DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 02 de novembro de 2006 Páx. 16.132

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 17 de outubro de 2006 de aprobación definitiva da modificación puntual número 12 das normas subsidiarias de planeamento de Valdoviño (A Coruña).

O Concello de Valdoviño remite a modificación puntual referida solicitando a súa aprobación definitiva de conformidade co artigo 85.5º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

1. O Concello de Valdoviño dispón na actualidade dunhas normas subsidiarias de planemento aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña o 28-10-1993 e o seu texto refundido o 7-4-1994.

2. A modificación é formulada polo Concello de Valdoviño e ten por obxecto a eliminación da igrexa

nova de Vilaboa do catálogo das normas, por carecer de valores patrimoniais que protexer e polo seu deficiente estado actual.

3. A modificación, conxuntamente coa número 13, foi sometida a informe previo á súa aprobación inicial (artigo 85.1º da Lei 9/2002), que foi emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo o 15-2-2005, coa indicación respecto da modificación número 12 da necesidade de obter informe da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

4. O Concello pleno aprobou inicialmente a modificación, conxuntamente coa número 13, o 29-4-2005. Foi sometida a información pública polo prazo dun mes (Diario de Ferrol do 16-4-2005, La Voz de Galicia do 14-5-2005 e DOG do 13-6-2005), sen que se presentasen alegacións, segundo o certificado incluído para o efecto no expediente.

5. No expediente figuran informes da secretaría do concello sobre a modificación.

6. No expediente figuran informe do director xeral de Patrimonio Cultural do 7-2-2006, favorable, a pesar do interese que puidese ter o proxecto orixinal.

7. O Concello Pleno aprobou provisoriamente a modificación o 31-3-2006.

8. O concello solicitou a aprobación definitiva da modificación puntual mediante escrito número 827 do 24-4-2006 que tivo entrada no rexistro desta consellería o 5-5-2006, e no do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña o 16-5-2006. Examinada a tramitación e a integridade documental, o devandito servizo requiriu documentación.

9. O concello remite nova documentación mediante escrito número 1327 do 5-7-2006, que tivo entrada no rexistro do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña o 12-7-2006.

10. Os proxectos remitidos veñen subscritos polo arquitecto municipal Manuel Otero Souto. Os aprobados provisoriamente teñen data de marzo de 2005 e a dilixencia de ter sido aprobados provisioriamente o 31-3-2006.

II. Consideracións e fundamentación.

II.1. Con data do 16-10-2006, a Dirección Xeral de Urbanismo elevou un informe-proposta de resolución, no cal se expresa o seguinte:

A modificación número 12 proposta ten por obxecto a descatalogación dun elemento, a igrexa nova de Vilaboa, incluído no catálogo das normas subsidiarias municipais vixentes, por carecer de valores patrimoniais que protexer e polo seu deficiente estado actual. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, órgano da Xunta de Galicia competente en materia de protección do patrimonio histórico, emitiu informe favorable sobre a modificación o 7-2-2006.

Da análise dos aspectos sinalados no artigo 85.7º da Lei 9/2002, resulta a conformidade da proposta coa lexislación urbanística e a non incidencia sobre materias da competencia autonómica, polo que, dado que a modificación non ten outro alcance que o des

crito, enténdese que desde o punto de vista das competencias urbanísticas desta consellería non cabe formular obxección á proposta.

II.2. De conformidade co artigo 89 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e co artigo 1 do Decreto 519/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal correspondelle á conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

III. Resolución:

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual nº 12 das normas subsidiarias de planeamento do concello de Valdoviño para a descatalogación da igrexa nova de Vilaboa, de acordo co punto 5.a) do artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíqueselle esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes