DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 20 de outubro de 2006 Páx. 15.584

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 11 de outubro de 2006 pola que se modifica a do 7 de marzo de 2006 pola que se convocan subvencións a concellos do litoral para o acondicionamento e mellora das zonas de costa onde se practique asiduamente o baño para o ano 2006.

A Orde do 7 de marzo de 2006 pola que se convocan subvencións a concellos do litoral para o acondicionamento e mellora das zonas de costa onde se practique asiduamente o baño para o ano 2006 (DOG nº 51, do 14 de marzo) establece no seu artigo 8º.2 a data límite para a presentación da xustificación do investimento executado por parte dos beneficiarios das subvencións concedidas.

Non obstante, visto que o prazo concedido para a devandita xustificación é insuficiente para a realización súa, é necesario modificar o artigo anterior no sentido de ampliar o prazo citado.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O artigo 8º, no seu punto 2, queda redactado como segue:

1. Os beneficiarios das subvencións concedidas en virtude desta orde terán como data límite para a xustificación do investimento executado que se deberá realizar de conformidade co orzamento presentado, a data do 30 de novembro de 2006.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2006.

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria