DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 04 de decembro de 2006 Páx. 17.755

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 8 de outubro de 2006 pola que se fixan os prezos de venda ao público dunha publicación da Escola Galega de Administración Pública.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, este organismo autónomo

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

-Administración & cidadanía. 26,00 euros, publicación impresa para particulares. Subscrición anual, 72,00 euros.-Administración & cidadanía. 36,00 euros, publicación impresa para institucións. Subscrición anual, 108,00 euros-Administración & cidadanía. 16,00 euros, publicación electrónica. Subscrición anual, 48,00 euros.