DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 31 de outubro de 2006 Páx. 16.035

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 23 de outubro de 2006 pola que se nomea vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño de 2002 faculta o titular da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración polo que, ao abeiro do disposto no devandito artigo 40 da Lei 27/1992, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Nomear, como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, e en representación da Xunta de Galicia, a María Sol Arnoso Barro.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2006.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos