DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 17 de novembro de 2006 Páx. 16.875

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 16 de novembro de 2006 pola que se dispón que o secretario xeral se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Transportes.

Producido o cesamento do titular da Dirección Xeral de Transportes cómpre adoptar as medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular do centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servizo e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita dirección xeral.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Dirección

Xeral de Transportes, que figuran no decreto de estrutura orgánica da consellería actualmente vixente e outras que lle fosen delegadas, quédanlle encomendadas temporalmente, e ata que se produza o nomeamento do seu titular, ao secretario xeral.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial,

Obras Públicas e Transportes