): 5,42 A.

-Máximo: 42,36 A.

-Por cada mostra de mel para determinación de residuos de antimicrobianos (por determinación): 5,42 A.

-Máximo: 42,36 A.

-Por cada 10 mostras de mel presentadas por agrupacións de produtores para a determinación de residuos de antimicrobianos: 30 A.

-Por reconto celular:

-Por mostra de leite: 0,357148 A.

-Por outras mostras: 0,892869 A.

-Máximo: 8,55 A.

-Illamento e identificación bacteriolóxicos:

* Por mostra de leite: 0,721165 A.

* Por outras mostras: 2 A.

-Máximo: 8,55 A.

-Determinación de susceptibilidade de antimicrobianos e inhibidores do crecemento con mostras ou tecidos ou segregacións de animais:

-Por mostra de leite: 1,064580 A.

-Por outras mostras: 2,78 A.

-Análises parasitolóxicas (por mostra): 2,78 A.

-Serodiagnóstico e probas alérxicas (por determinación): 3,06 A.

-Por cada trinta mostras e por enfermidade investigada correspondentes a explotacións integradas en agrupacións de defensa sanitaria gandeira: 2,96 A.

-Necropsias e análises anatómico-patolóxicas por mostra ou animal:

-Vacún, equino e similares (adultos): 17,04 A.

-Porcino, ovino, caprino, cans e similares: 12,76 A.

-Aves, coellos ou similares: 4,33 A.

-Análise histopatolóxica (por animal): 5,56 A.

-Análise virolóxica:

-Illamento e identificación (por mostra): 5,56 A.

-Outras técnicas virolóxicas (por técnica): 3,06 A.

-Contrastación de doses seminais de vacún: 20,60 A.

-Mínimo, en calquera caso: 2,84 A».

«09 Autorización e rexistro de comerciantes de gando, transportistas, medios de transporte e centros de concentración de gando:

-Autorización e rexistro de operadores comerciais, transportistas ou medios de transporte de gando: 9,27 A.

-Expedición da acreditación de operador comercial, transportista ou medios de transporte de gando: 9,27 A.

-Renovación da autorización de operadores comerciais de gando, transportistas ou medios de transporte, cando así o estableza a normativa: 9,27 A.

-Expedición de duplicados da acreditación de operador comercial, transportista ou medios de transporte de gando: 18,54 A.

-Autorización de centros de concentración de gando: 103,01 A.

-Revisión e renovación anual de centros de concentración: 34,34 A».

«12 Por servizos facultativos veterinarios correspondentes á autorización e ao control das plantas e industrias relacionadas cos subprodutos de orixe animal non destinados a consumo humano, consonte o Regulamento (CE) 1774/2002, do 3 de outubro:

-Por autorización e apertura: 127,18 A.

-Por control e toma de mostras: 42,36 A».

«25 Autorizacións e/ou rexistros en materia de hixiene dos pensos consonte o Regulamento (CE)

183/2005, do 12 de xaneiro, de fabricantes e establecementos intermediarios:

-Autorización inicial, ampliación ou cambio de localización:

-Fabricación de pensos, aditivos, produtos ou premesturas: 240,39 A.

-Intermediarios de pensos, aditivos, produtos ou premesturas: 123,62 A.

-Rexistro inicial, ampliación ou cambio de localización:

-Fabricación de pensos, aditivos, produtos ou premesturas: 206,05 A.

-Intermediarios de pensos, aditivos, produtos ou premesturas: 123,62 A.

-Revisión:

-Fabricación de pensos, aditivos, produtos ou premesturas: 103,01 A.

-Intermediarios de pensos, aditivos, produtos ou premesturas: 61,82 A».

16) Suprímese a subalínea 21 da alínea 07 do anexo 2.

17) Engádenselle as subalíneas 26 e 27 á alínea 07 do anexo 2, que quedan redactadas da seguinte maneira:

«26 Probas diagnósticas establecidas nos programas oficiais de erradicación de tuberculose e brucelose para a realización de movementos de animais entre explotacións.

Cando se realice a proba por primeira vez sobre un animal concreto da explotación, cara ao seu movemento, ou no caso de operadores comerciais de gando cando se revisen animais por primeira vez para renovar a validez das probas diagnósticas de orixe:

-Por explotación: 30 A.

-Por cada animal: 10 A.

Cando deba repetirse a actuación por caducidade da validez das primeiras probas realizadas sen que se producise o movemento.

-Por explotación: 103,01 A.

-Por cada animal: 3,55 A.

-Mínimo: 70,74 A.

-Máximo: 212,23 A».

«27 Probas diagnósticas establecidas nos regulamentos específicos de concursos de gando selecto e outros certames para animais participantes de calquera especie:

-Por explotación: 30 A.

-Por animal: 10 A».

18) Engádeselle a subalínea 05 á alínea 09 do anexo 2, coa seguinte redacción:

«05 Emisión de certificado de preexportación de alimentos destinados á Federación Rusa: 3,26 A».

19) Modifícase a redacción da alínea 17 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«17 Instalacións: con recipientes a presión, frigoríficas, de gas e de protección contra incendios:

Da tarifa consignada no apartado 09: 100%».

20) Modifícase a redacción da alínea 19 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«19 Autorización ou rexistro de instalacións:

-Eléctricas receptoras: 20+0,6* (Pot. en Kw).

-Interiores de auga: 22+2,4* (Caudal en l/s).

-Calefacción ou climatización: 30+0,6* (Pot. en Kw térmicos)».

21) Suprímese a alínea 20 do anexo 3.

22) Modifícase a redacción da alínea 24 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«24 Verificación primitiva, verificación primitiva da Comunidade Europea e primeiras verificacións realizadas por un laboratorio de verificación metrolóxica oficialmente autorizado ou por un organismo de control metrolóxico, por instrumento: 1,40 A».

23) Modifícase a redacción da alínea 25 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«25 Verificación logo de reparación ou modificación realizada por un organismo autorizado de verificación metrolóxica, por instrumento: 1,40 A».

24) Modifícase a redacción da alínea 26 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«26 Verificacións periódicas realizadas por un organismo autorizado de verificación metrolóxica, por instrumento: 1,40 A.

25) Engádeselle a letra l) á alínea 27 do anexo 3, coa seguinte redacción:

«l) Autorización de reforma de importancia xeneralizada en vehículos: 80,50 A.»

26) Modifícase a redacción da alínea 38 e das súas subalíneas 01, 02 e 03, contidas todas elas no anexo 3, que quedan redactadas como segue:

«38 Actuacións con respecto ás seccións 1.ª e 3.ª do Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos.

01 Inscrición:

-Polo conxunto das dúas primeiras mangueiras: 31,52 A.

-Por cada mangueira que exceda de dúas: 7,88 A.

02 Cambio de titularidade:

-Sobre a tarifa consignada na subalínea 01 desta mesma alínea: 50%.

03 Ampliación das instalacións:

-Sobre a tarifa consignada na subalínea 01 desta mesma alínea: 100%».

27) Modifícase a redacción da alínea 46 e das súas subalíneas 01, 02 e 03, contidas todas elas no anexo 3, que quedan redactadas como segue:

«46 Actuacións con respecto ás seccións 2.ª e 4.ª do Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos

01 Inscrición:

-Ata 40.000 l: 54,95 A.

-Cada 20.000 l ou fracción que exceda: 24,72 A.

02 Cambio de titularidade:

-Sobre a tarifa consignada na subalínea 01 desta mesma alínea: 50%.

03 Ampliación das instalacións:

-Sobre a tarifa consignada na subalínea 01 desta mesma alínea: 100%».

28) Modifícase a redacción da subalínea 02 da alínea 58 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«02 Aprobación de modelo, modificación da aprobación de modelo, autorización para o seu uso metrolóxico, prórrogas de aprobación de modelo de instrumentos de medida, autorizacións ou habilitacións de laboratorios de verificación metrolóxica, organismos de control metrolóxico ou organismos de verificación metrolóxica: 98 A».

29) Modifícase a redacción da subalínea 03 da alínea 58 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«03 Traslados, ampliacións e modificacións de laboratorios de verificación metrolóxica, organismos de verificación metrolóxica ou organismos de control metrolóxico: 50 A».

30) Elimínase a subalínea 04 da alínea 58 do anexo 3.

31) Modifícase a regra décimo quinta da tarifa X-2 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como se transcribe a seguir:

«Décimo quinta.-As embarcacións destinadas ao servizo da acuicultura que atraquen habitualmente en peiraos habilitados para o efecto pagarán mensualmente quince veces o importe diario que lles correspondería ao aplicar a tarifa xeral. Cando estas embarcacións dispoñan dunha praza reservada para o seu uso exclusivo en peiraos ou pantaláns, a tarifa aplicable será a que lles corresponda por aplicación da regra terceira para a totalidade do período autorizado, independentemente das entradas, saídas ou días de ausencia da atracada.

Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación desta tarifa coas embarcacións citadas nesta regra, cunha redución adicional de ata o 75% na contía da tarifa».

32) Modifícase a letra a) do apartado B) do punto 3 da subalínea 03 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«a) Nos casos previstos nas letras a), b), c), d) e e) do apartado anterior, a cota da taxa deberase axustar aos seguintes límites en función do parámetro utilizado para a determinación desta no decreto:

Non poderá exceder das seguintes contías, en función do volume do tráfico portuario:

-0,27 A, por tonelada de granel líquido.

-0,53 A, por tonelada de granel sólido.

-1,06 A, por tonelada de mercadoría xeral.

-21,23 A, por contedor ou unidade de transporte.

-1,81 A, por vehículo.

-1,59 A, por pasaxeiro.

-4,77 A, por vehículo en réxime de pasaxe.

-30 A, por servizo técnico-náutico ou de consignación de buques prestado.

-2 A por metro cúbico ou 6 A por tonelada, por servizo de recollida de refugallos, segundo corresponda.

-1,50 A por mes e día, por instalación de terrazas de establecementos de hostalería.

Neste caso, a contía anual da taxa non poderá ser inferior á cota desta taxa aplicada ao tráfico ou á actividade mínima anual establecida no título habilitante da ocupación do dominio público.

Cando o tipo se estableza sobre a facturación anual ou o volume de negocio desenvolvido no porto polo titular da autorización non será superior ao 5%».

33) Suprímense as subalíneas 03, 04 e 05 contidas na alínea 07 do anexo 4.

Artigo 51.-Canon de saneamento. Modificación da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia.

Modifícase o número 1 do artigo 40 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, que queda redactado como segue:

«1) O tipo de gravame expresarase en euros/m ou en euros pola unidade de contaminación en función da base impoñible á que teña que aplicarse.

Establécense os seguintes valores do tipo de gravame do canon:

a) Usos industriais ou asimilados:

-Tipo xeral por volume: 0,337 euros/m.

-Materias en suspensión: 0,197 euros/kg.

-Sales solubles: 3,168 euros/S/cm.m.

-Materia oxidable: 0,395 euros/kg.

-Metais: 8,901 euros/kg equimetal.

-Materias inhibidoras: 0,041 euros/equitox.

b) Usos domésticos: 0,201 euros/m».

Capítulo II

Tributos cedidos

Artigo 52.-Imposto sobre a renda das persoas físicas.

Un.-Apróbase a seguinte dedución da cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda, que consiste en que os homes menores de trinta e cinco anos e as mulleres, calquera que sexa a súa idade, que causen alta no censo de empresarios profesionais e retedores por primeira vez durante o período impositivo e manteñan a devandita situación durante un ano natural poderán deducir 300 euros no período impositivo no que se produza a alta, sempre que desenvolvan a súa actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dous.-Modifícase o artigo 1 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, acerca do imposto sobre a renda das persoas físicas, que queda redactado nos seguintes termos:

«1.-Apróbanse as seguintes deducións da cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda:

1) Por nacemento ou adopción de fillos.

Por cada fillo nacido ou adoptado no período impositivo, que conviva co contribuínte na data de devengo do imposto, 300 euros.

No caso de parto múltiple esta dedución ascenderá a 360 euros por cada fillo.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes ao nacemento ou á adopción, sempre que o fillo nacido ou adoptado conviva co contribuínte na data de devengo do imposto que lles corresponda a cada un deles, segundo as seguintes contías e os límites de renda:

-300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF estivese comprendida entre 22.001 e 31.000 euros.

-360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF fose menor ou igual a 22.000 euros.

Cando, no período impositivo do nacemento ou da adopción, ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os dous proxenitores a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

2) Por familia numerosa.

O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data de devengo do imposto poderá deducir as seguintes cantidades:

-250 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría xeral.

-400 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría especial.

Cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que lles sexa aplicable o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 65%, a dedución anterior será de 500 e 800 euros respectivamente.

Esta dedución practicaraa o contribuínte co que convivan os restantes membros da familia numerosa. Cando convivan con máis dun, o importe ratearase por partes iguais.

3) Por coidado de fillos menores.

Os contribuíntes que por motivos de traballo, por conta propia ou allea, teñan que deixar os seus fillos menores ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en gardarías poderán deducir o 30% das cantidades satisfeitas no período, co límite máximo de 200 euros, sempre que concorran os seguintes requisitos:

a) Que na data de devengo do imposto os fillos teñan tres ou menos anos de idade.

b) Que ambos os dous pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.

c) Que, no suposto de que a dedución sexa aplicable por gastos dunha persoa empregada do fogar, esta estea dada de alta no réxime especial de empregadas do fogar da Seguridade Social.

d) Que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF non exceda de 22.000 euros en tributación individual ou de 31.000 euros en tributación conxunta.

Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe ratearase entre eles.

4) Por suxeitos pasivos discapacitados, de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos, que precisen axuda de terceiras persoas.

Os contribuíntes de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos afectados por un grao de minusvalía igual ou superior ao 65% e que precisen axudas de terceiras persoas poderán aplicar unha dedución do 10% das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros, sempre que:

a) A base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF non exceda de 22.000 euros en tributación individual ou de 31.000 euros en tributación conxunta.

b) Se acredite a necesidade da axuda de terceiras persoas.

c) O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

5) Por gastos dirixidos ao uso de novas tecnoloxías nos fogares galegos.

Os contribuíntes que durante o exercicio accedan a internet mediante a contratación de liñas de alta velocidade poderán deducir o 30% das cantidades satisfeitas no concepto de cota de alta e cotas mensuais, cun límite máximo de 100 euros e segundo os seguintes requisitos:

a) Só poderá aplicarse no exercicio no que se subscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.

b) A liña de alta velocidade contratada estará destinada ao uso exclusivo do fogar e non estará vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.

c) Non resultará aplicable se o contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior se realizou noutro exercicio. Non resultará tampouco aplicable cando se contrate a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, asemade, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.

d) O límite máximo da dedución aplícase respecto de todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio, ben correspondan a un só contrato de conexión ou ben a varios que se manteñan simultaneamente.

2.-A práctica das deducións ás que se refire o punto anterior quedará condicionada á xustificación documental adecuada e suficiente do suposto de feito e dos requisitos que determinen a súa aplicabilidade.

Artigo 53.-Imposto sobre sucesións e doazóns.

Un.- Nas doazóns a fillos e descendentes de diñeiro destinado á adquisición da súa primeira vivenda habitual aplicarase unha redución do 95% da base impoñible do imposto, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) O donatario deber ser menor de trinta e cinco anos.

b) O importe da doazón non poderá superar os 30.000 euros. Este límite é único e aplícase tanto no caso dunha soa doazón coma no caso de doazóns sucesivas, sempre que se outorguen a favor do mesmo donatario, proveñan do mesmo ou de distintos ascendentes.

No caso de que o importe da doazón ou doazóns a que se refire este artigo supere esta cantidade, non haberá dereito a ningunha redución.

c) A suma da base impoñible total menos o mínimo persoal e familiar para efectos do IRPF do donatario correspondente ao último período impositivo cuxo prazo regulamentario de declaración estivese concluído á data do devengo da primeira doazón non poderá ser superior a 30.000 euros.

d) A doazón debe formalizarse en escritura pública na que se exprese a vontade de que o diñeiro doado se destine á adquisición da primeira vivenda habi

tual do donatario. Esta declaración de vontade deberá ser simultánea á doazón.

e) O donatario deberá adquirir a vivenda nos seis meses seguintes á doazón. No caso de haber varias doazóns, o prazo computarase desde a data da primeira doazón. A redución non se aplicará a doazóns de diñeiro posteriores á compra da vivenda.

f) O concepto de vivenda habitual será o previsto na normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Dous.-No caso de incumprimento de calquera dos requisitos previstos nas letras anteriores, o suxeito pasivo virá obrigado a pagar o imposto deixado de ingresar e os correspondentes xuros de mora.

Artigo 54.-Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas o tipo de gravame aplicable ás transmisións de inmobles que vaian constituír a vivenda habitual do contribuínte cando este sexa unha persoa discapacitada física, psíquica ou sensorial cun grao igual ou superior ao 65% será do 4%. No caso de que a vivenda sexa adquirida por varias persoas, o tipo aplicarase exclusivamente á parte proporcional que lle corresponda ao contribuínte discapacitado.

O concepto de vivenda habitual será o previsto na normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

No momento de presentación do imposto, o contribuínte debe achegar a xustificación documental axeitada e suficiente da condición de grao de minusvalía.

Artigo 55.-Taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar.

No uso das competencias atribuídas pola Lei 18/2002, do 1 de xullo, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e das condicións da devandita cesión, e consonte o disposto na letra c) do punto 1 do artigo 42 da Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía, e en virtude do establecido no artigo 5.Dous.4 da Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, modifícanse os tipos de gravame e as cotas fixas da taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar, no sentido que a continuación se indica:

Un.-Nos casinos de xogo aplicarase a seguinte tarifa:

Porción de base impoñibleTipo aplicable porcentaxe

comprendida entre euros

Entre 0 e 1.612.07922

Entre 1.612.079,01 e 2.667.25938

Entre 2.667.259,01 e 5.319.86649

Máis de 5.319.86660

Dous.-Nos casos de explotación de máquinas ou aparellos automáticos aptos para a realización dos xogos, a cota determinarase en función da clasificación das máquinas realizada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, segundo as normas seguintes:

A) Máquinas tipo A especial:

Cota anual: 500 euros.

B) Máquinas tipo B ou recreativas con premio:

a) Cota anual: 3.588 euros.

b) Cando se trate de máquinas ou aparellos automáticos tipo «B», nos que poidan intervir dous ou máis xogadores de forma simultánea e sempre que o xogo de cada un deles sexa independente do realizado por outros xogadores, serán aplicables as seguintes cotas:

-Máquinas ou aparellos de dous xogadores: dúas cotas de acordo co previsto no apartado a).

-Máquinas ou aparellos de tres ou máis xogadores: 7.344 euros máis o resultado de multiplicar por 2.952 o produto do número de xogadores polo prezo autorizado para a partida.

C) Máquinas tipo C ou de azar:

Cota anual: 5.236 euros.

No caso de modificación do prezo máximo de 0,20 euros autorizado para a partida en máquinas de tipo "B" ou recreativas con premio, as cotas tributarias establecidas na letra B) anterior incrementaranse en 18,08 euros por cada céntimo de euro no que se incremente o novo prezo máximo autorizado.

Se a modificación se producise con posterioridade ao devengo da taxa, os suxeitos pasivos que exploten máquinas con permisos de data anterior a aquela na que se autorice a suba deberán autoliquidar e ingresar a diferenza de cota que corresponda na forma e nos prazos que determine a Consellería de Economía e Facenda.

Malia o previsto no parágrafo anterior, a autoliquidación e o ingreso serán só do 50% da diferenza se a modificación do prezo máximo autorizado para a partida se produce despois do 30 de xuño.

Disposicións adicionais

Primeira.-Información ao Parlamento.

Un.-A Consellería de Economía e Facenda facilitaralle trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento información referente ás seguintes actuacións:

a) As ampliacións de crédito realizadas para atender o pagamento de obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma.

b) As operacións de endebedamento por prazo superior a un ano, formalizadas pola Comunidade Autónoma e polos seus organismos autónomos ou

sociedades públicas, conforme as autorizacións contidas nesta lei.

c) Os avais amortizados, pagamentos efectuados por fallidos, importes recuperados e risco acumulado, tanto polo que respecta aos avais concedidos pola Comunidade Autónoma coma polos seus organismos autónomos e sociedades públicas.

d) As autorizacións de revisións de prezos en concertos ou convenios que superen o incremento do índice de prezos ao consumo.

e) A enumeración nominal e individualizada das concesións de subvencións ou axudas autorizadas polo Consello da Xunta ás que se refiren as letras b) e c) do artigo 40 desta lei.

f) Os plans a que se refire a disposición adicional segunda desta lei.

Dous.-A Consellería de Economía e Facenda comunicaralle á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, nun prazo de trinta días:

a) A realización das adaptacións técnicas dos orzamentos autorizadas conforme o previsto na letra s) do artigo 5 desta lei.

b) As modificacións efectuadas consonte o indicado no artigo 9.

c) Os orzamentos dos organismos autónomos e das sociedades públicas que poidan entrar en funcionamento ao longo do ano 2007.

Tres.-A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento os plans económico-financeiros que subscriba no desenvolvemento da súa actividade.

Segunda.-Sociedades públicas.

As entidades públicas e sociedades mercantís ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que, se é o caso, poidan presentar perdas de explotación nos seus orzamentos están obrigadas a elaborar un plan coa finalidade de restablecer o equilibrio.

O citado plan deberáselle remitir á Consellería de Economía e Facenda para a súa aprobación, dentro dos tres meses seguintes a aquel no que se detectase a situación de desequilibrio ou, en todo caso, a partir da aprobación das contas anuais nas que esta circunstancia se reflicta.

Terceira.-Autorización de orzamentos en sociedades de nova creación.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a aprobar os orzamentos de explotación e capital previstos no artigo 83 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ao longo do ano 2007.

Os expedientes de constitución das sociedades mercantís ás que se refire o artigo 12 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, incorporarán necesariamente unha memoria relativa aos obxectivos perseguidos coa creación da sociedade e sobre a súa viabilidade económica, así como sobre calquera outro aspecto relevante para a súa constitución.

Cuarta.-Propostas normativas que comporten crecemento do gasto.

Non poderán formularse iniciativas lexislativas por parte da Xunta de Galicia, nin aprobarse normas de rango regulamentario, cando da súa aplicación derive un incremento do gasto público, sen a previa dispoñibilidade dunha memoria económico-financeira que avalíe adecuadamente os custos que esas propostas representan e as posibilidades ou alternativas existentes para o seu financiamento.

Quinta.-Modificación dos cadros de persoal do Servizo Galego de Saúde.

Correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización das modificacións, dentro de cada centro de xestión, dos cadros de persoal estatutario, de persoal MIR e de calquera outro tipo de persoal de institucións sanitarias dependentes do organismo non incluídos nas relacións de postos de traballo, sempre que a modificación acordada non supoña un incremento dos créditos do artigo correspondente do devandito centro.

En idénticas condicións, correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización da modificación prevista no parágrafo anterior dos cadros de persoal funcionario sanitario pertencentes ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares.

En todo caso, daráselle conta á Consellería de Economía e Facenda unha vez tramitada a correspondente modificación.

Sexta.-Retribucións na situación de servizos especiais.

O grao de carreira recoñecido ao persoal estatutario fixo retribuirase mediante o complemento de carreira establecido para o correspondente grao e categoría, de conformidade co que estableza a súa normativa específica. Este complemento percibirase na situación de servizo activo na correspondente categoría ou durante o desempeño de postos ou cargos no ámbito do Servizo Galego de Saúde ou da Consellería de Sanidade en situación de servizos especiais.

Sétima.-Fondo de continxencia.

As dotacións do fondo de continxencia, que figuran orzadas no capítulo V de gastos do Servizo Galego de Saúde, poderán ser destinadas, logo de autorización da modificación de crédito correspondente, á atención de necesidades que se produzan ao longo do exercicio en calquera outro capítulo de gasto.

Oitava.-Prestacións familiares por coidado de fillos menores.

Aquelas persoas que, na data de entrada en vigor desta lei, teñan ao seu cargo fillos menores de tres anos terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por cada un deles cando, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2005, nin eles nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período.

A percepción desta prestación axustarase ao procedemento que estableza a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, que esixirá xustificación documental dos requisitos precisos para o seu gozo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación.

Novena.-Plan de reequilibrio territorial.

Continuando coa liña iniciada nos orzamentos de 2006, a Xunta de Galicia concretará ao longo do actual exercicio o Plan de reequilibrio territorial de carácter plurianual, extensivo ao período 2007-2010, co obxectivo de establecer criterios estratéxicos de priorización e coordinación dos investimentos públicos, programará cunha visión rexional e agregada as actuacións e fomentará a necesaria cohesión e complementariedade entre territorios.

O plan, dirixido ás areas con menor crecemento, estará dotado no ano 2007 con 225 millóns de euros, e coordinará actuacións sectoriais das distintas consellarías que teñan por función potenciar o desenvolvemento económico integral de Galicia e reforzar a cohesión social.

O citado plan identificará, antes do 30 de marzo de 2007, os créditos dos diferentes programas de gasto que quedarán afectados nas distintas consellarías á súa execución e será remitido, antes do 30 de abril, á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia.

Décima.-Subsidio básico e complemento variable da renda de integración social de Galicia.

A contía do subsidio básico e do complemento variable da renda de integración social de Galicia, aplicable durante o ano 2007, será a establecida no artigo 12 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, modificado polo artigo cuarto da Lei 16/2004, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social.

Décimo primeira.-Establecemento de axudas a persoas con hemofilia ou coagulopatías conxénitas, afectados polo VHC.

Un.-Recoñéceselles unha axuda social ás persoas hemofílicas ou con outras coagulopatías conxénitas que contraesen a hepatite C como consecuencia de ter recibido transfusión ou tratamento con concen

trados de factores de coagulación no ámbito do sistema sanitario público de Galicia.

As axudas recoñecidas serán as seguintes:

a) Os beneficiarios que figuren inscritos no censo definitivo previsto no artigo 80 da Lei 55/1999, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, percibirán por unha soa vez unha axuda por importe de 12.000 A.

b) Os beneficiarios que non figuren inscritos no censo definitivo antes citado percibirán por unha soa vez unha axuda por importe de 30.000 A.

Dous.-A percepción das axudas atenderá unicamente ao feito obxectivo do contaxio, con independencia do desenvolvemento ou non da enfermidade, e calquera que sexa o grao de manifestación desta.

As axudas aboaranse con cargo ás correspondentes dotacións orzamentarias que se habilitarán para os exercicios 2007 e 2008 dentro dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os devanditos períodos, e comezará o pagamento no exercicio de 2007 a prol dos beneficiarios aos que se refire o apartado Un.a) desta disposición, previa acreditación da súa inclusión no censo definitivo previsto no artigo 80 da Lei 55/1999, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social.

No caso de falecemento dos beneficiarios, terán dereito a percibir a axuda as persoas determinadas no artigo 1.2 da Lei 14/2002, do 6 de xuño.

Tres.-Regulamentariamente establecerase o réxime de concesión das axudas, así como o procedemento e os prazos para a súa solicitude e percepción. Tamén se regulamentará a creación dun censo autonómico, que será paso previo indispensable para a percepción das axudas previstas no apartado Un.b) desta disposición.

Catro.-A compatibilidade destas axudas con outras pensións ou prestacións públicas, ás que o beneficiario tivese dereito, dependerá do que establezan as normas reguladoras daquelas pensións ou prestacións.

Disposicións transitorias

Primeira.-Taxas pola expedición de precintos de caza maior.

A tarifa establecida nesta lei que grava a expedición de precintos de caza maior esixirase a partir do 1 de abril de 2007, data na que se iniciará a subministración destes precintos para ser empregados desde a temporada de caza 2007/2008.

Segunda.-Taxas pola adaptación á Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados

As actuacións que se leven a cabo como consecuencia da necesaria adaptación das entidades aseguradoras, entidades de crédito, sociedades mercantís controladas ou participadas por estas e dos corredores de seguros ou mediadores de reaseguros, per

soas físicas ou xurídicas, ao establecido na Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados, regulado nas súas disposicións transitorias primeira e segunda, quedarán exentas da tarifa 41 da taxa por servizos administrativos contida no anexo 1 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira.-Persoal laboral fixo de carácter docente.

De conformidade co establecido na disposición transitoria quinta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o persoal laboral fixo que realice funcións docentes en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se incorporasen a estes con anterioridade á entrada en vigor da citada lei ou se incorporen durante os tres primeiros anos da súa aplicación, procedentes de centros dependentes de calquera administración pública, como consecuencia da integración destes centros na rede de centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, poderán acceder aos corpos docentes a través dunha quenda especial, conforme estableza a convocatoria que se realizará con esta finalidade. As probas deberán garantir os principios de igualdade, mérito e capacidade, e debe respectarse, en todo caso, o establecido na normativa básica do Estado.

Os procedementos de ingreso a que fai referencia esta disposición só serán aplicables no prazo de tres anos.

Cuarta.-Imposto sobre a renda das persoas físicas.

Na aplicación das reducións establecidas no artigo 1 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, acerca do imposto sobre a renda das persoas físicas, ata que remate o período de declaración do IRPF correspondente ao exercicio de 2006, as referencias que se fan á «base impoñible total, menos os mínimos persoal e familiar«», entenderanse realizadas á base impoñible definida no artigo 15.3 do texto refundido da Lei do IRPF, aprobada polo Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo.

Quinta.-Imposto sobre sucesións e doazóns.

Para a aplicación da redución do artigo 53 desta lei ás doazóns devengadas desde o 1 de xaneiro de 2007, e ata que remate o prazo regulamentario de declaración do IRPF correspondente ao exercicio de 2007, a referencia que se fai á «base impoñible total, menos os mínimos persoal e familiar», entenderase realizada á base impoñible definida no artigo 15.3 do texto refundido da Lei do IRPF, aprobada polo Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento da lei.

Facúltase a Xunta de Galicia para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.

Segunda.-Vixencia.

As disposicións desta lei terán vixencia exclusiva para o ano 2007, con excepción dos artigos 50, 51, 52, 53, 54 e 55 e da disposición adicional sexta, que terán vixencia indefinida.

Terceira.-Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2007.

Santiago de Compostela, vinte e oito de decembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

ANEXO 1

Artigo 5.e)

(Euros)

SecciónTaxasPrezosTotal

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

(centros de menores)

205.000205.000

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

(TIVE)

6176.1376176.137

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

(carné xove)

154.009154.009

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

(outras)

269.65011.002.93811.272.588

Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

(DOG)

308.019308.019

Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

(oposicións)

6.1606.160

Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

(outras)

6.837.07614.1766.851.252

Economía e Facenda169.916169.916

Política Territorial, Obras Públicas e Transportes7.801.369155.9267.957.295

Educación e Ordenación Universitaria

(oposicións)

1.378.2161.378.216

Educación e Ordenación Universitaria (outras)1.650.7251.883.2673.533.992

Innovación e Industria5.984.004874.8086.858.812

Medio Rural2.378.8264.825.6197.204.445

Cultura e Deporte402.62774.926477.553

Sanidade2.666.94514.1752.681.120

Pesca e Asuntos Marítimos1.259.5961.259.596

Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible5.418.848402.9795.821.827

Traballo48.02026.32574.345

Vivenda e Solo358.301358.301

TOTAL36.938.29820.250.18557.188.483

ANEXO 2

Artigo 45

Módulos económicos de distribución de fondos

públicos para o sostemento de centros concertados

Ano 2007

Educación infantil:
(Ratio profesor/unidade: 1:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais26.453,47
Gastos variables3.664,24
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais4.315,59
Outros gastos5.810,87
Importe total anual40.244,17

Educación primaria:
(Ratio profesor/unidade: 1,36:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais35.976,73
Gastos variables4.896,70
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais5.869,24
Outros gastos810,87
Importe total anual52.553,54

Ano 2007

Educación especial (niveis obrigatorios e gratuítos):

I. Educación básica primaria:
(Ratio profesor/unidade: 1:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais26.453,47
Gastos variables.3.664,24
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais4.315,59
Outros gastos.6.198,30
Importe total anual40.631,60

Persoal complementario (logopedas, fisioterapeutas, axudantes técnicos educativos, psicólogo-pedagogo, traballador social, mestre especialidade de audición e linguaxe e coidador), segundo deficiencias:
Psíquicos19.509,84
Autistas ou problemas graves de personalidade15.825,49
Auditivos18.153,64
Plurideficientes22.530,61

II. Formación profesional: «Aprendizaxe de tarefas»:
(Ratio profesor/unidade: 2:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais52.906,92
Gastos variables4.807,79
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais8.631,18
Outros gastos8.742,84
Importe total anual75.088,73

Persoal complementario (logopedas, fisioterapeutas, axudantes técnicos educativos, psicólogo-pedagogo, traballador social, mestre especialidade de audición e linguaxe e coidador), segundo deficiencias:
Psíquicos31.150,16
Autistas ou problemas graves de personalidade27.861,85
Auditivos24.135,19
Plurideficientes34.638,60

Educación secundaria obrigatoria:

I. Primeiro ciclo:
(Ratio profesor/unidade: 1,52:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais40.209,24
Gastos variables4.471,06
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais9.161,13
Outros gastos7.554,.15
Importe total anual61.395,58

II. Segundo ciclo:
(Ratio profesor/unidade: 1,52:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais47.218,06
Gastos variables8.255,63
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais7.105,14
Outros gastos8.337,84
Importe total anual70.916,67

Ciclos formativos:
(Ratio profesor/unidade grao medio: 1,52:1)
(Ratio profesor/unidade grao superior: 1,52:1)

I. Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais:

Grupo 1. Ciclos formativos de grao medio de 1.300 a 1.700 horas:
Primeiro curso47.309,00
Segundo curso0

Grupo 2. Ciclos formativos de grao medio de 2.000 horas:
Primeiro curso47.309,90
Segundo curso47.309,90

Grupo 3. Ciclos formativos de grao superior de 1.300 a 1.700 horas:
Primeiro curso47.413,87
Segundo curso0

Grupo 4. Ciclos formativos de grao superior de 2.000 horas:
Primeiro curso47.413,87
Segundo curso47.413,87

II. Gastos variables:

Grupo 1. Ciclos formativos de grao medio de 1.300 a 1.700 horas:
Primeiro curso6.501,36
Segundo curso0

Grupo 2. Ciclos formativos de grao medio de 2.000 horas:
Primeiro curso6.501,36
Segundo curso6.501,36

Grupo 3. Ciclos formativos de grao superior de 1.300 a 1.700 horas:
Primeiro curso6.891,02
Segundo curso0

Grupo 4. Ciclos formativos de grao superior de 2.000 horas:
Primeiro curso6.891,02
Segundo curso6.891,02

III. Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

Ciclos formativos de grao medio7.105,14
Ciclos formativos de grao superior7.105,11

IV. Outros gastos:
Grupo 1. Ciclos formativos de:
Condución de actividades físico-deportivas no medio natural.
Pastelaría e panadaría.
Servizos de restaurante e bar.
Animación turística.
Estética persoal decorativa.

Ano 2007

Química ambiental.
Farmacia.
Hixiene bucodental.

Primeiro curso9.541,48
Segundo curso2.231,54

Grupo 2. Ciclos formativos de:
Xestión administrativa.
Secretariado.
Mergullo a media profundidade.
Laboratorio de imaxe.
Comercio.
Xestión comercial e marketing.
Servizos ao consumidor.
Axencias de viaxes.
Aloxamento.
Información e comercialización turísticas.
Elaboración de aceites e zumes.
Elaboración de produtos lácteos.
Elaboración de viño e outras bebidas.
Matadoiro e carnizaría-chacinaría.
Muiñaría e industrias cerealistas.
Panificación e repostaría.
Laboratorio.
Fabricación de produtos farmacéuticos e afíns.
Coidados auxiliares de enfermaría.
Documentación sanitaria.
Curtidos.
Patronaxe.
Procesos de ennobrecemento téxtil.

Primeiro curso11.601,17
Segundo curso2.231,54

Grupo 3. Ciclos formativos de:
Conservaría vexetal, cárnica e de peixe.
Transformación de madeira e cortiza.
Operacións de fabricación de produtos farmacéuticos.
Operacións de proceso e pasta de papel.
Operacións de proceso de planta química.
Operacións de transformación de plásticos e caucho.
Industrias de proceso de pasta e papel.
Industrias de proceso químico.
Plástico e caucho.
Operacións de ennobrecemento téxtil.

Primeiro curso13.807,03
Segundo curso2.231,54

Grupo 4. Ciclos formativos de:
Encadernados e manipulados de papel e cartón.
Impresión en artes gráficas.
Fundición.
Tratamentos superficiais e térmicos.
Fabricación industrial de carpintaría e moble.
Calzado e marroquinaría.
Produción de fiadura e teceduría de calada.
Produción de tecidos de punto.
Procesos de confección industrial.
Procesos téxtiles de fiadura e teceduría de calada.
Procesos téxtiles de teceduría de punto.
Operacións de fabricación de produtos cerámicos.
Operacións de fabricación de vidro e transformados.
Fabricación e transformación de produtos de vidro.

Primeiro curso15.974,32
Segundo curso2.231,54

Grupo 5. Ciclos formativos de:
Realización e plans de obra.
Asesoría de imaxe persoal.
Radioterapia.
Animación sociocultural.
Integración social.

Primeiro curso9.541,48
Segundo curso3.608,64

Grupo 6. Ciclos formativos de:
Operacións de cultivo acuícola.

Primeiro curso13.807,03
Segundo curso3.608,64

Grupo 7. Ciclos formativos de:
Explotacións gandeiras.
Xardinaría.
Traballos forestais e de conservación do medio natural.
Xestión e organización de empresas agropecuarias.
Xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos.
Administración e finanzas.
Pesca e transporte marítimo.
Navegación, pesca e transporte marítimo.
Produción de audiovisuais, radio e espectáculos.
Comercio internacional.
Xestión do transporte.
Obras de albanelaría.
Obras de formigón.
Operación e mantemento de maquinaria de construción.
Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción.
Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas.
Óptica de anteollaría.
Caracterización.
Perrucaría.
Estética.
Explotación de sistemas informáticos.
Administración de sistemas informáticos.
Desenvolvemento de aplicacións informáticas.

Ano 2007

Desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble.
Prevención de riscos profesionais.
Anatomía patolóxica e citoloxía.
Saúde ambiental.
Audiopróteses.
Dietética.
Imaxe para o diagnóstico.
Laboratorio de diagnóstico clínico.
Ortoprotésica.
Educación infantil.
Interpretación da lingua de signos.

Primeiro curso8.593,28
Segundo curso10.380,76

Grupo 8. Ciclos formativos de:
Explotacións agrarias extensivas.
Explotacións agrícolas intensivas.
Operación, control e mantemento de maquinaria e instalacións do buque.
Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque.
Equipos electrónicos de consumo.
Equipos e instalacións electrotécnicas.
Desenvolvemento de produtos electrónicos.
Instalacións electrotécnicas.
Sistemas de regulación e control automáticos.
Acabados de construción.
Cociña.
Restauración.
Mantemento de aviónica.
Análises e control.
Próteses dentais.

Primeiro curso10.583,79
Segundo curso12.080,98

Grupo 9. Ciclos formativos de:
Animación de actividades físicas e deportivas.
Deseño e produción editorial.
Produción en industrias de artes gráficas.
Imaxe.
Realización de audiovisuais e espectáculos.
Son.
Sistemas de telecomunicación e informáticos.
Desenvolvemento de proxectos mecánicos.
Produción por fundición e pulvimetalurxia.
Produción por mecanizado.
Fabricación a medida e instalación de madeira e moble.
Produción de madeira e moble.
Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor.
Desenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e de manutención.
Mantemento e montaxe de instalacións de edificios e procesos.
Carrozaría.
Electromecánica de vehículos.
Automoción.
Mantemento aeromecánico.

Primeiro curso12.448,42
Segundo curso13.811,29

Grupo 10. Ciclos formativos de:
Produción acuícola.
Preimpresión en artes gráficas.
Xoiaría.
Mecanizados.
Soldadura e caldeiraría.
Construcións metálicas.
Industria alimentaria.
Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas.
Mantemento ferroviario.
Mantemento de equipo industrial.
Desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicos.

Primeiro curso14.399,39
Segundo curso15.440,46

Programas de garantía social:
(Ratio profesor/unidade: 1,44:1)

I. Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais47.307,67
II. Gastos variables7.186,85
III. Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais6.813,70
IV. Outros gastos:

Grupo 17.240,75
Familias profesionais de:
Administración.
Comercio e marketing.
Hostalaría e turismo.
Imaxe persoal.
Sanidade.
Servizos socioculturais e á comunidade.

Grupo 28.278,36
Familias profesionais de:
Actividades agrarias.
Artes gráficas.
Comunicación, imaxe e son.
Edificación e obra civil.
Electricidade e electrónica.
Fabricación mecánica.
Industrias alimentarias.
Madeira e moble.
Mantemento de vehículos autopropulsados.
Mantemento e servizos á produción.
Téxtil, confección e pel.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA