DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 20 de novembro de 2006 Páx. 16.975

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2006, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se fixan as datas para a realización dos exames ordinarios de 2007 para a obtención de titulacións para o goberno de embarcacións de lecer.

A orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 30 de xullo de 1998 establece a normativa xeral para a realización dos exames para a obtención das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer.

Sendo necesario establecer a data e as condicións de inscrición nas convocatorias ordinarias previstas para o 2007, esta dirección xeral, en uso do establecido na Orde do 30 de xullo de 1998 (DOG nº 158, do 17 de agosto de 1998),

RESOLVE:

Primeiro.-Proceder á convocatoria dos exames teóricos ordinarios de xaneiro, abril e outubro de 2007 nas seguintes datas:

1. Patrón para a navegación básica.

-Día 17 de xaneiro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.

-Día 17 de abril, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira.

-Día 17 de outubro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

2. Patrón de embarcacións de lecer.

-Día 23 de xaneiro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

-Día 24 de abril, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutica Pesqueira de Ribeira.

-Día 23 de outubro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira.

3. Patrón de iate.

-Días 24 e 25 de xaneiro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

Os exames celebraranse na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira.

-Días 25 e 26 de abril, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

-Días 24 e 25 de outubro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

Os exames celebraranse na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.

4. Capitán de iate.

-Días 18 e 19 de abril, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

Os exames celebraranse no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

-Días 9 e 10 de outubro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

Os exames celebraranse no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

5. Patrón de motos náuticas A e B.

-Día 24 de maio, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Segundo.-Proceder á convocatoria dos exames prácticos ordinarios a motor de 2007 nas seguintes datas:

1. Patrón para a navegación básica, patrón de embarcacións de lecer, patrón de iate e capitán de iate.

A partir dos días 22 de febreiro, 24 de maio e 21 de novembro nas horas e lugares fixados polos centros nos seus taboleiros de anuncios os candidatos inscritos.

Os exames celebraranse nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

Terceiro.-Os candidatos deberán solicitar a súa admisión a exame mediante instancia dirixida ao presidente do correspondente tribunal de exame para a obtención das titulacións de referencia para os correspondentes exames teóricos:

Na convocatoria de xaneiro: desde o 14 decembro de 2006 ata o día 8 de xaneiro de 2007.

Na convocatoria de abril: desde o 14 de marzo ata o 6 de abril de 2007.

Na convocatoria de maio: desde o 1 maio ata o 14 de maio de 2007.

E na convocatoria de outubro: desde o 10 de setembro ata o 29 de setembro de 2007.

E para os correspondentes exames prácticos:

Na convocatoria de febreiro: entre os días 2 e 13 de febreiro de 2007.

Na convocatoria de maio: entre os días 3 e 11 de maio de 2007.

E na convocatoria de novembro: entre os días 1 e 13 de novembro de 2007.

Xunto coa solicitude modelo, será preciso presentar a seguinte documentación:

-Fotocopia do documento nacional de identidade.

-Unha fotografía recente de tamaño carné.

-Comprobante, para a administración, do correspondente impreso de autoliquidación de taxas, copia

para Administración, debidamente validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.

a) Para o exame teórico:

-No caso de que os candidatos teñan superado unha parte do programa da titulación a que se presentan, deberán presentar o certificado do derradeiro exame.

-Título, tarxeta ou comprobante de trámite de patrón de embarcacións de lecer, para presentarse a patrón de iate.

-Título, tarxeta ou comprobante de trámite de patrón de iate, para presentarse a capitán de iate.

b) Para o exame práctico:

-Certificado de ter aprobado o exame teórico se este se realizou fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Fotocopia da documentación da embarcación na cal se vai realizar o exame, que acredite o cumprimento das condicións establecidas no artigo 8º da Orde do 30 de xullo de 1998 (DOG nº 158, do 17 de agosto).

Cuarto.-As mencionadas solicitudes deberán presentarse nas secretarías dos centros onde o alumno realice o exame de cada unha das titulacións.

Quinto.-Os presidentes dos tribunais, á vista das solicitudes recibidas, farán público no taboleiro de anuncios de cada centro examinador as listas de admitidos e excluídos, así como a hora de realización (e o día, se é necesario) das probas correspondentes a cada unha das titulacións.

Se o número de matriculados excedese a capacidade do centro, o presidente do tribunal poderá realizar o exame en dúas xornadas e co mesmo tribunal.

Sexto.-Rematadas e corrixidas as probas, expoñeranse no taboleiro de anuncios dos centros realizadores dos exames as listas das cualificacións obtidas.

Os interesados poderán, se é o caso, formular as reclamacións que coiden oportunas perante o presidente do tribunal, no prazo de 15 días contados desde a data en que sexan publicadas as listas.

Sétimo.-Aqueles solicitantes que se encontren en posesión de titulacións que dan lugar á validación de partes dos programas, solicitarana perante o tribunal ao tempo que solicitan a inscrición para o exame, para o que acompañarán a documentación necesaria para acreditar que están en posesión das titulacións que alegan para a validación. O tribunal resolveraas na lista pública de admitidos e excluídos.

Oitavo.-Os solicitantes deberán reunir as condicións físicas previstas na Resolución do 30 de decembro de 1997, da Dirección Xeral da Mariña Mercante.

Esta condición acreditarase mediante a presentación de certificado médico expedido de conformidade coa dita resolución, cando se solicite a tarxeta acreditativa.

Noveno.-Estas convocatorias e cantos actos administrativos deriven delas poderán impugnarse nos casos e nas formas previstos na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2006

Fátima Linares Cuerpo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento

Pesqueiro

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA