DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 24 de outubro de 2006 Páx. 15.751

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2006 pola que se fai pública a concesión de dúas bolsas de formación na área da estatística pública neste instituto, convocadas por Resolución do 11 de maio de 2006.

Para darlle cumprimento ao establecido na base décima da Resolución do 11 de maio de 2006 pola que se convocan dúas bolsas de formación na área da estatística pública no Instituto Galego de Estatística (DOG nº 98, do 24 de maio) e de conformidade co artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta dirección

RESOLVE:

Facer pública a concesión de dúas bolsas de formación na área da estatística pública neste instituto, ás persoas que se relacionan a continuación:

-Mª José Ginzo Villamayor, con NIF 76940137-P.

-Mª Cristina Padín Fariña, con NIF 44825949-F.

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2006.

José Colino Sueiras

Director do Instituto Galego de Estatística

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA