DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 07 de novembro de 2006 Páx. 16.356

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 25 de outubro de 2006 pola que se determina o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2006 ao abeiro do Plan de Vivenda 2005-2008 regulado polo Real decreto 801/2005 e polo Decreto 18/2006.

O Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, constitúe o marco normativo polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, para o período 2005-2008.

O seu artigo 6 establece que as axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Vivenda e Solo

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos do disposto no artigo sexto do Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, e para darlles cobertura aos expedientes que acaden no presente exercicio a fase de concesión, determínanse as aplicacións do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, onde figuran os créditos con cargo aos que serán atendidas as axudas previstas no citado decreto:

1. Para adquisición de vivenda protexida e usada, promoción para uso propio e rehabilitación de edificios e vivendas, a aplicación é a 17.02.331A.783.0 por un importe máximo de 1.100.000 euros.

2. Os expedientes de promoción de vivendas protexidas de nova construción para alugar e de aloxamentos protexidos, así como para urbanización protexida de solo por empresas privadas, financiaranse con cargo á aplicación 17.02.331A.770.0 por un importe máximo de 700.000 euros.

3. Para urbanización protexida de solo por organismos autónomos a aplicación é a 17.02.331A.710.0 por un importe máximo de 400.000 euros.

4. Para promoción de vivendas protexidas de nova construción destinadas a aluguer e para promoción de aloxamentos protexidos a aplicación é a 17.02.331A.740.1 por un importe máximo de 210.000 euros.

5. Para urbanización protexida de solo por sociedades públicas locais a aplicación é a 17.02.331A.760.3 por un importe máximo de 100.000 euros.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2006.

Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA