DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 20 de decembro de 2006 Páx. 18.449

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 14 de decembro de 2006 pola que se dispón o cesamento por petición propia de membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe sobre todos os ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na comunidade autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.

A Orde do 11 de xullo de 1996, pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité se axustará ao establecido no Decreto 32/1996, e que os seus membros se nomearán por orde da conselleira de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confiren o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro; a Orde do 11 de xullo de 1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios do Servizo Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Cesa, por petición propia, como membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, a persoa que se cita no anexo da presente disposición, que ata a data desenvolvía o cargo de secretario do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 10 de outubro de 2006 pola que cesa o membro do Comité Ético de Instigación Clínica de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 216, do 9 de novembro de 2006).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2006.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Persoa que cesa por petición propia como membro do CEIC de Galicia:-Manuel Portela Romero. Médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria da Xerencia de Atención Primaria de Santiago, que ata a data desempeñaba o cargo de secretario do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.