DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 26 de decembro de 2006 Páx. 18.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a iniciación do procedemento de extensión do convenio colectivo do sector do comercio de óptica ao retallo e talleres anexos da Comunidade de Madrid para os traballadores do mesmo sector da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cristóbal González Triñanes, en nome e representación do sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.), solicitou a extensión do convenio colectivo del sector de comercio de óptica ao retallo e talleres anexos da Comunidade de Madrid para 2004-2006 publicado no Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid nº 201, do 24 de agosto de 2004, aos traballadores do mesmo sector da Comunidade Autónoma de Galicia, e para os efectos do establecido no artigo 4.2º do Real decreto 718/2005, do 20 de xuño, polo que se aproba o procedemento de extensión de convenios colectivos, procédese a comunicar mediante o presente anuncio o inicio do procedemento de extensión do referido convenio, que se está a tramitar na Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo, sita no edificio administrativo de San Lázaro, onde pode ser examinado polos interesados no prazo de dez días a partir da publicación deste anuncio, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2006.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais