DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 15 de novembro de 2006 Páx. 16.757

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2006 pola que se acorda o cumprimento da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo 4630/1999 interposto polo Club Subacuático Bahía de Vigo contra a Orde do 13 de agosto de 1999 pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo.

No recurso contencioso-administrativo nº 4630/1999, interposto polo Club Subacuático Bahía de Vigo contra a Orde do 13 de agosto de 1999 pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo, foi ditada sentenza polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 30 de setembro de 2003, sendo a súa parte dispositiva do seguinte teor literal:

«Decidimos: que rexeitando a alegación de inadmisibilidade, estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo Club Subacuático Bahía de Vigo contra a orde da Consellería de Pesca do 13-8-1999, publicada no DOG do 20-8-1999, pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, e en consecuencia anulamos a mencionada orde; sen custas».

De conformidade co establecido nos artigos 118 da Constitución e 17.2º da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ao ser a devandita sentenza firme, disponse o seu cumprimento nos seus propios termos e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2006.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA