DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 16 de novembro de 2006 Páx. 16.824

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2006, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fan públicas as listas provisorias das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I, II e III, correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2006 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 6 -procedemento- das condicións xerais do acordo da Comisión Paritaria de Acción Social respecto dos criterios de repartición deste fondo para o exercicio 2006 entre o persoal ao servizo da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma, ao cal se lle deu publicidade por medio da Resolución do 20 de xuño de 2006, da Dirección Xeral de Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 123, do 28 de xuño; esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisorias das solicitudes admitidas e excluídas, correspondentes aos programas I, II e III: axuda para fillos e para estudos dos fillos, axuda para estudos de funcionarios e axuda para minusvalideces e outras. As devanditas listas están expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, das audiencias provinciais, dos xulgados decanos, das delegacións provincias desta consellería e nas páxinas web: www.xudicial.xunta.es e www.xunta.es/conselle/xi/dxxpersoal.htm.

Segundo.-Os/as solicitantes destes programas poderán formular alegacións no prazo de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no devandito punto 6 do acordo sobre criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio de 2006. A presentación da documentación cómpre facela nos rexistros xerais dos órganos administrativos establecidos no artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, e dirixilos ao director xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (praza de Europa, 5 A-4º, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2006.

Julio Ignacio Iglesias Redondo

Director xeral de Xustiza