DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 21 de novembro de 2006 Páx. 17.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2006 pola que se convoca un curso sobre novas técnicas de defensa persoal policial: o uso do bastón extensible.

Dentro das actividades programadas para o ano 2006, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial de Ourense, anúnciase a celebración dun curso sobre novas técnicas de defensa persoal policial: o uso do bastón extensible, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

-Obxectivos.

Ampliación de coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación diante das distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial.

-Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense.

-Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da provincia de Ourense.

-Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

-Prazas.

20 prazas.

-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 29 de novembro ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Ourense-Departamento de Formación Continua (fax: 988 38 52 15): rúa Progreso nº 30, 32003 Ourense; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Datas.

O curso realizarase os días 1, 2, 15 e 16 de decembro.

O horario será dás 17.00 ás 21.00 horas os días 1 e 15, e das 11.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 19.00 horas os días 2 e 16.

-Contido.

Prácticas básicas de defensa persoal policial.

Técnicas de agrilloamento e bastón policial.

Prácticas de técnicas operativas de defensa persoal policial.

-Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 30 de novembro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Ourense como polo Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia e na páxina web http://cexesga.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 02 41 (Cexesga) ou 988 38 51 42 (Departamento de Formación Continua da Deputación Provincial de Ourense).

-Lugar.

O curso desenvolverase no Pavillón Polideportivo Municipal do Concello de Xinzo de Limia, avenida 2 de maio, s/n.

-Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

-Modificacións.

Tanto o Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia como a Deputación Provincial de Ourense, se é o caso, poderán modificar o desen

volvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 13 de novembro de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA