DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 08 de novembro de 2006 Páx. 16.427

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2006 pola que se incrementa o crédito destinado ás subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, convocadas por Resolución do 18 de maio de 2006.

Por resolución do director xeral de Agader, do 18 de maio de 2006, aprobáronse as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e se convocaron as correspondentes para o período 2006-2007 (DOG nº 99, do 25 de maio).

O financiamento das subvencións convocadas para o período 2006-2007 impútase á conta orzamentaria 02.01 02.04.01 656800, para a que está prevista unha dotación máxima de 1.000.000 A, distribuídos por anualidades da forma que segue: 750.000 A da anualidade 2006 e 250.000 A da anualidade 2007.

O punto 8 das bases da convocatoria prevé que, por razóns de dispoñibilidade orzamentaria, se acorde incrementar o crédito inicial destinado para unha convocatoria determinada.

Tendo en conta o elevado número das solicitudes de axuda presentadas e a calidade dunha gran parte dos proxectos, a Subdirección de Coordinación e Planificación para o Desenvolvemento Rural propuxo ampliar a dotación prevista inicialmente na convocatoria para o período 2006-2007 e, desta forma, dar cobertura financeira a un maior número de proxectos.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Incrementar o crédito destinado ás subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Gali

cia, convocadas para o período 2006-2007 pola Resolución do 18 de maio de 2006, en 150.000 A na anualidade 2007.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2006.

Edelmiro López Iglesias

Director xeral de Agader