DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 26 de decembro de 2006 Páx. 18.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2006 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas para o programa Emprendedores que superen os 300.000 euros de gasto subvencionable.

Mediante Resolución do 13 de xullo de 2001 publicáronse as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o programa Emprendedores (DOG nº 142, do 23 de xullo). As mencionadas bases teñen como obxectivo prioritario favorecer a aparición de novos emprendedores e a xeración de novas iniciativas empresariais.

A base 18 destas bases establece que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas para aqueles proxectos que superen os 300.000 euros de gasto subvencionable.

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.02.12/01/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o programa Emprendedores que superen os 300.000 euros de gasto subvencionable.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Nº EXPEDIENTENOME/RAZON SOCIALDATA

RESOLUCION

IMPORTE

SUBVENCIONABLE

(EUROS)

SUBVENCION

(EUROS)

EMPREGO

QUE SE VAI

CREAR

AF010.2005.1.26DICOTOMIA AROMATICA, S.L. (EN CONSTITUCION)6-9-2006308.948,39100.857,441

AF010.2005.1.24BIOMASA FORESTAL, S.A. (EN CONSTITUCION)28-9-20063.481.242,861.346.662,294