DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 28 de novembro de 2006 Páx. 17.471

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 215/2006, do 9 de novembro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e no artigo 14 do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e no que se establece que se ten que proceder á renovación por metades dos conselleiros de cada un dos grupos que integran o Consello, e logo da designación dos seus representantes polas entidades enumeradas no artigo 4.1º da citada lei autonómica, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de novembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1º En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

Consuelo Campos Acedo (Confederación Intersindical Galega).

José Raúl Gómez Farto (Federación de Traballadores do Ensino. FETE-UGT).

Manuel Nicolás Vázquez Varela (Sindicato Independente ANPE).

b) Ensino privado:

Obdulia Manso Cupeiro (Federación de Traballadores do Ensino. FETE-UGT).

2º En representación de pais de alumnos, propostos polas confederacións de asociacións de pais de alumnos en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Olga Patiño Doval (Confederación Galega de APAs de Centros Públicos).

b) Ensino privado:

María José Carreira García (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos).

3º En representación dos alumnos, propostos polas federacións ou confederacións de asociacións de alumnos en proporción á súa representatividade:

Emilio Vázquez Blanco (Federación de Asociacións de Xoves Estudantes Galegos).

Fernando Balsa Rey (Comités Abertos de Estudantes).

Yurena Cano Vidal (Comités Abertos de Estudantes).

4º En representación do persoal de administración e servizos, propostos polas centrais sindicais máis representativas:

Ángeles Villarnovo Cova (Unión Xeral de Traballadores).

5º En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresariais correspondentes máis representativas:

José Antonio Moar Armas (Federación de Centros de Ensino Privado).

6º En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

Xosé Barral Sánchez (Comisións Obreiras).

7º En representación das organizacións empresariais, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia:

José Luis Liñares Louzao.

8º En representación de profesores, propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

José Luis Fernández Díaz (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

Mercedes Espiño Amil (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

9º En representación da Administración educativa, designados pola conselleira de Educación e Ordenación Universitaria:

José Manuel Mouriz Cabalo.

Antonio Vázquez Váquez.

Alfonso Guitián Álvarez.

10º En representación da Administración local, propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Francisco Gil Zamora.

Julio Sayáns Bugallo.

Enrique Fernández González.

María Nieves Vázquez Novo.

Evencio Ferrero Rodríguez.

11º En representación da universidade, proposto polo seu máximo órgano de goberno:

Miguel Anxo Santos Rego.

12º En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos pola conselleira de Educación e Ordenación Universitaria:

María Lourdes Montero Mesa.

13º En representación do Seminario de Estudos Galegos, proposto polo seu órgano de representación:

Antón Costa Rico.

14º En representación do Consello da Xuventude de Galicia, proposto polo seu órgano de representación:

José Manuel Lage Tuñas.

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1º En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

Consuelo Campos Acedo (Confederación Intersindical Galega).

José Raúl Gómez Farto (Federación de Traballadores do Ensino. FETE-UGT).

Manuel Nicolás Vázquez Varela (Sindicato Independente ANPE).

b) Ensino privado:

Obdulia Manso Cupeiro (Federación de Traballadores do Ensino. FETE-UGT).

2º En representación de pais de alumnos, propostos polas confederacións de asociacións de pais de alumnos en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Olga Patiño Doval (Confederación Galega de APAs de Centros Públicos).

b) Ensino privado:

Xelasio Suárez Santiso (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos).

3º En representación dos alumnos, propostos polas federacións ou confederacións de asociacións de alumnos en proporción á súa representatividade:

Azucena Rodríguez Amoroso (Federación de Asociacións de Xoves Estudantes Galegos).

4º En representación do persoal de administración e servizos, propostos polas centrais sindicais máis representativas:

Ángeles Villarnovo Cova (Unión Xeral de Traballadores).

5º En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresarias correspondentes máis representativas:

José Antonio Moar Armas (Federación de Centros de Ensino Privado).

6º En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

Xosé Barral Sánchez (Comisións Obreiras).

7º En representación das organizacións empresariais, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia:

José Luis Liñares Louzao.

8º En representación de profesores, propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

José Luis Fernández Díaz (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

Mercedes Espiño Amil (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

9º En representación da Administración educativa, designados pola conselleira de Educación e Ordenación Universitaria:

José Manuel Mouriz Cabalo.

Antonio Vázquez Váquez.

Alfonso Guitián Álvarez.

10º En representación da Administración local, propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Antonio Montero Fernández.

Julio Sayáns Bugallo.

Carlos López Crespo.

María Josefa Cebreiro Santos.

Evencio Ferrero Rodríguez.

11º En representación da universidade, proposto polo seu máximo órgano de goberno:

Miguel Anxo Santos Rego.

12º En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos pola conselleira de Educación e Ordenación Universitaria:

María Lourdes Montero Mesa.

13º En representación do Seminario de Estudos Galegos, proposto polo seu órgano de representación:

Antón Costa Rico.

14º En representación do Consello da Xuventude de Galicia, proposto polo seu órgano de representación:

María Dolores Rodríguez Amoroso.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de novembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA