DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 07 de decembro de 2006 Páx. 17.949

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de novembro de 2006 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 29 de xuño de 2006 (Diario Oficial de Galicia do 11 de xullo) de bolsas de residencia para a realización de estudos universitarios de 1º ciclo e 1º e 2º ciclo no curso 2006-2007 en centros do sistema universitario de Galicia, destinadas aos galegos e galegas e aos seus descendentes que teñan a súa residencia familiar en territorio español fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola Orde do 29 de xuño de 2006 (DOG do 11 de xullo) convocáronse bolsas de residencia para a realización de estudos universitarios de 1º ciclo e 1º e 2º ciclo no curso 2006-2007 en centros do sistema universitario de Galicia, destinadas aos galegos e galegas e aos seus descendentes que teñan a súa residencia familiar en territorio español fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co establecido no artigo 7º das bases da convocatoria, desde o día 19 ao día 31 de outubro de 2006 (ambos os dous incluídos), estiveron expostas as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese mesmo prazo os interesados formular as reclamacións para emendar erros e falta de documentos ante a Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da

Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

Concederlles bolsa de residencia para a realización de estudos universitarios de 1º ciclo e 1º e 2º ciclo no curso 2006-2007 en centros do sistema universitario de Galicia, destinadas aos galegos e galegas e aos seus descendentes que teñan a súa residencia familiar en territorio español fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, aos solicitantes que se relacionan no anexo I desta orde e pola contía que se especifica en cada caso.

Os beneficiarios deberán presentar, no prazo de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Logo da publicación da resolución de beneficiarios no Diario Oficial de Galicia e despois de presentada a antedita declaración, as axudas faranse efectivas na conta bancaria indicada polos interesados.

Artigo 2º

Denegarlles a axuda aos solicitantes que se relacionan no mesmo anexo I desta orde e polas causas que nel se especifican.

Artigo 3º

O incumprimento de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro total ou parcial, polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, de acordo coa redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro.

Artigo 4º

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso postestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Listaxe de concedidas

Universidade de Santiago de Compostela

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTETITULACIÓNCONTÍA

ADXUDIC.

2006/000002-053518437-JCOUCEIRO PÉREZ, ELOYLIC. COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL1.700

2006/000010-051064890-ZDÍAZ CORREA, ANTONIOLIC. HISTORIA DA ARTE1.600

2006/000015-071892328-DPÉREZ LÓPEZ, PABLOLIC. VETERINARIA1.500

TOTAL4.800

Universidade da Coruña

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTETITULACIÓNCONTÍA

ADXUDIC.

2006/000001-051468722-NBARREIRO SAMPEDRO, JESÚS MANUELENX. TÉC. EN INFORMÁTICA DE XESTIÓN 1.600

2006/000022-047358196-TBOLÓN BERTOA, Mª ISABELDPL. ENFERMARÍA 2.700

2006/000019-018596920-VCID MUÑIZ, MARIBELENX. TÉC. NAVAL, ESPECIALIDADE EN ESTRUTURAS MARIÑAS 1.700

2006/000011-045848649-NPICADO COSTA, CINTIALIC. DEREITO 2.550

2006/000003-048007821-JVALLHONRAT BLANCO, ALEJANDROENX. NAVAL E OCEÁNICO 1.700

2006/000007-071668364-LVILANOVA CAICOYA, GUILLERMOENX. DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS 2.200

2006/000005-071670461-TVILLAVERDE ZAPICO, SUSANAARQUITECTO 1.500

TOTAL13.950

Listaxe de denegadas

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTEMOTIVO DENEGACIÓN

2006/000023-032685282-MCEREIJO ARANGO, JOSÉ LUISNON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2006/000024-044474931-SDOMÍNGUEZ SEOANE, LETICIAPRESENTACIÓN FÓRA DE PRAZO

2006/000020-053623063-NDÍAZ PÉREZ, IRIANON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2006/000013-072393492-AGÓMEZ GARCÍA, NAGORENON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2006/000009-042190292-NGONZÁLEZ DAPENA, ALEJANDRONON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2006/000006-044716380-XGONZÁLEZ LÓPEZ, YURENAPOR FALTA DE DOCUMENTACIÓN

2006/000012-072057969-GJUNQUERA MUÑIZ, ESTHERNON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2006/000026-071519772-FLÓPEZ FERNÁNDEZ, EMMAPRESENTACIÓN FÓRA DE PRAZO

2006/000016-072702390-BMEIJIDE MONTES, MAITENON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2006/000025-045759096-KMELLUSO LAGO, ALEXANDREPRESENTACIÓN FÓRA DE PRAZO

2006/000004-047830218-QMOSQUERA VILELA, TAMARAPOR FALTA DE DOCUMENTACIÓN

2006/000014-076967086-RPÉREZ CAAMAÑO, MARÍANON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2006/000018-072400282-PPONTE ESTRAVIZ, MARTAPOR FALTA DE DOCUMENTACIÓN

2006/000017-011442851-YRAMOS GÓMEZ, FERNANDONON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2006/000008-071667305-HVILANOVA CAICOYA, COVADONGANON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2006/000021-077116695-HVIÑA RÍOS, ISMAELNON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA