DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 26 de decembro de 2006 Páx. 18.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2006 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas para o programa Emprendedores.

Mediante Resolución do 1 de marzo de 2006 publicáronse as novas bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o programa Emprendedores (DOG nº 49, do 10 de marzo de 2006). As mencionadas bases teñen como obxectivo prioritario fomentar a aparición de empresas promovidas por novos emprendedores e de novas iniciativas empresariais de carácter innovador.

Na súa base 15 establecen que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro destas bases.

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 01.02.12/01/01.656700, 01.02.12/02/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o programa Emprendedores.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Nº EXPEDIENTENOME/RAZON SOCIALDATA

RESOLUCION

IMPORTE

SUBVENCIONABLE

(EUROS)

SUBVENCION

(EUROS)

AF010.2006.1.18A CASA DO TILO, S.L. (EN CONSTITUCION)9-10-2006104.860,6928.312,39

AF010.2006.1.25CARRILLO Y LAGO, S.L. (EN CONSTITUCION)9-10-200695.459,0028.637,70

AF010.2006.1.22AUGAS DE RAICES, S.L.17-10-2006551.724,10159.999,99

AF010.2006.1.28NANOGAP SUB-NM-POWDER, S.A.26-10-2006189.960,0075.984,00

AF010.2006.1.29INDIGO TAICHI, S.L.26-10-2006131.023,0537.996,68

AF010.2006.1.19ATLANBLITO, S.L. (EN CONSTITUCION)26-10-2006500.066,15130.017,20