DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 08 de novembro de 2006 Páx. 16.422

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2006 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 10 de abril de 2006 pola que se convocan subvencións para a mellora de establecementos de turismo rural.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 10 de abril de 2006 pola que se convocan subvencións para a mellora de establecementos de turismo rural e que superan os 3.000 euros.

Finalidade da axuda: as axudas teñen como finalidade a subvención dos gastos das accións encamiñadas á mellora das instalacións, servizos e oferta complementaria dos establecementos de turismo rural.

Norma reguladora: Orde do 10 de abril de 2006 pola que se convocan subvencións para a mellora de establecementos de turismo rural (Diario Oficial de Galicia nº 75, do 19 de abril).

Crédito orzamentario: 200.000 euros na aplicación orzamentaria 10.06.651A.770.0, distribuídos en 2 anualidades, a saber, no ano 2006, 100.000 euros e no ano 2007, 100.000 euros.

Beneficiarios da subvención cunha contía superior a 3.000 euros, e importe da axuda concedida a cada uno deles expresada en euros, por orde alfabética.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2006.

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

ANEXO

Beneficiaria: Aldea Os Muíños, S.C.

Subvención: 2006: 2.220,96; 2007: 2.220,97.

Total: 4.441,93.

Beneficiaria: Díaz Vázquez, Pilar.

Subvención: 2006: 696,46; 2007: 696,46.

Total: 1.392,92.

Beneficiario: Mato Arias, Mario.

Subvención: 2006: 8.212,49; 2007: 8.212,50.

Total: 16.424,99.

Beneficiario: Sande Agra, Amando.

Subvención: 2006: 1.529,44; 2007: 1.529,43.

Total: 3.058,87.

Beneficiaria: Turismo y Arquitectura Rural, S.L.

Subvención: 2006: 41.583,65; 2007: 41.583,64.

Total: 83.167,29.

Total subvención:

2006: 54.243,00; 2007: 54.243,00.

Total: 108.486,00.