DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 17 de novembro de 2006 Páx. 16.875

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 206/2006, do 16 de novembro, polo que se dispón que cese José Carlos Baños Márquez como director xeral de Transportes.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de novembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, José Carlos Baños Márquez como director xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela a dezaseis de novembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras

Públicas e Transportes

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES