DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 23 de outubro de 2006 Páx. 15.695

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2006 pola que se modifican 3 ficheiros de carácter persoal da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

Por medio da Resolución do 8 de maio de 2006 (DOG nº 96, do 22 de maio) creáronse os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal denominados Complementos retributivos, Avaliación profesorado e Avaliadores externos.

Na súa virtude, o Consello de Dirección da ACSUG

RESOLVE:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto a modificación dos ficheiros automatizados de datos de carácter persoal denominados Complementos retributivos, Avaliación profesorado e Avaliadores externos, e albergados nos servidores da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, incluíndo o seguinte punto de cesións de datos en cada un dos ficheiros:

1. Avaliadores externos.

Cesións e transferencias internacionais de datos previstas: os datos contidos neste ficheiro poderán ser cedidos en todo ou en parte a entidades finan

ceiras, administracións públicas, intervención pública e órganos xudiciais, así como aquelas de obrigado cumprimento que veñan reguladas nunha norma con rango de lei. Non se prevén transferencias internacionais.

2. Avaliación do profesorado.

Cesións e transferencias internacionais de datos previstas: os datos contidos neste ficheiro poderán ser cedidos en todo ou en parte a entidades financeiras, administracións públicas, intervención pública e órganos xudiciais, así como aquelas de obrigado cumprimento que veñan reguladas nunha norma con rango de lei. Non se prevén transferencias internacionais.

3. Complementos retributivos.

Cesións e transferencias internacionais de datos previstas: os datos contidos neste ficheiro poderán ser cedidos en todo ou en parte a entidades financeiras, administracións públicas, intervención pública e órganos xudiciais, así como aquelas de obrigado cumprimento que veñan reguladas nunha norma con rango de lei. Non se prevén transferencias internacionais.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2006.

Manuel Cecilio Díaz y Díaz

Presidente do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia