DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 04 de decembro de 2006 Páx. 17.759

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de novembro de 2006 pola que se convocan as axudas para sufragar os gastos causados polas inundacións acaecidas no mes de outubro de 2006 en vivendas e enxoval doméstico.

Advertida a omisión do anexo I da devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 231, do 30 de novembro de 2006, procédese á súa publicación.

ANEXO I

Relación de elementos que forman parte do enxoval doméstico de primeira necesidade, para efectos das subvencións reguladas na presente orde.

Elementos de cociña:

Frigorífico

Cociña

Forno

Lavadora

Louza, cubertos, cristalaría e aparellos de cociña

Mesa e cadeiras, en relación proporcional ao número de membros da unidade de convivencia.

Elementos de dormitorio:

Camas

Somieres

Colchóns

Roupa de cama e baño, en relación proporcional ao número de membros da unidade de convivencia.

Armario

Elementos de estar:

Sillóns, cadeiras, mesa de comedor, en relación proporcional ao número de membros da unidade de convivencia.