DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 02 de novembro de 2006 Páx. 16.134

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de outubro de 2006 pola que se modifica a do 19 de novembro de 2003 pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Pola Orde do 19 de novembro de 2003 (DOG do 24 de novembro) fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

O artigo 7.2º da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, establece que son membros natos do Consello Social, o reitor da universidade, o secretario xeral e o xerente da universidade.

Segundo o artigo 10.2º da Lei 1/2003, do 9 de maio, as vacantes deberán cubrirse pola autoridade, entidade ou institución correspondente no prazo máximo de 3 meses. De non comunicárselle o acordo de designación dentro do devandito prazo ao conselleiro competente en materia universitaria, o posto permanecerá vacante ata a finalización do correspondente mandato. En todo caso, o membro substituído entenderase nomeado polo período que reste do anterior mandato.

O 6 de outubro de 2006, o presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela achega certificación do nomeamento de Pedro García Moreno como xerente da Universidade de Santiago de Compostela.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a Pedro García Moreno, xerente da Universidade de Santiago de Compostela, como membro nato do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria