DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 23 de outubro de 2006 Páx. 15.694

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de outubro de 2006 pola que se modifica parcialmente a do 15 de maio de 2001, pola que se establecen accións encamiñadas a facilitar a simultaneidade dos estudos do grao medio das ensinanzas de músicas reguladas polo Decreto 253/1993, do 29 de xullo, cos de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e nivel III do ensino básico para as persoas adultas.

A disposición adicional primeira da Orde do 15 de maio de 2001, DOG do 26 de xuño, establece a prioridade para a admisión dos alumnos que cursen simultaneamente ensinanzas regradas de música e ensinanzas de réxime xeral nos centros que aparecen relacionados no seu anexo e nos concellos que nel se sinalan.

Considerando que o centro máis próximo ao conservatorio profesional de música de Ferrol, tras o seu traslado de edificio e cambio de enderezo no curso 2004/2005, é o instituto de educación secundaria Ricardo Carballo Calero; e tendo en conta os informes favorables da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e da Inspección Educativa.

E en virtude das competencias que figuran no artigo 1 do Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como polas atribuídas no punto 1 da disposición adicional segunda do Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso aos ditos graos, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Modificar parcialmente o anexo da Orde do 15 de maio de 2001 pola que se establecen accións encamiñadas a facilitar a simultaneidade dos estudos de grao medio das ensinanzas de música reguladas polo Decreto 253/1993, do 29 de xullo, cos de educación secundaria obrigatoria, bacharelato

e nivel III do ensino básico para as persoas adultas, segundo figura no anexo á presente orde.

Segundo.-Esta orde entrará en vigor o vindeiro curso 2007/2008.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Concellos que contan con conservatorios ou centros autorizados para impartir con carácter definitivo o grao medio das ensinanzas de música.

PROVINCIACONCELLOCENTRO

A CORUÑAARZÚAIES. DE ARZÚA

CORUÑA, AIES. SALVADOR DE MADARIAGA

FERROLIES. RICARDO CARBALLO CALERO

NOIAIES. CAMPO DE SAN ALBERTO

PONTES DE GARCÍA RGUEZ., ASIES. MONCHO VALCÁRCEL

LUGOLUGOIES. SANXILLAO

MONFORTE DE LEMOSIES. RÍO CABE

SARRIAIES. GREGORIO FERNÁNDEZ

VILALBAIES. SANTIAGO BASANTA SILVA

VIVEIROIES. VILAR PONTE

OURENSEOURENSEIES. PORTOVELLO

PONTEVEDRALALÍNIES. RAMÓN Mª ALLER ULLOA

PONTEVEDRAIES. VALLE INCLÁN

VILAGARCÍA DE AROUSAIES. ARMANDO COTARELO VALLEDOR

VIGOIES. DO CASTRO