DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 31 de outubro de 2006 Páx. 16.035

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 24 de outubro de 2006 pola que se dispón que cese José Fidel González Sagrado como subdirector territorial do Instituto de Medicina Legal de Galicia en Ourense.

En virtude do establecido no artigo 526.2º da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no artigo 62 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, no artigo 14 do Decreto 119/2005, do 6 de marzo, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia, e da competencia establecida no Decreto 578/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por proposta da Dirección Xeral de Xustiza,

DISPOÑO:

Que cese José Fidel González Sagrado como subdirector territorial do Instituto de Medicina Legal de Galicia en Ourense, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza