A Orde do 3 de abril de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a empresas privadas para a reforma e mellora da infraestrutura hoteleira e se procede á súa convocatoria para o ano 2006 (DOG nº 92, do 15 de maio) establece no seu artigo 9.1º a data límite para a presentación de xustificación do investimento executado por parte dos beneficiarios das subvencións concedidas.
Non obstante, visto que o prazo concedido para a devandita xustificación é insuficiente para a súa realización, cómpre modificar o artigo anterior no sentido de ampliar o prazo citado.
Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1º
O artigo 9º, no seu punto 1º, queda redactado como segue:
«1. Os beneficiarios de subvencións concedidas en virtude desta orde terán como data límite, para
a presentación de xustificación do investimento executado, o 30 de novembro de 2006».
Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2006.
Fernando X. Blanco Álvarez
Conselleiro de Innovación e Industria