DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 20 de outubro de 2006 Páx. 15.585

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de maio de 2006, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición da disolución de pleno dereito das entidades que se indican, polo transcurso do prazo para a adaptación de estatutos sociais á Lei de cooperativas de Galicia.

Advertido erro na devandita resolución publicada no DOG nº 131, do 7 de xullo de 2006, procede facer a seguinte corrección:

«Na páxina 11.014 debe incluírse no anexo como sociedade cooperativa disolta de pleno dereito con

data do 2-1-2003 polo transcurso do prazo fixado legalmente sen que se adaptasen os seus estatutos sociais á Lei de cooperativas de Galicia e se solicitase a súa inscrición no Rexistro Provincial de Cooperativas de Lugo (D.T.3ª da Lei 5/1998, do 18 de decembro e D.T.3ª do RRCG) a seguinte:

Denominación: Sociedad Cooperativa Vigelucar.

Domicilio: Ribeiras de Lea.

Localidade: Castro de Rei.

Provincia: Lugo.

N. reg.: 013-LU.

Clase: traballo asociado».

Así mesmo, na páxina 11.020 figura sen denominación unha sociedade cooperativa das incluídas nas disoltas de pleno dereito con data do 2-1-2004, polo que se transcriben de novo os seus datos:

Denominación: Sociedade Cooperativa PROGRAPORC.

Domicilio: r/ Vázquez Queipo s/n.

Localidade: Sarria.

Provincia: Lugo.

N. reg.: 152-LU.

Clase: agraria.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA