DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 26 de decembro de 2006 Páx. 18.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2006 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas para o Programa de acción exterior.

Mediante Resolución do 31 de marzo de 2006 publicáronse as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o Programa de acción exterior (DOG núm. 69, do 7 de abril). As mencionadas bases teñen como obxectivo facilitar a internacionalización da empresa galega, poñendo ao seu alcance liñas de axudas que apoien a súa presenza no exterior.

Na súa base 20 establecen que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro das devanditas bases.

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 01.04.03/05/03.651700, 01.04.03/05/03.651800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Ins

tituto Galego de Promoción Económica para o Programa de acción exterior.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Nº EXPEDIENTENOME/RAZON SOCIALDATA

RESOLUCION

IMPORTE

SUBVENCIONABLE

(EUROS)

SUBVENCION

(EUROS)

AP014.2006.1.1GALLEGA DE ANIMACION, S.L.1-9-200630.000,006.000,00

AP016.2006.1.13ORFEGA, S.L.18-9-20066.006,003.003,00

AP016.2006.1.5ALUMINIO Y PERFILES METALICOS, S.L.18-9-200618.700,006.000,00

AP016.2006.1.14QUOBIS NETWORKS, S.L.U.9-10-20062.100,00945,00

AP016.2006.1.15QUOBIS NETWORKS, S.L.U.9-10-20063.300,001.650,00

AP014.2006.1.2COSTAS Y MIÑAN, S.L.9-10-20068.500,005.950,00

AP014.2006.1.3CONSERVAS DAPORTA, S.L.17-10-20068.500,006.000,00

AP015.2006.1.6MONTAJES ELECTRICOS GALICIA, S.L.17-10-200611.680,005.840,00

AP016.2006.1.28VOLVORETA, S.A.19-10-20068.550,004.275,00

AP015.2006.1.7ASOCIACIÓN DE PRODUCTORES MEJILLONEROS CABO DE CRUZ26-10-200612.000,009.000,00

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA