DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 04 de decembro de 2006 Páx. 17.758

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2006, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pola que se fai pública a inviabilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Paradela de someterse ao establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira, no seu punto 2, da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de deter

minados plans e programas no ambiente, faise pública a declaración de inviabilidade da obriga de someterse ao procedemento establecido no seu artigo 7, do Plan de Ordenación Municipal do Concello de Paradela, aprobado provisionalmente o 28 de decembro de 2005, no Pleno do concello.

A dita resolución pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no seguinte enderezo da internet: http://medioambiente.xunta.es/aea/avaliacion.jsp.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2006.

Emilio Manuel Fernández Suárez

Director xeral de Desenvolvemento Sostible