DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 23 de outubro de 2006 Páx. 15.695

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 13 de outubro de 2006 pola que se modifica a do 27 de abril de 2006 pola que se regula a concesión de axudas para o desenvolvemento, nas zonas dependentes da pesca, de pequenas empresas de servizos, turísticas e artesanais de actividades produtivas vinculadas ao mar.

A Orde do 27 de abril de 2006, desta consellería, pola que se regula a concesión de axudas para o desenvolvemento, nas zonas dependentes da pesca, de pequenas empresas de servizos, turísticas e artesanais de actividades produtivas vinculadas ao mar, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 92, do 15 de maio, establece no parágrafo primeiro do seu artigo 11º a data límite para a realización da actividade axudada.

Non obstante, co fin de que os beneficiarios destas axudas poidan contar cun prazo suficiente para pode

ren realizar a actividade subvencionada, en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o primeiro parágrafo do artigo 11º, que queda redactado como segue:

«O prazo en que debe ser realizada a actividade axudada será fixado na resolución de concesión da axuda, sen que en ningún caso poida exceder o 30 de novembro de 2006».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2006.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO

DE GALICIA