DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 07 de decembro de 2006 Páx. 17.949

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2006 pola que se anuncia a adxudicación da IV Edición do Premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve, convocado por Resolución do 31 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 107, do 6 de xuño).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión que tivo lugar o día 25 de outubro de 2006 polo xurado para a concesión do IV Premio de Ensaio Breve do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no DOG nº 107, do 6 de xuño de 2006, e de conformidade co establecido na base décimo segunda da referida orde de convocatoria, esta secretaría

RESOLVE

Primeiro.-Conceder o IV Premio de Ensaio Breve do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, a:

Alva Martínez Teixeiro; NIF: 47358113D.

Segundo.-De acordo co establecido na base décimo primeira da convocatoria, a asignación do premio será de 3.000 euros.

Terceira.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso postes

tativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2006.

María Sol López Martínez

Secretaria xeral de Política Lingüística