DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 25 de outubro de 2006 Páx. 15.799

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 19 de outubro de 2006 que modifica a do 27 de decembro de 2005 pola que se articulan axudas no marco do programa de mellora gandeira de Galicia, no que respecta ao prazo para a xustificación dos investimentos.

O punto 1 do artigo 12º da Orde do 27 de decembro de 2005 pola que se articulan axudas no marco do Programa de Mellora Gandeira de Galicia, relativo ás xustificacións, (DOG 29-12-2005) establece que as xustificacións técnicas e económicas da realización do programa deberán presentarse antes do 15 de novembro.

Tendo en conta que nas liñas de axuda seguintes:

-Artigo 14º.-Programas de xestión zootécnica.

-Artigo 15º.-Programas de planificación zoosanitaria.

-Artigo 18º.-Axudas de apoio aos libros xenéticos da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia.

-Artigo 19º.-Axudas destinadas á realización de probas para determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro as actividades subvencionables rematan o 31 de decembro. Para que as entidades solicitantes poidan xustificar os gastos en nóminas do persoal contratado dos meses de novembro e decembro é preciso modificar a data máxima de presentación destas xustificacións.

Para que sexa posible a tramitación das axudas e que a xustificación dos gastos subvencionables poida dar lugar ao recoñecemento de obrigas antes do 30 de decembro, conforme a normativa orzamentaria, é preciso que o órgano xestor dispoña desta documentación antes do 15 de decembro.

Polo que,

DISPOÑO:

Modificar o punto 1 do artigo 12º da Orde do 27 de decembro de 2005 pola que se articulan axudas

no marco do Programa de Mellora Gandeira de Galicia, engadíndolle o seguinte parágrafo final:

Para as axudas recollidas nos artigos 14º, 15º, 18º e 19º desta orde as xustificacións de gastos en nóminas de persoal contratado polas entidades solicitantes para desenvolver as actuacións subvencionables poderán presentarse ata o 15 de decembro, mediante a súa entrega a Direción Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural