DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 29 de novembro de 2006 Páx. 17.534

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 648/2006.

O Tribunal Constitucional, por providencia do 8 de novembro actual, admitiu a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 648-2006 formulada polo Xulgado Contencioso-Administrativo número un de Vigo, en relación co artigo 70.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, por posible vulneración do artigo 14 da Constitución.

Madrid o oito de novembro de dous mil seis. Herminia Palencia Guerra. Secretaria de xustiza do pleno. Asinado e rubricado.

O secretario xeral

Rubricado

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA