DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 16 de novembro de 2006 Páx. 16.827

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de novembro de 2006 pola que se autoriza a posta en funcionamento de estudos oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (artigo 8.2º) establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, serán acordadas pola comunidade autónoma correspondente.

Polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, DOG nº 61 do 28 de marzo, autorízase a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia, conducentes aos títulos de mestrado que nel se indican; e habilítase expresamente a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Para este fin, as universidades deberán xustificar e especificar previamente, ante a consellería, a contratación de profesores mantendo as ratios de calidade e de profesor/alumno así como os requisitos relativos aos espazos que se establecen no Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cumprido este trámite polas universidades galegas, procede autorizar a posta en funcionamento dos estudos oficiais de posgrao establecidos no Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e confirmados polas universidades correspondentes.

Esta orde consta dun artigo e dunha disposición derradeira. O artigo 1 autoriza a posta en funcionamento dos estudos que se relacionan nos anexos I, II e III e que corresponden aos programas oficiais de posgrao únicos das universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo respectivamente e o anexo IV que corresponde aos programas oficiais de posgrao interuniversitarios, e a disposición derradeira regula a entrada en vigor da orde.

Polo anterior, de conformidade co Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Autorízanse as universidades do sistema universitario de Galicia con efectos do curso académico 2006/2007 para a impartición das ensinanzas corres

pondentes aos programas oficiais de posgrao ao abeiro do Decreto 51/2006, do 23 de marzo (DOG nº 61, do 28 de marzo), polo que se autoriza a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia e que se relacionan nos anexos I, II, III e IV desta disposición.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

PROGRAMA OFICIAL DE POSGRAOTÍTULO

MESTRADO EN URBANISMO: PLANS E PROXECTOS. DO TERRITORIO Á CIDADEMESTRADO EN URBANISMO: PLANS E PROXECTOS. DO TERRITORIO Á CIDADE

POSGRAO EN ECONOMÍA E EMPRESAMESTRADO EN BANCA E FINANZAS

POSGRAO EN INFORMÁTICAMESTRADO EN INFORMÁTICA

POSGRAO EN DEREITOMESTRADO EN DEREITO: ESPECIALIDADE EN ESTUDOS DA UNIÓN EUROPEA

QUÍMICA AMBIENTAL E FUNDAMENTALMESTRADO EN QUÍMICA AMBIENTAL E FUNDAMENTAL

ENXEÑARÍA DA AUGAMESTRADO EN ENXEÑARÍA DA AUGA

POSGRAO EN SAÚDE, DISCAPACIDADE DEPENDENCIA E SOCIEDADEMESTRADO EN XESTIÓN E INVESTIGACIÓN DA DISCAPACIDADE E A DEPENDENCIA

ANEXO II

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA OFICIAL DE POSGRAOTÍTULO

CIENCIA E TECNOLOXÍA QUÍMICAMESTRADO EN QUÍMICA AVANZADA

ENXEÑARÍA QUÍMICA E AMBIENTALMESTRADO EN ENXEÑARÍA AMBIENTAL

ENXEÑARÍA BIOTECNOLÓXICAMESTRADO EN ENXEÑARÍA BIOTECNOLÓXICA

SERVIZOS CULTURAISMESTRADO EN SERVIZOS CULTURAIS

ANEXO III

UNIVERSIDADE DE VIGO

PROGRAMA OFICIAL DE POSGRAOTÍTULO

CIENCIA E TECNOLOXÍA AGROALIMENTARIAMESTRADO EN CIENCIA E TECNOLOXÍA AGROALIMENTARIA

MESTRADO EN ESTUDOS DE XÉNEROMESTRADO EN ESTUDOS DE XÉNERO

ANEXO IV

PROGRAMAS INTERUNIVERSITARIOS

PROGRAMA OFICIAL DE POSGRAOTÍTULOSUNIVERSIDADE

COORDINADORA

UNIVERSIDADES

PARTICIPANTES

MÉTODOS MATEMÁTICOS E SIMULACIÓN NUMÉRICA EN ENXEÑARÍA E CIENCIAS APLICADASMESTRADO EN ENXEÑARÍA MATEMÁTICAUSCUDC

UVI

USC

DIRECCIÓN E PLANIFICACIÓN DO TURISMOMESTRADO EN DIRECCIÓN E PLANIFICACIÓN DO TURISMOUSC

UDC

UVI

USC

UDC

UVI

PROGRAMA OFICIAL DE POSGRAOTÍTULOSUNIVERSIDADE

COORDINADORA

UNIVERSIDADES

PARTICIPANTES

XERONTOLOXÍAMESTRADO EN XERONTOLOXÍAUSC

UDC

USC

UDC

NEUROCIENCIAMESTRADO EN NEUROCIENCIAUSCUSC

UDC

UVI

FÍSICA APLICADAMESTRADO EN FÍSICA APLICADAUVIUVI

UDC

HISTORIA CONTEMPORÁNEAMESTRADO EN HISTORIA CONTEMPORÁNEAUAMUSC

UAM