DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 04 de decembro de 2006 Páx. 17.755

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 27 de novembro de 2006 pola que se dispón o cesamento de vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades a que representen aqueles.

Polo exposto, e vista a proposta do ente público Portos do Estado, e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento de Carlos Gil de las Heras como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría, en representación da Administración Xeral do Estado, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES