DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 13 de decembro de 2006 Páx. 18.139

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 4 de decembro de 2006 pola que se determina ampliar o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2006 ao abeiro do Decreto 234/2003, do 3 de abril, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos.

O Decreto 234/2003, do 3 de abril, constitúe o marco normativo polo que se regula a concesión de

subvencións para a rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos.

O seu artigo 4º dispón que estas axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que cuantificarán as dispoñibilidades orzamentarias que poidan consignarse en cada exercicio económico.

A súa disposición derradeira primeira faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para ditar, no marco das súas competencias, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do referido decreto.

O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, crea a Consellería de Vivenda e Solo, e o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, na súa disposición adicional sétima establece que as referencias contidas na normativa reguladora do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, en canto ao conselleiro e a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, deberán entenderse referidas á conselleira e á Consellería de Vivenda e Solo.

A Orde do 21 de marzo de 2006 determina o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2006 ao abeiro de Decreto 234/2003, do 3 de abril, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos.

A presente orde, á vista das necesidades consideradas e de que existe crédito dispoñible, amplía o importe máximo destas axudas.

En uso da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos do disposto no artigo 4º do Decreto 234/2003, do 3 de abril, e para dar cobertura a todos os expedientes que acaden no presente exercicio a fase de concesión, determínase:

1. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, onde figuran os créditos con cargo aos que serán atendidas as axudas do Decreto 234/2003, é a 17.02.331A.783.1

2. O importe máximo destas axudas que se poderán outorgar dentro do exercicio orzamentario de 2006, cifrado en 2.000.000 euros pola Orde do 21 de marzo de 2006, amplíase en 1.011.219 euros.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2006.

María Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA