DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 14 de novembro de 2006 Páx. 16.670

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de setembro de 2006 pola que se modifica a do 26 de febreiro de 1993, pola que se regula a expedición de ordes de pagamento para xustificar.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG número 196, do 10 de outubro de 2006, que foi obxecto de corrección no DOG número 212, do 3 de novembro de 2006, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 16.195 (DOG nº 212), nas aplicacións orzamentarias da Consellería de Sanidade, onde figura 13.02.311A.640 e 13.02.313A.640 debe figurar 13.311A.640 e 13.313A.640 respectivamente.