DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 30 de outubro de 2006 Páx. 15.975

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE conxunta do 20 de outubro de 2006, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería do Medio Rural, pola que se crea un rexistro auxiliar do rexistro xeral da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán, dispón no seu artigo 4 a posibilidade de establecemento de rexistros auxiliares cando o volume ou natureza das actividades o aconsellen.

A creación dos rexistros auxiliares farase por orde conxunta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as consellerías correspondentes.

A Consellería do Medio Rural ten dependencias no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra que realizan tarefas de rexistro. O progresivo incremento da actividade da correspondente oficinas de rexistro aconsella a creación nela dun rexistro auxiliar para os servizos de explotacións agrarias, montes e industrias forestais, control de calidade agroalimentaria e industrias, e Fogga, conectado á rede privada de voz e datos da Xunta de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 4.2º do Decreto 164/2005.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e a Consellería do Medio Rural

DISPOÑEN:

Artigo 1º

Créase o rexistro auxiliar do rexistro xeral da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra seguinte:

Rexistro dos Servizos de Explotacións Agrarias, Montes e Industrias Forestais, Control da Calidade Agroalimentaria e Industrias, Agraria, da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural e Delegación Provincial do Fondo Galego de Garantía no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.

Artigo 2º

O rexistro auxiliar creado pola presente orde rexerase polas disposicións contidas no Decreto 164/2005, do 16 de xuño, e estará conectado á rede privada de voz e datos da Xunta de Galicia (SXPA).

Disposicións derradeiras

Primeira.-O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Segunda.-O rexistro auxiliar comezará a súa actividade a partir do día seguinte ao da entrada en vigor da presente orde.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2006.

José Luis Méndez RomeuAlfredo Suárez Canal

Conselleiro de Presidencia,Conselleiro do Medio Rural

Administracións Públicas

e Xustiza