DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 30 de outubro de 2006 Páx. 15.975

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE conxunta do 20 de outubro de 2006, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da Consellería de Innovación e Industria, da Consellería do Medio Rural, da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e da Consellería de Vivenda e Solo en materia de rexistros.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán, dispón no seu artigo 4 a posibilidade de establecemento de rexistros auxiliares cando o volume ou natureza das actividades o aconsellen.

A creación dos rexistros auxiliares farase por orde conxunta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as consellerías correspondentes.

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Innovación e Industria, a Consellería do Medio Rural, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e, a Consellería de Vivenda e Solo teñen dependencias no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol que realizan tarefas de rexistro. O progresivo incremento da actividade das correspondentes oficinas de rexistro aconsella a creación nelas de rexistros auxiliares conectados á rede privada de voz e datos da Xunta de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 4.2º do Decreto 164/2005.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e

Xustiza, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Innovación e Industria, a Consellería do Medio Rural, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Consellería de Vivenda e Solo

DISPOÑEN:

Artigo 1º

Créanse os seguintes rexistros auxiliares do rexistro xeral da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol:

* Rexistro da Oficina de Información Xuvenil e Sección de Cualificación e Valoración de Minusvalidez, da Delegación Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

* Rexistro da Oficina de Inspección Educativa en Ferrol da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

* Rexistro da Oficina de Turismo e o Instituto Galego de Consumo en Ferrol da Delegación Provincial da Consellería Innovación e Industria no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

* Rexistro da Oficina Agraria Comarcal da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

* Rexistro da Delegación Comarcal de Pesca en Ferrol da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

* Rexistro da Oficina de Vivenda e Solo en Ferrol da Delegación Provincial da Consellería de Vivenda no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

Artigo 2º

Os rexistros auxiliares creados pola presente orde rexeranse polas disposicións contidas no Decreto 164/2005, do 16 de xuño, e estarán conectados á rede privada de voz e datos da Xunta de Galicia (SXPA).

Disposicións derradeiras

Primeira.-O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Segunda.-Os rexistros auxiliares creados comezarán a súa actividade a partir do día seguinte ao da entrada en vigor da presente orde.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2006.

Anxo Manuel Quintana GonzálezJosé Luis Méndez Romeu

Vicepresidente da IgualdadeConselleiro de Presidencia,

e do BenestarAdministracións Públicas

e Xustiza

Laura Elena Sánchez PiñónFernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleira de EducaciónConselleiro de Innovación

e Ordenación Universitariae Industria

Alfredo Suárez CanalMaría Carmen Gallego Calvar

Conselleiro do Medio RuralConselleira de Pesca

e Asuntos Marítimos

María Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo