DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 25 de outubro de 2006 Páx. 15.800

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2006 pola que se amplía o prazo de resolución e notificación da concesión das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, convocadas para o período 2006-2007 por Resolución do 18 de maio de 2006.

Por resolución do director xeral da Agader, do 18 de maio de 2006, aprobáronse as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e se convocaron as correspondentes para o período 2006-2007 (DOG nº 99, do 25 de maio).

A base 9.1, referida á resolución do procedemento de selección de proxectos, fixa un prazo de tres meses, contados desde o día seguinte a aquel en que finalice o prazo para a presentación das solicitudes, para ditar resolución expresa e notificarlla aos interesados.

Ante o elevado número de solicitudes presentadas ao abeiro da citada convocatoria, a Subdirección de Coordinación e Planificación para o Desenvolvemento Rural propuxo a ampliación do prazo de resolución, co fin de instruír e resolver axeitadamente o procedemento.

O artigo 42.6º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, prevé que excepcionalmente se poida acordar unha ampliación do prazo máximo de resolución e notificación, que non poderá ser superior ao establecido para a tramitación do procedemento.

Tendo en conta o anterior,

RESOLVO:

1. Ampliar por un período adicional igual á metade do previsto inicialmente o prazo de resolución e notificación do procedemento de concesión das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, convocadas para o período 2006-2007 por Resolución do 18 de maio de 2006.

2. Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2006.

Edelmiro López Iglesias

Director xeral de Agader

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA