DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 20 de outubro de 2006 Páx. 15.583

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 11 de outubro de 2006 pola que se modifica a do 10 de abril de 2006 pola que se convocan subvencións a empresas privadas para a creación de infraestrutura hoteleira na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 10 de abril de 2006 pola que se convocan subvencións a empresas privadas para a creación de infraestrutura hoteleira na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 75, do 19 de abril) establece no seu artigo 9.1º a data límite para a

presentación de xustificación do investimento executado por parte dos beneficiarios das subvencións concedidas.

Non obstante, visto que o prazo concedido para a devandita xustificación é insuficiente para a súa realización, cómpre modificar o artigo anterior no sentido de ampliar o prazo citado.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O artigo 9º, no seu punto 1, queda redactado como segue:

«1. Os beneficiarios de subvencións concedidas en virtude desta orde terán como data límite, para a presentación de xustificación do investimento executado, o 30 de novembro de 2006».

Disposición derradeira

Única.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2006.

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria