DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 21 de decembro de 2006 Páx. 18.596

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

DECRETO 231/2006, do 23 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria.

Os decretos 211/2005, do 3 de agosto e 232/2005, do día 11 do mesmo mes, fixaron, respectivamente, a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos departamentos desta, establecendo as secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría que son necesarios para o cumprimento dos fins que a nova estrutura comporta e adscribíndolles os organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

En desenvolvemento do disposto no artigo 6 do segundo decreto citado, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 552/2005, do 20 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, determinando o marco xurídico-administrativo en que a dita consellería debe realizar os seus cometidos e distribuíndo as funcións asignadas dun modo racional para así conferir a máxima eficacia no exercicio delas.

Sen embargo, o volume das competencias atribuídas á Secretaría Xeral e mais a carga de traballo derivada delas aconsella modificar a estrutura do dito órgano administrativo creando un novo servizo que desenvolva as funcións que ten encomendadas en materia de informática e dividindo en dous o Servizo de Réxime Orzamentario e de Persoal.

Por outra banda, procede suprimir as funcións atribuídas á Vicesecretaría Xeral en relación co Rexistro Xeral de Documentos e cos servizos de información, que son obxecto de regulación específica no Decreto 164/2005, do 16 de xuño, e asignar as competencias en materia de consumo e de artesanía á Secretaría Xeral e á Dirección Xeral de Comercio, respectivamente.

E, noutra orde de cousas, tamén resulta conveniente corrixir as deficiencias detectadas no referido decreto, establecendo expresamente que as resolucións ditadas no exercicio da tutela sobre as cámaras de Comercio, Industria e Navegación de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia esgotan a vía administrativa, contemplando a adscrición da Comisión Galega de Artesanía á Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Comercio e atribuíndo á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información o exercicio das facultades que corresponden á Xunta de Galicia como titular da marca de garantía Galicia calidade.

Por último, en prol dunha mellor sistemática e co fin de evitar a dispersión normativa, cómpre promulgar un novo decreto en que se estableza a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria e se recollan as modificacións sinaladas anteriormente, deixando para outra norma a distribución

da competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos.

A estrutura orgánica que aproba este decreto está amparada pola competencia exclusiva que os artigos 148.1.1º da Constitución española e 27.1º do Estatuto de autonomía de Galicia atribúen á Comunidade Autónoma galega para organizar as súas institucións de goberno e atende aos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación que, de conformidade co disposto no artigo 103.1º do texto fundamental, deben presidir a actuación administrativa.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria, tras o informe das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de novembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Título I

Organización xeral

Artigo 1º.-Ámbito competencial.

A Consellería de Innovación e Industria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións nos ámbitos da investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minas, artesanía, telecomunicacións e sociedade da información e do coñecemento, comercio interior e exterior, consumo, turismo e promoción do Camiño de Santiago e a súa valorización turística, así como a planificación, en colaboración coa consellería competente en materia de vivenda e solo, das infraestruturas dos servizos industriais do solo empresarial e residencial, de acordo co establecido na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia.

O exercicio das devanditas competencias realizarase sen prexuízo das que teñan atribuídas outras institucións ou departamentos da Xunta de Galicia nas mesmas materias, mediante o establecemento dos mecanismos de coordinación que, para estes efectos, resulten oportunos.

Artigo 2º.-Órganos directivos.

A Consellería de Innovación e Industria estrutúrase, para o desempeño das súas funcións, nos seguintes centros directivos:

1. A persoa titular da consellería.

2. A Secretaría Xeral.

3. A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

4. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

5. A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

6. A Dirección Xeral de Comercio.

7. A Dirección Xeral de Turismo.

8. As delegacións provinciais.

Título II

Servizos centrais

Capítulo I

Do/a titular da consellería

Artigo 3º.-A persoa titular da consellería.

A persoa titular da consellería é a superior autoridade dela e con tal carácter está investida das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e polo artigo 30 da Lei 7/2002, do 27 de decembro.

Capítulo II

Da Secretaría Xeral

Artigo 4º.-Atribucións.

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións en materia de consumo, así como as establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con todas as unidades e servizos da consellería e, en particular:

a) O asesoramento e coordinación de todos os servizos da consellería.

b) A emisión dos informes e a realización dos estudos técnicos e xurídicos que se lle soliciten en relación cos asuntos dos que coñeza a consellería ou os organismos autónomos adscritos a ela.

c) A preparación de métodos de organización interna e sistemas de información para a racionalización e mellora dos sistemas de traballo dos servizos da consellería.

d) A asesoría técnica, execución, proposta, coordinación e supervisión dos plans de informatización de todos os órganos da consellería e das unidades dependentes dela para automatizar, axilizar e mellorar o seu funcionamento.

e) A tramitación da remisión dos asuntos que deban someterse ao Consello da Xunta de Galicia ou ás súas comisións delegadas, así como a das disposicións e actos administrativos que deban publicarse no Diario Oficial de Galicia ou en calquera outro diario oficial.

f) A representación da consellería nos órganos colexiados que exerzan funcións relacionadas coas súas competencias.

g) A actuación como órgano de comunicación con outras consellerías en materias relacionadas coas súas funcións e competencias.

h) A substitución temporal das persoas titulares das direccións xerais da consellería nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade.

i) As demais que lle atribúa o ordenamento xurídico vixente e aqueloutras que lle sexan singular

ou especialmente encomendadas por delegación da persoa titular da consellería.

Artigo 5º.-Estrutura.

A Secretaría Xeral estrutúrase, para o exercicio das súas funcións e baixo a superior dirección da persoa titular dela, nas seguintes unidades:

1. A Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, que exercerá as seguintes funcións:

a) A ordenación, a xestión e máis a administración ordinaria de todos os asuntos relacionados co persoal da consellería, así como o seguimento e control do rexistro de persoal, sen prexuízo das atribucións que correspondan aos órganos competentes das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda.

b) A elaboración e tramitación do anteproxecto de orzamento da consellería, o control, seguimento e coordinación da execución económica e mais a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos afectados.

c) A xestión do Rexistro Xeral de Contratistas e mais a tramitación dos expedientes de contratación administrativa, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

d) A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

e) A organización, dirección e control do arquivo da consellería.

f) A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servizos da consellería, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos dela.

g) A atención e coidado do réxime interno das dependencias da consellería, así como a administración e conservación dos bens mobles e inmobles que ten adscritos.

h) Aqueloutras que lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral.

Da Vicesecretaría Xeral dependen as seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

1.1. Servizo de Persoal.

1.2. Servizo do Rexistro Xeral de Contratistas e Contratación.

1.3. Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria.

2. O Servizo Técnico-Xurídico, baixo a dependencia orgánica e funcional da persoa titular da Secretaría Xeral, que desenvolverá as seguintes funcións:

a) O estudo e tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións que elaboren os distintos centros directivos da consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas desta.

b) A elaboración das propostas de resolución dos recursos de alzada, de reposición e de revisión, das solicitudes de revisión de oficio, das reclamacións previas á vía civil e dos procedementos de responsabilidade patrimonial da Administración e a notificación, se é o caso, das súas resolucións.

c) O estudo, preparación e informe dos asuntos que se eleven ao Consello da Xunta de Galicia.

d) A asistencia á persoa titular da Secretaría Xeral para o estudo e preparación das reunións da Comisión de Secretarios Xerais.

e) A coordinación da publicación nos diarios oficiais das disposicións e actos administrativos dos distintos órganos da consellería que deban publicarse neles.

f) A elaboración dos estudos xurídicos, resolucións, informes e demais asuntos que, por razón da súa competencia, lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral.

g) O rexistro, arquivo e custodia das disposicións legais emanadas da consellería ou dos seus centros directivos.

h) O apoio á Asesoría Xurídica na tramitación dos recursos contencioso-administrativos e demais asuntos litixiosos nos que a consellería sexa parte interesada.

i) O desempeño das funcións que teña encomendadas a consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as que exerza o protectorado.

j) A coordinación das delegacións provinciais da consellería en materia técnico-xurídica.

k) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola Secretaría Xeral.

3. O Servizo de Informática. Baixo a dependencia orgánica e funcional da persoa titular da Secretaría Xeral e sen prexuízo das competencias que en materia de informática ten atribuídas a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, desenvolverá as seguintes funcións:

a) A administración dos sistemas informáticos e das redes de voz e datos, incluíndo a súa instalación, mantemento e actualización.

b) A atención aos usuarios e formación destes.

c) A proposta de novos desenvolvementos, planificación e execución deles e xestión e mantemento dos desenvolvementos en fase de explotación.

d) A definición e cumprimento das políticas de seguridade e protección de datos, velando polo cumprimento da normativa sobre tratamento de datos de carácter persoal, con especial referencia á implantación, revisión e auditoría dos documentos de seguridade exixibles no eido xeral da consellería.

e) A avaliación e coordinación das demandas de desenvolvemento informático das diversas unidades.

f) A selección dos materiais e produtos para implantar os cambios tecnolóxicos ao servizo das necesidades emerxentes.

g) A elaboración e mantemento do sitio web da consellería.

h) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola Secretaría Xeral.

4. A Asesoría Xurídica da consellería e mais a Intervención Delegada adscríbense organicamente á secretaría xeral con nivel de subdirección xeral. Estas unidades administrativas dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

Capítulo III

Das direccións xerais

Sección primeira

Das persoas titulares das direccións xerais

Artigo 6º.-Os/as directores/as xerais.

1. Os/as directores/as xerais son os titulares dos órganos directivos encargados da xestión dunha ou varias áreas funcionalmente homoxéneas da consellería. Para tal efecto, correspóndelles:

a) Propoñer os proxectos da súa dirección xeral para acadar os obxectivos establecidos polo conselleiro, dirixir a súa execución e controlar o seu cumprimento.

b) Exercer as competencias atribuídas á dirección xeral e as que lle sexan desconcentradas ou delegadas.

c) Propoñerlle á persoa titular da consellería, nos restantes casos, a resolución que consideren procedente sobre os asuntos que afecten ao órgano directivo.

d) Impulsar e supervisar as actividades que forman parte da xestión ordinaria do órgano directivo e velar polo bo funcionamento dos órganos e unidades dependentes e do persoal integrado neles.

e) Coordinar as actuacións das delegacións provinciais da consellería no ámbito da súa competencia para homoxeneizar o seu funcionamento e mais a interpretación e aplicación da normativa.

f) Xestionar os programas comunitarios, estatais e autonómicos residentes na dirección xeral.

g) Substituír temporalmente a persoa titular da Secretaría Xeral, seguindo a orde de prelación establecida neste decreto, nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade.

h) As demais atribucións que lle confiran as leis e regulamentos.

Sección segunda

Da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

Artigo 7º.-Atribucións.

Á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación correspóndelle a ordenación, planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias en materia de fomento da investigación que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido no artigo 27.19º do Estatuto de autonomía de Galicia, na Lei estatal 13/1986, do 14 de abril, de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica e na Lei galega 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico de Galicia; a elaboración, xestión, coordinación e control do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (en diante, PGIDIT); a presidencia do Consello de Administración da sociedade anónima Centro de Supercomputación de Galicia; a planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias e funcións da consellería nas materias de innovación tecnolóxica dos sectores industriais, de infraestruturas da calidade e

tecnolóxicas, de deseño industrial e de propiedade industrial e mais a xestión e utilización da rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia (Recetga), con capacidade para deseñar modificacións e ampliacións dela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Comunicación.

Artigo 8º.-Estrutura.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. A Subdirección Xeral de Xestión do PGIDIT, que exercerá a Secretaría Xeral do devandito plan e terá atribuídas as seguintes funcións:

a) A coordinación dos recursos de investigación, a planificación dos asuntos relacionados coa consecución da calidade total no sistema ciencia-tecnoloxía-sociedade e mais o desenvolvemento dos servizos comúns de apoio á comunidade científica.

b) A xestión administrativa e económica da dirección xeral e, en xeral, a correspondente aos distintos programas do PGIDIT.

c) O apoio aos órganos previstos na Lei de fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.

d) A asistencia á Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

e) A realización do seguimento do actual PGIDIT e dos traballos previos necesarios para elaborar o seguinte plan.

f) O coñecemento da situación das investigacións e programas e dos proxectos nos que participan os centros e institucións de Galicia.

g) A elaboración dos anteproxectos derivados do contido da Lei de fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico de Galicia e do PGIDIT, así como a proposta de financiamento e a valoración económica do plan.

h) O rexistro de centros e institucións de investigación e investigadores.

i) A xestión de iniciativas e recursos comunitarios de I+D+i.

j) A elaboración de propostas e, se é o caso, a execución de plans específicos de apoio á formación e actualización de investigadores e tecnólogos.

k) O fomento e a coordinación das actuacións destinadas á dotación de infraestruturas científico-técnicas e de material bibliográfico de apoio á investigación de Galicia.

l) As relacións cos órganos nacionais e internacionais de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

m) O desempeño das accións precisas para a difusión de coñecementos, sensibilización social, información e promoción da ciencia e a tecnoloxía.

n) A elaboración dos anteproxectos de disposicións e das propostas de resolucións administrativas no seu ámbito competencial.

o) A xestión do rexistro da dirección xeral.

Para o desenvolvemento destas funcións contará coas seguintes unidades:

1.1. Servizo de Xestión Administrativa e Económica do PGIDIT.

2. A Subdirección Xeral de Innovación Empresarial, que exercerá as seguintes funcións:

A. En materia de innovación:

a) A elaboración, proposta, coordinación, execución e control dos programas destinados a fomentar o desenvolvemento de tecnoloxías propias e da innovación empresarial en xeral.

b) A proposta da normativa relativa ao desenvolvemento tecnolóxico dos programas industriais.

c) A creación e consolidación dunha eficiente infraestrutura tecnolóxica, planificando e coordinando o funcionamento dos centros tecnolóxicos e intitucións de innovación dependentes da dirección xeral.

d) O fomento dos vínculos de relación entre as empresas e as entidades ofertantes de tecnoloxía.

e) A actuación como órgano de relación e participación cos organismos, centros, entidades e institucións públicas e privadas de calquera índole, en materia de innovación.

f) A elaboración, programación, realización, seguimento e difusión de estudos e estatísticas en materia de innovación e desenvolvemento tecnolóxico.

g) A elaboración dos anteproxectos derivados do contido da Lei de fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico de Galicia e do PGIDIT, en materia de innovación.

h) A planificación da creación e mais a realización do seguimento dos centros tecnolóxicos.

i) O apoio á creación de novas empresas (spin off).

j) A xestión de iniciativas e recursos comunitarios de innovación.

k) A elaboración de propostas e, se é o caso, a execución de plans específicos de apoio á formación e actualización dos xestores da innovación.

l) As relacións cos órganos nacionais e internacionais de innovación.

m) A elaboración dos anteproxectos de disposicións e das propostas de resolucións administrativas no seu ámbito competencial.

B. En materia de deseño industrial:

a) A proposta da normativa relativa ao deseño industrial.

b) A elaboración, proposta, coordinación, execución e control de programas de actuación encamiñados ao desenvolvemento do deseño industrial.

c) A creación e consolidación de infraestruturas públicas para o desenvolvemento do deseño industrial.

d) A elaboración, proposta, coordinación, execución e control dos plans de sensibilización, divulgación e formación en materia de deseño industrial.

e) A programación, realización, seguimento e difusión de estudos e estatísticas en materia de deseño industrial.

f) A actuación como órgano de relación, participación e colaboración cos organismos, centros, entidades e institucións públicas e privadas de calquera índole, en materia de deseño industrial.

C. En materia de propiedade industrial:

a) A elaboración, proposta, execución e control de programas de actuación en materia de vixilancia tecnolóxica e propiedade industrial e a xestión das funcións derivadas de acordos coa Oficina Española de Patentes e Marcas.

b) A proposta da normativa relativa á propiedade industrial.

c) A actuación como órgano de relación e participación con organismos, centros, entidades e institucións públicas e privadas, de calquera índole, en materia de patentes e marcas.

d) A elaboración, programación, execución, seguimento e difusión de estudos e estatísticas e sensibilización en materia de propiedade industrial.

Para o desenvolvemento destas funcións contará coas seguintes unidades:

2.1. Servizo de Apoio á Innovación Empresarial.

2.2. Servizo de Xestión Técnica.

2.3. Servizo Galego de Propiedade Industrial e Vixilancia Tecnolóxica.

Sección terceira

Da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas

Artigo 9º.-Atribucións.

Á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas correspóndelle a planificación, coordinación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de industria, seguridade industrial, solo industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía e minas.

Artigo 10º.-Estrutura.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. A Subdirección Xeral de Administración Industrial, que exercerá as seguintes funcións:

a) A proposta de normativa relativa á industria, establecementos, equipamentos, aparellos e produtos industriais e de vehículos de motor e fraudes na subministración de auga, gas e electricidade.

b) A planificación, coordinación, execución e control das actuacións relativas á instalación, ampliación e traslado de industrias, á seguridade dos establecementos, equipamentos, aparellos e produtos industriais e de vehículos de motor, así como o contraste de metais preciosos.

c) A coordinación e seguimento de actuacións das entidades de inspección e control regulamentario na aplicación das regulamentacións técnicas e normas de seguridade industrial.

d) A dirección e seguimento de todas as actuacións relativas á inspección técnica de vehículos.

e) A coordinación, execución, se é o caso, e control das actuacións relativas á subministración e distribución de produtos petrolíferos e de consumo de enerxía e auga.

f) A xestión dos rexistros de establecementos industriais, de instalacións de venda polo miúdo de gasolinas e gasóleos de automoción, de instalacións de riscos especiais, radiactivos e químicos e demais rexistros especiais que sexan da súa competencia.

g) A elaboración, de forma coordinada coa consellería competente en materia de vivenda e solo, de plans, propostas e informes en relación coa creación e dotación de solo industrial, así como o desenvolvemento e execución de actuacións de modernización e dotación de servizos avanzados no solo empresarial e residencial.

h) A elaboración, programación, execución, seguimento e difusión de estudos e estatísticas en materia de industria.

i) A actuación como órgano de relación, participación e colaboración cos organismos, entidades e institucións públicas e privadas de calquera índole, relacionados con materias da súa competencia.

j) A avaliación e tramitación das licenzas, autorizacións e permisos relativos ás instalacións radiactivas de segunda e terceira categorías e raios X con fins de diagnóstico médico, así como a xestión dos rexistros das devanditas instalacións.

k) A planificación, coordinación, execución e control das actuacións relativas a metroloxía legal, autorizacións de entidades públicas e privadas, desenvolvemento de actividades de vixilancia e inspección e xestión do rexistro de control metrolóxico.

l) A xestión da Oficina de Tramitación Única de Industrias, creada polo Decreto 223/1998, do 24 de xullo.

Contará para isto coas seguintes unidades:

1.1. Servizo de Administración Industrial.

1.2. Servizo de Seguridade Industrial.

1.3. Servizo de Metroloxía e Laboratorios Oficiais.

2. A Subdirección Xeral de Enerxía, que desempeñará as seguintes funcións:

a) A proposta da normativa relativa ao réxime enerxético, á produción, transporte e distribución de enerxía e ás pólizas de abono, tarifas e dereitos de conexión.

b) A elaboración, proposta e execución dos plans e proxectos enerxéticos.

c) A elaboración, proposta e execución e apoio dos plans e proxectos nas áreas de aforro enerxético e enerxías renovables.

d) A elaboración, proposta e execución de programas para a mellora da infraestrutura e da calidade da subministración de enerxía eléctrica, de gas natural e de produtos petrolíferos.

e) A xestión de autorizacións e rexistro de instalacións.

f) A realización de estudos e estatísticas enerxéticas.

g) A cooperación e coordinación de actuacións co Instituto Enerxético de Galicia.

Contará coas seguintes unidades:

2.1. Servizo de Infraestruturas Enerxéticas.

2.2. Servizo de Enerxías Renovables.

3. A Subdirección Xeral de Recursos Minerais, que exercerá as seguintes funcións:

a) A dirección, coordinación e o control da execución da normativa relativa ao réxime mineiro,

seguridade e policía mineira e utilización de explosivos, así como o seu desenvolvemento lexislativo.

b) As funcións comprendidas no ámbito de aplicación da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) A planificación e dirección da política mineira.

d) A elaboración e seguimento de propostas e programas conducentes ao apoio do sector mineiro, á racionalización do aproveitamento dos recursos minerais e ao impulso dunha axeitada infraestrutura de apoio mineiro e do desenvolvemento tecnolóxico-mineiro.

e) A coordinación dos rexistros mineiros.

f) A realización, programación e seguimento de estudos técnicos e estatísticos en materia de minaría.

g) A elaboración, proposta, desenvolvemento, execución e control de programas dirixidos a fomentar a investigación mineira aplicada, ao desenvolvemento e innovación da minaría e ao funcionamento dunha eficiente infraestrutura tecnolóxica.

h) A xestión do rexistro de establecementos balnearios e fomento dos aproveitamentos de augas nestes establecementos. Para tal efecto impulsará e coordinará os expedientes relativos a autorizacións industriais e sanitarias e de outorgamento de axudas dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, asumindo as funcións do portelo único para establecementos balnearios e explotacións de augas minerais, termais e de manancial.

i) A tutela, promoción e impulso da Cámara Oficial Mineira de Galicia. As resolucións que a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas adopte no exercicio da tutela sobre a devandita corporación esgotarán a vía administrativa.

Contará coa seguinte unidade:

3.1. Servizo de Xestión Mineira.

Sección cuarta

Da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información

Artigo 11º.-Atribucións.

Á Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información correspóndelle a planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias e funcións da consellería en materia de sociedade da información e do coñecemento, das telecomunicacións, da promoción industrial, dos programas e accións de estruturación sectorial, de calidade, de innovación na xestión e excelencia empresarial e de internacionalización e comercio exterior, así como a representación da Xunta de Galicia ante outros organismos autonómicos, estatais ou internacionais no ámbito das relacións de cooperación nas materias da súa competencia.

Artigo 12º.-Estrutura.

A Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. A Subdirección Xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior, que exercerá as seguintes funcións:

A. En materia de promoción industrial e estruturación sectorial:

a) A elaboración, proposta, execución e control dos plans de desenvolvemento sectorial, relativos tanto á estruturación dos conglomerados ou clusters industriais existentes como á creación doutros novos en sectores emerxentes.

b) A elaboración, proposta, desenvolvemento, execución e control de programas encamiñados a fomentar tanto a cooperación e coordinación de clusters e conglomerados industriais, como o asociacionismo e toda modalidade de fórmulas de colaboración entre sectores para obter melloras na súa produtividade.

c) O fomento e promoción das relacións entre empresas, tanto de tipo vertical como horizontal, con especial atención ao contorno das pequenas e medianas empresas.

d) O fomento e promoción dos servizos de apoio ás empresas no seu desenvolvemento competitivo.

e) A promoción directa ou indirecta, en sectores ou áreas de actividades deficientemente dimensionadas, dun adecuado dimensionamento competitivo que racionalice o sector e as estruturas das empresas.

f) A programación, elaboración, execución, seguimento e difusión de estudos e estatísticas sobre a estrutura e características competitivas dos diferentes sectores, así como da cooperación entre empresas de Galicia.

g) A promoción da xeración de actividade produtiva mediante o apoio á creación de novas empresas, agás as cualificadas como spin-off.

h) A planificación e coordinación de actuacións encamiñadas ao desenvolvemento e localización de empresas en Galicia e a desenvolver na comunidade autónoma os seus sectores produtivos.

B. En materia de excelencia e calidade empresarial:

a) A proposta da normativa relativa á normalización, certificación, calidade e innovación na xestión empresarial.

b) A elaboración, proposta, coordinación, execución e control dos programas de actuación en materia de excelencia, calidade e mellora da produtividade empresarial.

c) A promoción das actividades de normalización e certificación de empresas e de produtos e/ou servizos.

d) A elaboración, proposta, coordinación, execución e control dos plans de sensibilización, divulgación e formación en materia de calidade empresarial.

e) A elaboración, proposta, coordinación, execución, control e difusión de actuacións encamiñadas a deseñar novos instrumentos de mellora da xestión e excelencia empresarial.

f) O desenvolvemento de plans de mellora empresarial a través da utilización de instrumentos para a xestión integral da calidade, da ética ou responsabilidade social corporativa, da seguridade, da prevención de riscos laborais e doutros modelos de xestión sectoriais.

g) A planificación e desenvolvemento das actividades de observación en Galicia en materia de calidade, como órgano oficial de referencia dos diferentes sectores económicos.

h) O fomento do desenvolvemento de plans de formación xerencial integrada co fin de impulsar a excelencia empresarial.

i) A coordinación das infraestruturas de apoio á calidade.

j) A actuación como órgano de representación de Xunta de Galicia na relación, participación e colaboración cos organismos, centros, entidades e institucións públicas e privadas de calquera índole, relacionados coa excelencia, calidade, certificación e normalización empresarial.

k) A programación, realización, seguimento e difusión de estudos e estatísticas en materia de excelencia e calidade empresarial.

C. En materia de internacionalización e comercio exterior:

a) A planificación, programación e execución das actuacións destinadas a un mellor coñecemento e fomento dos produtos e servizos de empresas galegas no mercado exterior.

b) A promoción e desenvolvemento do comercio exterior das empresas galegas.

c) A cooperación comercial e a colaboración con outros organismos e institucións na formulación e desenvolvemento dos programas de apoio á internacionalización e /ou exportación.

d) Apoio á formación de expertos en comercio exterior.

e) Apoio á cooperación interempresarial a través de consorcios ou outras formas posibles de colaboración, en materia de comercio exterior.

f) A promoción dos acordos de colaboración entre empresas galegas e estranxeiras.

g) O deseño e implantación de plans para a mellora da competitividade, xunto cos instrumentos de financiamento acaídos para o desenvolvemento de proxectos de internacionalización.

h) A actuación como órgano de representación da Xunta de Galicia na relación, participación e colaboración cos organismos, centros, entidades e institucións públicas e privadas de calquera índole relacionados coa internacionalización.

i) O exercicio das facultades que corresponden á Xunta de Galicia como titular da marca de garantía Galicia calidade, directamente ou a través da sociedade anónima Galicia Calidade, S.A.

Contará coas seguintes unidades:

1.1. Servizo de Xestión e Cooperación Empresarial.

1.2. Servizo de Internacionalización e Comercio Exterior.

2. A Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, que desempeñará as seguintes funcións:

a) A proposta da normativa e a planificación relativa ao exercicio das competencias da Xunta de Galicia en materia de sociedade da información e do coñecemento e das telecomunicacións.

b) O control do cumprimento das obrigas de servizo público dos prestadores de servizos e redes de telecomunicacións que, de acordo coa normativa aplicable, lle correspondan á Xunta de Galicia.

c) A vixilancia do cumprimento, no ámbito da Comunidede Autónoma galega, da normativa estatal en materia de protección de datos de carácter persoal, sociedade da información e do coñecemento e telecomunicacións.

d) A proposta, elaboracion e control da normativa sobre os servizos da sociedade da información en materia de seguridade, relativa a servizos de sinatura electrónica, autoridades de certificación, rexistro e comercio electrónico, sen menoscabo das competencias que para tal efecto teña atribuídas a Dirección Xeral de Comercio.

e) A elaboración, proposta, coordinación, execución e control de programas destinados a promover e fomentar a implantación da sociedade da información e a achega das tecnoloxías da información e das telecomunicacións a todos os ámbitos da actividade económica e social da Comunidade Autónoma galega.

f) A elaboración, xestión e seguimento de programas para o desenvolvemento das telecomunicacións e da sociedade da información, correspondentes a fondos europeos.

g) A planificación, xestión e seguimento das accións no ámbito da sociedade da información e do coñecemento e a súa promoción no conxunto da sociedade galega, así como a coordinación e seguimento das actuacións de calquera organismo da Xunta de Galicia que, no exercicio das súas competencias específicas, teña incidencia no ámbito do desenvolvemento das infraestruturas de telecomu

nicacións e da sociedade da información e do coñecemento.

h) A elaboración, xestión e seguimento dos programas e accions estratéxicas do PGIDIT referidos ao fomento da sociedade da información, así como a definición e xestión coordinada desta política cos correspondentes programas estatais e internacionais nesta materia.

i) A elaboración e xestión de iniciativas de fomento para a creación e o desenvolvemento de empresas no sector das tecnoloxías da información e das comunicaciones (sector TIC).

j) A elaboración, promoción e coordinación de programas de formación de profesionais das tecnoloxías da información e das comunicacións (profesionais TIC).

k) O deseño das condicións que favorezan o desenvolvemento e a localización en Galicia de empresas de tecnoloxías de información e das comunicacións.

l) A actuación como órgano de coordinación e participación dos organismos, centros, entidades e institucións públicas e privadas, de calquera índole, en materia de sociedade da información e do coñecemento e as telecomunicacións no ámbito competencial da Xunta de Galicia.

m) A planificación e o desenvolvemento de actividades de observatorio TIC, no ámbito de Galicia, para o seguimento dos indicadores das medidas que nesta materia ten atribuídas a dirección xeral.

n) A preparación dos asuntos que deban ser tratados na Comisión Interdepartamental para a Sociedade da Información e o Coñecemento.

o) A prestación de asesoramento e apoio técnico aos departamentos que o requerisen para o desenvolvemento dos proxectos que executen no ámbito das súas competencias relativos á sociedade da información.

p) As demais que a lexislación vixente en cada momento atribúa á consellería nos sectores de telecomunicacións e sociedade da información.

Contará para iso coa seguinte unidade:

1.1. Servizo de Desenvolvemento da Sociedade da Información.

Sección quinta

Da Dirección Xeral de Comercio

Artigo 13º.-Atribucións.

Á Dirección Xeral de Comercio correspóndelle a planificación, coordinación e control das competencias da consellería en materia de comercio interior e artesanía; a planificación e desenvolvemento das estruturas comerciais, feiras, mercados e lonxas, agás as pesqueiras en primeira venda; a tutela e coordinación das actividades das cámaras oficiais de Comercio, Industria e Navegación e máis a intervención en materia de prezos sobre os que deba pronunciarse a Comisión de Prezos de Galicia.

Artigo 14º.-Estrutura.

A Dirección Xeral de Comercio estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. A Subdirección Xeral de Comercio, que exercerá as seguintes funcións:

A. En materia de comercio:

a) A proposta da normativa relativa ao comercio interior e ás cámaras oficiais de Comercio, Industria e Navegación.

b) A comprobación e vixiancia do cumprimento da normativa vixente en materia de comercio.

c) A promoción, fomento, modernización e desenvolvemento do comercio e a programación e xestión de axudas destinadas a estes fins.

d) A reforma, coordinación e mellora das estruturas e dos procesos de distribución comercial.

e) A formación e asistencia técnica aos suxeitos da actividade comercial.

f) A asistencia aos concellos en materia de establecementos e espazos comerciais.

g) A planificación, programación e execución de actuacións destinadas a un maior coñecemento dos produtos galegos no mercado interior.

h) A planificación, programación e dirección das actuacións orientadas á promoción comercial de determinados sectores da economía galega que se consideren especialmente importantes para a comunidade autónoma.

i) O fomento de proxectos de cooperación económica entre empresas do sector, o impulso do asociacionismo comercial e a asistencia técnica comercial en colaboración con outras institucións e entidades.

j) A tramitación, información e elaboración de propostas de resolución dos expedientes en materia de grandes establecementos comerciais.

k) A coordinación, tutela, promoción e impulso da actividade das cámaras oficiais de Comercio, Industria e Navegación da Comunidade Autónoma de Galicia. As resolucións que a Dirección Xeral de Comercio adopte no exercicio da tutela sobre as devanditas corporacións esgotarán a vía administrativa.

B. En materia de actividades feirais:

a) A proposta da normativa en materia de actividades feirais.

b) A dirección, coordinación, execución e control dos programas de actuación en materia de actividades feirais.

c) A execución da normativa relativa ás feiras internacionais.

d) A coordinación e apoio técnico da participación institucional da comunidade autónoma en feiras, exposicións e certames.

C. En materia de prezos:

a) A elaboración, proposta, coordinación, execución e control de programas de actuación encamiñados á execución da política autonómica en materia de intervención de prezos.

b) A tramitación, información e elaboración de propostas de resolución dos expedientes en materia de prezos que deban someterse á Comisión de Prezos de Galicia.

D. En materia de artesanía:

a) A proposta da normativa relativa á artesanía.

b) A elaboración, execución e seguimento de estudos e programas de actuación dirixidos á ordenación, promoción e desenvolvemento do sector artesán.

c) A elaboración, programación, execución, seguimento e difusión de estudos e estatísticas en materia de artesanía.

d) A xestión do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

e) A actuación como órgano de relación, participación e colaboración cos organismos, centros, entidades e institucións públicas e privadas de calquera índole, en materia de artesanía e, en particular, da Comisión Galega de Artesanía.

Contará para isto coas seguintes unidades:

1.1 Servizo de Ordenación.

1.2. Servizo de Promoción Comercial.

Sección sexta

Da Dirección Xeral de Turismo

Artigo 15º.-Atribucións.

Á Dirección Xeral de Turismo correspóndelle a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de turismo, así como a promoción do Camiño de Santiago e a súa valorización turística.

Artigo 16º.-Estrutura.

A Dirección Xeral de Turismo estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. A Subdirección Xeral de Ordenación do Turismo, que exercerá as seguintes funcións:

a) A ordenación do sector turístico, con proposta da normativa reguladora das empresas e actividades turísticas.

b) A tramitación dos expedientes administrativos relacionados con empresas e actividades turísticas.

c) A comprobación e vixilancia do cumprimento das disposicións legais en materia de turismo.

d) A coordinación do labor de inspección nos servizos centrais e provinciais.

Para o desenvolvemento destas funcións contará coas seguintes unidades:

1.1. Servizo de Ordenación do Turismo.

1.2. Servizo de Inspección do Turismo.

2. A Subdirección Xeral de Fomento e Cooperación, que desempeñará as seguintes funcións:

a) A planificación e execución da política de fomento do turismo mediante investimentos directos e axudas ou estímulos a entidades, corporacións e sector privado, sen prexuízo das competencias doutros órganos.

b) A explotación dos recursos turísticos de Galicia, directamente ou a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia, S.A.), mediante a promoción, a publicidade e as relacións públicas, tanto no interior de Galicia como no resto de España e no exterior, sen prexuízo das competencias da Administración central do Estado.

c) A aplicación dos mecanismos necesarios para mellorar as estruturas e os fundamentos da formación profesional turística.

d) A instauración de canles efectivos de comunicación con outros organismos locais, provinciais e da Administración central e outras administracións, así como no sector privado.

e) A información sobre proxectos con incidencia especial nos espazos turísticos de Galicia.

f) A coordinación da participación da comunidade autónoma nas exposicións universais.

g) A dirección e coordinación das actuacións da consellería relacionadas coa promoción do Camiño de Santiago e a súa valorización turística, directamente ou a través da sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo e o exercicio das seguintes funcións, sen prexuízo das competencias da Consellería de Cultura:

-A promoción turística do Camiño de Santiago, incluídas as actividades de animación.

-A xestión da imaxe corporativa do Xacobeo e de todo o que redunde na promoción do Camiño de Santiago, así como a elaboración e publicación de estatísticas sobre o Camiño de Santiago.

-A xestión da rede de albergues e do complexo do Monte do Gozo.

-A promoción da artesanía e do deseño relacionados co Camiño de Santiago.

Para o desenvolvemento destas funcións contará coas seguintes unidades:

2.1. Servizo de Investimentos e Supervisión Técnico-Turística.

2.2. Servizo de Fomento e Promoción.

2.3. Servizo de Formación, Cooperación Institucional e Documentación.

Título III

Das delegacións provinciais

Artigo 17º.-Atribucións.

1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería de Innovación e Industria estrutúrase en catro delegacións provinciais, que desenvolven as súas funcións no ámbito territorial correspondente a cada unha das provincias da comunidade autónoma.

A Delegación Provincial de Pontevedra ten unha oficina en Vigo, á fronte da cal existe unha unidade con nivel orgánico de servizo.

2. Á fronte de cada delegación provincial existirá un delegado ou unha delegada provincial do/da que dependerán todos os servizos, unidades ou centros da consellería de carácter territorial que se atopen no ámbito territorial da súa competencia.

As delegacións provinciais dependen, orgánica e funcionalmente, da persoa titular da consellería, sen prexuízo das directrices que, na orde funcional, poidan emanar da Secretaría Xeral e das direccións xerais.

3. As delegacións provinciais exercerán, nos seus respectivos ámbitos territoriais, as competencias establecidas no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e as derivadas da desconcentración de competencias efectuada en virtude dos decretos 87 e 88/1990, ambos os dous do 15 de febreiro, así como calquera outra competencia ou atribución que a lexislación vixente lles confira ou todas aquelas funcións que lles asigne a persoa titular da consellería.

Artigo 18º.-Estrutura.

1. As delegacións provinciais, para o exercicio das súas funcións, contarán coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

-Secretaría. Baixo a autoridade e supervisión do delegado ou delegada, correspóndelle o exercicio das funcións relativas ao réxime interior, á tramitación administrativa, á xestión de persoal, á información ao público, á elaboración do anteproxecto de orzamentos da delegación, á administración, control contable e xustificación dos créditos que se lle asignen e máis á elaboración de estatísticas. Así mesmo, prestará asesoramento e asistencia técnica ao delegado ou delegada provincial, a quen substituirá temporalmente nas súas funcións nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade.

-Servizo de Administración Industrial.

-Servizo de Enerxía e Minas.

-Servizo de Turismo.

2. As xefaturas de servizo das delegacións provinciais dependerán funcionalmente das direccións xerais da Consellería de Innovación e Industria dentro do ámbito das atribucións que correspondan a cada centro directivo, sen prexuízo da coordinación

xeral que exerza o delegado ou a delegada, do/da que dependerán organicamente.

A Secretaría Xeral poderá ditar instrucións sobre as materias de ámbito horizontal da consellería, para a debida coordinación dos distintos servizos das delegacións e un axeitado seguimento na execución orzamentaria.

Título IV

Dos organismos autónomos e entes de dereito

público

Artigo 19º.-Organismos autónomos, entes de dereito público e demais órganos adscritos á Consellería de Innovación e Industria.

1. Quedan adscritos á Consellería de Innovación e Industria, sen prexuízo da súa personalidade xurídica propia:

a) O Instituto Galego de Consumo, como organismo de carácter administrativo, creado pola Lei 8/1994, do 30 de decembro.

b) O Instituto Enerxético de Galicia, como ente de dereito público, creado pola Lei 3/1999, do 11 de marzo.

2. Así mesmo, quedan adscritos á Consellería de Innovación e Industria:

a) O Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos, a través da Subdirección Xeral de Administración Industrial da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

b) A Comisión de Prezos de Galicia e a Comisión Consultiva de Equipamentos Comerciais, a través da Subdirección Xeral de Comercio da Dirección Xeral de Comercio.

c) O Consello Galego de Consumidores e Usuarios e o Laboratorio de Consumo de Galicia, a través do Instituto Galego de Consumo.

d) A Comisión Galega de Artesanía, a través da Subdirección Xeral de Comercio da Dirección Xeral de Comercio.

e) A Comisión Interdepartamental para a Sociedade da Información e o Coñecemento, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.

f) O Consello Galego de Turismo, a través da Dirección Xeral de Turismo.

g) A Real Acadenia Galega de Ciencias, a través da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Disposicións adicionais

Primeira.-O exercicio das competencias que este decreto lles outorga aos distintos órganos da Consellería de Innovación e Industria nas materias de estatística e de fomento e promoción económica entenderase sen prexuízo das atribuídas ao Instituto Galego de Estatística e ao Instituto Galego de Promoción Económica, respectivamente.

Segunda.

1. As referencias que a normativa vixente en materia de investigación e desenvolvemento realiza á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento entenderanse efectuadas á Consellería de Innovación e Industria e á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, respectivamente.

2. As referencias que a normativa vixente nas demais materias recollidas no artigo 1º deste decreto realiza aos órganos competentes nelas entenderanse efectuadas aos correspondentes da Consellería de Innovación e Industria.

Terceira.-O artigo 6 do Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, queda redactado nos seguintes termos:

«a) A Consellería de Innovación e Industria estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

3. Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

4. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

5. Dirección Xeral de Comercio.

6. Dirección Xeral de Turismo.

b) Quedan adcritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

2. O ente público Instituto Enerxético de Galicia».

Disposición transitoria

Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido das subdireccións ou servizos existentes con anterioridade, autorízase a persoa titular da Consellería de Innovación e Industria, por proposta da Secretaría Xeral, a readscribir o persoal afectado a postos do mesmo ou inferior nivel, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilos con carácter temporal, sempre que non exista posto de igual nivel, a outros de inferior nivel se se tratase de postos de provisión por concurso ata que, neste último caso, os ditos postos sexan cubertos na forma establecida regulamentariamente sen que, en ningún caso, supoña a readscrición ou adscrición cambio de residencia.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 552/2005, do 20 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos e todas aquelas

disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a persoa titular da Consellería de Innovación e Industria para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, a efectividade da creación do Servizo de Informática queda diferida ata a entrada en vigor da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007.

Santiago de Compostela, vinte e tres de novembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria