DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 30 de outubro de 2006 Páx. 15.976

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2006 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de outubro de 2006 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

As necesidades organizativas e funcionais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a adecuación da súa relación de postos de traballo á orde da devandita consellería do 2 de maio de 2006, pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos, e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo Gardacostas de Galicia fan necesaria a modificación da súa actual relación de postos de traballo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 5 de outubro de 2006, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Modificar a relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, nos termos que se sinalan no anexo ao presente acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do cinco de outubro de dous mil seis, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza