DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 07 de decembro de 2006 Páx. 17.952

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de novembro de 2006 pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa para o profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos, convocados pola Orde do 22 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño).

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 22 de maio de 2006 (DOG do 1 de xuño), convocou premios dentro do marco do impulso á innovación educativa nos niveis non universitarios e do recoñecemento do traballo realizado polo profesorado que, individual ou colectivamente, está a levar adiante prácticas educativas innovadoras.

Cumprida a tramitación prevista na orde de convocatoria e de conformidade co seu artigo 2 onde se establece que os premios poderán ser declarados desertos

e que, por acordo motivado do xurado, se poderá redistribuír a contía dos premios declarados desertos nalgunha das categorías, a comisión de selección acorda elevar a proposta á conselleira para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia a relación de premiados nesta convocatoria.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Conceder os premios á innovación educativa, convocados pola Orde do 22 de maio de 2006, aos traballos e profesorado que se relaciona no anexo á presente orde.

Segundo.-Aos autores dos traballos premiados certificaráselles a actividade de innovación con recoñecemento de actividade de formación permanente do profesorado, tal e como se recolle no artigo 10 da Orde do 22 de maio de 2006.

Terceiro.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

* Modalidade A.

-Primeiro premio 3.000 A.

Título do traballo: Nico.

Coordinador: Manuel Torres Cubeiro.

Centro: IES Porto do Son.

-Segundos premios 1.500 A.

Título do traballo: O noso patio en xogo.

Autor: Juan Manuel Campos Míguez.

Centro: CEP Xosé Mª Brea Segade.

Título do traballo: Learning through painting in the Renaissance.

Coordinadora: Rosa Mª Villar Villamil.

Centro: IES Chan do Monte.

-Terceiros premios 1.000 A.

Título do traballo: Os recreos radiofónicos da radio Atín. Unha experiencia internivelar de radio no tempo de lecer.

Autor: Roberto Zapata Rodríguez.

Centro: CEIP Atín Cela.

Título do traballo: Fomento da lectura. A biblioteca dunha escola rural infantil.

Autora: Mª Carmen Cortizas Bouza.

Centro: EEI dos Cruceiros.

Título do traballo: e-twinning: unha viaxe matemática.

Autora: Teresa Susana Vázquez Regueiro.

Centro: IES Poeta Díaz Castro.

Título do traballo: Un curso académico de actividades prácticas de matemáticas.

Autor: José Benito Búa Ares.

Centro: IES Ramón Cabanillas.

Título do traballo: Trivial empresa laboral.

Coordinadora: Ana Isabel Montes Vázquez.

Centro: IES Monte Neme.

Título do traballo: Educación visual e as novas tecnoloxías na educación infantil e primaria.

Coordinador: José Luis Rodríguez González.

Centro: CEIP Fermín Bouza Brey.

Título do traballo: TIFF 2006.

Coordinadora: Olga Osorio Iglesias.

Centro: IES Imaxe e Son.

Título do traballo: Interteatro.

Coordinadora: Mª de los Ángeles Escribano Guiance.

Centro: CEIP Coutada-Beade.

Título do traballo: Encontros con Jules Verne.

Coordinadora: Mª del Carmen Campo Gándara.

Centro: CEIP Humberto Juanes.

Título do traballo: Os detectives de pegadas.

Autora: Sandra María Maceira Castro.

Centro: CRA Raíña Aragonta.

Título do traballo: Cambados, cen anos de historia a través das fotografías.

Coordinadora: Maribel Iglesias Baldonero.

Centro: IES Francisco Asorey.

Título do traballo: A maxia de Merlín e familia a través dun teatro de monicreques.

Coordinadora: Beatriz Toro Montero.

Centro: CPI Uxío Novoneyra.

Título do traballo: Con ollos matemáticos.

Autora: Ana María Fernández Castro.

Centro: CEIP A Rúa.

Título do traballo: Powerclick. Recursos para explicar xeometría.

Autor: Santiago López Arca.

Centro: IES Ramón Otero Pedrayo.

Título do traballo: Elaboración dunha maqueta sobre o golfo Ártabro.

Autor: Henrique Sexto Aguiar.

Centro: IES Someso.

Título do traballo: Asómate ao mundo das algas.

Autora: Mª Esther Domínguez Martín.

Centro: IES Afonso X o Sabio.

Título do traballo: As observacións na aula como base de autoformación.

Coordinadora: Mª Luisa Deus Vázquez.

Centro: EOI A Coruña.

Título do traballo: RAP Lugrís Freire.

Autor: José Manuel López Cabana.

Centro: CEIP Julio Gurriarán.

Título do traballo: A nosa experiencia co portfolio Europeo das Linguas.

Autora: Mª Gema Cillero García.

Centro: CEIP Vista Alegre.

* Modalidade B.

-Primeiro premio. Foi declarado deserto.

-Segundos premios 1.500 A.

Traballo: LOGA.

Autor: Francisco Javier Macías Puente.

Centro: CEIP Manuel Fraga Iribarne.

Un segundo premio queda declarado deserto.

-Terceiros premios 1.000 A.

Traballo: Mulleres na Biblia.

Coordinadora: Milagros Álvaro López.

Centro: IES Monte das Moas.

Traballo: Etiquetaxe no punto de venda.

Autora: Mª Fernanda Padín Ogando.

Centro: IES Monte da Vila.

Traballo: Integración numérica con Descartes.

Autora: Alejandra Pereira Añón.

Centro: IES do Castro.

-Sete terceiros premios quedan declarados desertos.

-Os dous premios especiais para material multimedia de apoio educativo quedan desertos.